CARACTERÍSTICAS DO PARQUE NATURAL DE OURENSE.

O Invernadeiro está situado no Concello de Vilariño de Conso, encadrado no macizo Central da provincia de Ourense.

Esta é a situación do Invernadeiro en Galicia, en Ourense e preto de Verín; inda que o Invernadoiro pertence a Vilariño de Conso.

As flechas verdes foi a excursión que fixemos pola mañán "A ruta das troitas" e que describo noutro apartado e as flechas azuis a excursión que fixemos pola tarde, "A ruta da auga" a  e que tamén describo noutro lugar.

Casas da Ribeira Grande. Os comedores, servicios e dormitorios. A dereita a Aula da Natureza. Fotografía S.L.F.

En xeral o Parque Natural O Invernadeiro é unha auténtica marabilla de principio a fin e poucas moi poucas cousas podo criticar. Por outra banda quedan por facer varias rutas como a Ruta da Ortiga, a Ruta dos Cercados, a Ruta de Aceveda, a Ruta do Depósito e tamén unha ruta que hai dende Campobecerros que permite unha vista xeral de todo o Invernadeiro.

Casas da Ribeira Pequena. O Invernadeiro.Fotografía S.L.F.

O positivo é  a flora e a fauna que atopamos, a limpeza, é dificil atopar unha cabicha, inda que algún desalmado deixou unha botella pequena de auga en algún lugar das rutas que fixemos. Hai moito cabestro solto e non precisamente da fauna do Parque. O Parque soio pode ser visitado por 30 persoas máximo o día,  o cal é moi positivo, así como o feito de soio poder entrar por un lugar e o resto ter que patealo. O Parque vese coidado e vixiado ó cal tamén é positivo. As instalacións francamente boas e sin alardes. A enerxía está montada en base a placas solares, situadas por riba da Aula da Natureza,  e non se ve un cable no Parque o cal é de agradecer. As rutas están explicadas fantásticamente en paneis que non estorban a vista e rotuladas na súa totalidade de forma discreta. Ata aquí un 10.

Corzos. Fotografía sacada polo autor da web. Non é dificil ver fauna no Invernadeiro.Fotografía S.L.F.

O negativo para algúns é que hai moito pino, a mín tamén me parece que hai moito,  e boto de menos un pouco máis de bosque autóctono, pero hai carballeiras dabondo onde os robles e os cerquiños están a par; por certo un pino Pinus Silvestris distinto, non hai que esquecer que o Invernadeiro foi de Papelera Española S.A. ata 1984 e que tuvo un incendio moi grande. O bosque de ribeira é auténtico e moi ríco en especies.

Nesta fotografía do río Ribeira Grande vese o que estou a dicir, o bosque de Ribeira é incrible, aquí vense un acivro e  dous bidueiros, enfrente un amieiro.

Capudre (Serbal en castelán)  moi abondoso na zona. No outono ponse desta maneira marabillosa. Por certo polo camiño atopamos moitos excrementos que tiñan estas boliñas do froito do capudre. Hai moitos animais que se alimentan deles, sobre todo paxaros.

 Tamén se pode criticar o feito de que os animais como corzos, gamos, rebecos, cervos,  etc. estén en cercados, pero eu penso que eso non ten moita solución e asegura a sobrevivencia do Parque, ademais estes cercados son realmente amplios. No contorno do bosque pódese cazar, cousa que me resulta un pouco rara e estraña, claro que o diñeiro anda polo medio e xa se sabe...É unha opinión.

 

Visión de conxunto da Ribeira Pequena dende o mirador que está baixando as casas. Fotografía S.L.F. Por esa estrada de terra, en moi boas condicións, baixe dende as casas da Ribeira Pequena ata a Ribeira Grande.

--------------------------------

Neste dibuxo tendes as tres zonas nas que se divide o Inverdeiro, dúas delas, por riba do trazado azúl, e entre o anaranxado e o azul non se pode pasar. O dibuxo está sacado do folleto que entregan os Gardas do Invernadeiro actualmente.

Datos Técnicos:

O Invernadeiro ten 5.722 Ha (Ou 5.722 campos de fútbol) traducindo un pouco máis e transformando o Invernadeiro nun cuadrado tería  7,56 km. de lado.

Está dividido en tres zonas. A zona alta que é unha reserva integral, a zona de Media Montaña que é unha zona de proteción especial,  e por último a zona de uso público que é onde están as rutas que o público pode visitar, repito pedindo permiso a medio ambiente no teléfono 988386376, con varios días de antelación. O acceso polo tanto é restrinxido (máximo 30 persoas,  entrada entre as 9 e as 11:30; saída as 17;30, estas horas dependen por suposto da época do ano).

-------------------------

Sensacional fotografía do Invernadeiro, o fondo o encoro das Portas. Descoñezo o autor da fotografía.

Datos  Históricos: O Invernadeiro arranca históricamente na época romana onde se someteron como outros montes da Provincia, como as Médulas, a explotación aurífera. No medievo a zona era apreciada polos nobles simplemente para cazar.

O non ter propiedade os monxes non houbo problemas na desamortización de Mandizábal polo tanto chegou integra, sin dividirse,  o século XX  onde pasou a mans de Tabacalera S.,A. e despois dun incendio en 1984 comprouno a Xunta de Galicia.

 

----------------------------------------------------

 

Pequena relación do que se pode ver no Invernadeiro. Esta tabla ten a curiosidade engadida de que si tocades en cada fotografía tendes a ficha completa da miña páxina web. Logo podedes regresar pulsando flecha a esquerda.

Datos  de Fauna e Vexetación: O Invernadeiro é un auténtico xardín botánico, no que podemos ver nada menos que 90 aves, 40 mamíferos, 15 réptiles, 10 anfibios e 5 peixes. Vamos...a fauna completa de Galicia. Un auténtico Parque Natural único. A razón de tanta riqueza é que o Invernadoiro é unha zona de transición e polo tanto presenta vexetais máis claramente mediterraneos.

Chama a atención os bidueirais, nos que aparece o capudre e o acivro, marabilloso. Tamén hai carballeiras nas que se mezcla o carballo e o cerquillo.

Tamén aveledas e amieiros.

Abunda tamén o Laurel e os pradairos.

No monte destacan as uces e as xesteiras.

Unha vexetación de alucine...O Capudre.

-----------------------------------------------------------------------------------------

 

IMPORTANTE

 

  Neste link, dedicado a Veigas de Camba, do autor Miguel López, tendes a historia do Invernadeiro nun video de dous minutos, interesante.

Básicamente estas son as datas históricas da finca "O Invernadeiro":

Edade Media a finca pertence o conde de Monterrei. Era adicado a caza. Logo pasa a mans de varios donos. Non lle afecta precisamente por esto a Desamortización de Mendizabal.

No século XX en 1950 compra a zona una empresa madereira Papelera S.A., que construe as primeiras casas que actualmente son os centros de información e planta piñeiros silvestres.

En 1981 ardeu o Invernadeiro e en 1984 a Xunta de Galicia comprou a finca o Invernadeiro que o fixo refuxio de caza  e vedado poara a pesca.

En 1997 declarouno Parque Natural polos grandes valores que ten dende o punto de vista natural.

  Rutas a facer outro día: pulsa este link.

 

salir.jpg (922 bytes)