FERVENZA DO XALLAS (S. Lorenzo F.)
Pulsando nas fotografías, e tendo moita paciencia, poden verse a toda pantalla. |
Realmente a miña muller e máis eu voltamos tristes, no ano 1964 víramos a fervenza e non se parecía en nada. A zona por outra banda está desgraciada, unas tuberías impresentables e poco cuidado. Pareceunos unha tomadura de pelo e por suposto un desprecio auténtico. Por suposto a xente que non sabía dela gustoulle en xeral, é lóxico.
|
COMENTARIO SOBRE ESTA FERVENZA.
Ramón Muñiz de las Cuevas
![]() |
A FERVENZA DE ÉZARO no río Xallas cerra o sensacional
libro sobre Guía das Fervenzas da Coruña,
da editorial do Cumio e do autor Ramón Muñiz de las
Cuevas, a quen felicito dende esta www polo seu traballo.
Suscribo plenamente os seus comentarios sobre esta Fervenza, comentarios que reproduzco a continuación: |
| Pechamos esta baixada en cascada
rememorando a fenecida fervenza de Ézaro, o parecer o único cadoiro de
Europa con caída ó mar, agora soamente visible cando as pertinaces
chuvias obrigan a aliviar a carga acuosa dos encoros: entón a fervenza
xorde con toda a súa forza, como reclamando o que é seu, ata que volve
amainar o tempo e torna a recluírse na cadea de cemento que a retén e
a encauza a traves duns espantosos tubos que, profanando a montaña,
rematan na central eléctrica erguida ó seu pé.
Non obstante, dende o verán do 2000 e pola insistente presión da Asociación Neria e de intelectuais de Soneira, a empresa condescendeo a abrir as comportas da presa un par de horas os domingos, para que os cidadáns poidan deleitarse coa baixada dun escaso caudal. Tal favor motivou que o Presidente da Xunta, Manuel Fraga Iribarne, aproveitase a ocasión para, nun alarde de orixinalidade, inaugurar esta fervenza, único elemento da natureza que se coñece que fose obxecto de tal honra. Haberá quen se conforme con esto. Nós expoñémola aquí, como homenaxe póstuma a esta maravilla da natureza que no seu día completaba o encanto desta vila mariñeira xunto o impoñente Pindo e unímonos ás voces que continúyan reclamando : "LIBERTADE PARA A FERVENZA DO ÉZARO!"
|