|
|
|
|
|
Río Xallas. Así era a Fervenza do Xallas fai 40 anos. Única en Europa, sensacional. O río Xallas desemboca en Ézaro na costa da Morte. Sin lugar a dúbidas do mellor de Galicia. |
Ata que Ferroatlántica fixo un encoro xusto por riba da fervenza a 1.5 km. aproximadamente, deixando como se ve na fotografía o río xallas sin auga e a fervenza seca. A foto é do ano 1998. Esta empresa incumple a lei fluvial galega totalmente. |
|
|
|
|
|
|
Ata que se produce o milagro: A Xunta do P.P. actua, e Ferroatlántica fai o milagre ( seguramente a cambio de pedir máis uso da auga e montar sabe Deus o qué...) Teremos Fervenza de 12 a 14 tódolos domingos. |
Fraga inaugura a Fervenza en Agosto do 2.000. Calquera día distes volverá a inaugurar o nacemento do río Xallas. Realmente esperpéntico. Por certo hoxe sin Fraga, seguimos igual, pero agora vese pola noite. Máis do mismo. De risa... |
Nesta fotografía dende satelite (Google earth) vese o encoro causante do desastre, tamén os kms. de río de canle seco e sin auga e por último a desfeita dos tubos e as centrais na zona de Ezaro. Realmente a empresa fixo o que lle deu a gana na zona. Non hai dereito.
Aproveito a ocasión para darlle as gracias a empresa Ferroatlántica e pedirlle no nome dos galegos que cumpla a lei non soio os domingos de 12 a 2 sinon todo o ano. A zona penso que é do mellor que temos en Galicia.
O internauta que escolla: rir ou chorar?
![]()

Inauguración histórica.
Sinto (é unha coña) que Fraga non estuvera para inaugurar a fervenza de noite, podería ser incrible. Os galegos non merecemos esto, nin o de Fraga nin a parafernalia de agora...
¿Que pido? que se cumpla a lei e que teñamos fervenza todo o ano...pero sin inauguracións...
![]()