Fervenza do Xallas. 

Nestas fotografías aéreas vese o río Xallas como discurre por unha garganta incríble, formando unha das paisaxes máis fermosas de Galicia.

A empresa hidroeléctrica Ferroatlantica tenlle prohibido dende fai tempo o río Xallas o seu discurrir cara o mar. Ten a montaña da esquerda da fotografía cuberta de tubos, fai o que lle da a gana.

¡¡ Lamentable!!

O parecer ten o beneplácito da Xunta de Galicia, e temos que estarlle agradecidos os galegos pola desfeita.

 

 

Esta é a misma fotografía, escaneada dun libro onde a mancha negra era xustamente a parte central.

Pero a fotografía pode valer. A desfeita está a vista. O río prácticamente non traia auga , pese a que como se pode ver os depositos de carga de presión da central están desbordados, non daban feito.

Na parte esquerda da fotografía inda hai mais tubos.

Relmente é dificil ser menos cuidadosos con entorno, repito do mellor de Galicia.

Nesta fotografía vese a "desfeita" perfectamente. ( Por certo está sacada do libro Atlas de Galicia de Editorial Hércules. Sensacional)

Nesta outra vese o encoro causante da desfeita. Entre o muro do encoro e a fervenza hai aproximadamente 1,5 kilómetros onde non existe o río, ve-la fotografía de abaixo, onde se ve un trozo de 500 m. aproximadamente, totalmente seco ( o primeiro tramo).

O río Xallas na desembocadura. Seco totalmente. A Consellería de Medio Ambiente non existe en Galicia, non se poden permitir estos atentados.

 

Hai outra fotografía sensacional, de Xurxo Lobato, onde se ve o Pindo, coa desembocadura do Xallas, a desfeita dos tubos baixando pola montaña e o fondo o encoro: realmente nesa fotografía vese que estas empresas pensan pouco ou nada en Galicia, e moito no seu bolsillo. Eu penso que as cousas pódense facer moito millor , e que progreso e natureza non poden e non deben ser incompatibles, salvo que as cousas se fagan cós pés, como neste caso.

salir.jpg (922 bytes) Saír.