"MAPA 1943". INVERNADEIRO.

Dirección general del Instituto Geográfico y Catastral. 1ª Edición 1943

 

O mapa presenta a particularidade de que no habían feito o Encoro das Portas polo tanto pode verse ata Veigas de Camba que quedou debaixo do encoro. Tamén o sistema de ríos que dan lugar o encoro entre eles o principal que é o Camba que observar ven de Campobecerros e únese en Entre Ríos cos ríos Ribeira Pequena e Ribeira Grande que forman hoxe o Invernadeiro. Por suposto están tamén a cantidade de regatos incrible.

Neste mapa vese o valor do Invernadeiro como reserva do mellor que temos en Galicia, xunto có Courel e os Ancares.

Actualmente o Encoro das Portas, a súa cola chega un pouco máis arriba de onde desemboca o río Cernadiño dentro do río da Ribeira Grande e polo outro lado no río da Ribeira Pequena, chega a onde remata a palabra Pequena (seguir o río arriba...).

Polo outro lado o encoro chega prácticamente a Campobecerros.

Ver o mapa actual e comparar:

Mapa da Diputación de Ourense  1995. As flechas están postas polo autor da web e señalan a ruta que seguimos para chegar o Invernadoiro dende Campobecerros e logo as dúas rutas que fixemos: a Ruta das Troitas (flechas verdes) e a Ruta da Auga (flechas azuis).

 

salir.jpg (922 bytes)