Equus caballus.  

Cabalo galego de monte.  (Cabalo de Pura Raza Galega).

Cabalos galegos en San Mamede. Foto do autor da www.

A Xunta recentemente chámalle, oficialmente,  "Cabalo de Pura Raza Galega", por suposto ó que cumple determinadas normas.

A verdade é que na miña relación de seres vivos que habitan a beira dos ríos galegos, esquecinme do Cabalo Galego de Monte, unha magoa que hoxe lle poño remedio.

En Ourense non é onde máis abundan, pero si que se ven pola zona do Carballiño e Maside preto do río Viñao e dende logo pola zona de Avión, xa pegando coa zona de Pontevedra, onde hai unha festa de rapa das bestas. Tamén pola zona do Xurés, a Serra de San Mamede e outras. 

Na fotografía, da que son autor, vense dous cabalos na Serra de San Mamede. O fondo o pobo de Rebordechao. Un lugar sensacional, da provincia de Ourense.

Ver algunhas características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír                             

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CABALO GALEGO.

 

Nome científico Nome galego      Historia Nome castelán
     
Identificación do cabalo Dimensións. Distribución en Galicia
     
Habitats  Reproducción Alimentación
     
Protección          Curiosidades. Vese nos meses de...
     
As rapas da bestas Festas das rapas Asociación Pura raza C.G.
     
Links importantes. Fotografías

O cabalo galego nas letras.

     
Outra ficha. 24/03/2013

Sálvora: reserva do c.galego

Modificado o 07/02/2021

 

salir.jpg (922 bytes) Saír                          

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fotografías do cabalo galego

Cabalos galegos en San Mamede. Ourense. Fotografía do autor da ficha. Secundino Lorenzo.

Cabalo de pura raza galega. Fotografía de Ainé.

Foto sacada da www de Celtiberia.net.

 

Cabalo de pura raza galega. Fotografía sacada da web Cabalo galego

 

Cabalo de pura raza galega. Fotografía sacada da web Cabalo galego

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico:

Equus caballus. (Linnaeus 1758)

Clasificación:

 

Reino : animalia

Filo: Chordata

Clase: Mammalia

Orden: Perissodactyla.

Familia: equidae

Xénero: Equus

Especie: E. caballus.

 

Nome: Cabalo de Pura Raza Galega.
Outras denominacións incorrectas: cabalo do país, pony galego, faca galega, faca galizana.
Área de orixen: Galiza.
Aptitudes: equitación de ocio e deportiva.
Feiras onde o podemos ver: probas do Campionato Galego de Concursos Morfolóxicos do Cabalo de Pura Raza Galega. Silleda (Feira Internacional Semana Verde de Galicia). Equina, Salón do Cabalo de Galicia. Feira do Apóstolo e Feira da Ascensión en Santiago de Compostela. Feira da Pascua en Padrón. Feira de San Lucas en Mondoñedo. Feira de San Martiño en Teo. Diferentes curros e rapas das bestas en toda Galiza.
Asociación: Asociación Pura Raza Cabalo Galego.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego:

Fotografía sacada da páxina web sobre o Cabalo galego de pura raza. Páxina oficial.

Cabalo galego de monte.

Cabalo de Pura Raza Galega.

Tamén os nomes de : cabalo do país, faca galega, faca galizana. (Que son incorrectos)

Chámanse Garañóns os cabalos que son os sementais ou xefes da manada..

Fotografía sacada da páxina web sobre o Cabalo galego de pura raza. Páxina oficial.

 

Nome: Cabalo de Pura Raza Galega.
Outras denominacións incorrectas: cabalo do país, pony galego, faca galega, faca galizana.
Área de orixen: Galiza.
Aptitudes: equitación de ocio e deportiva.
Feiras onde o podemos ver: probas do Campionato Galego de Concursos Morfolóxicos do Cabalo de Pura Raza Galega. Silleda (Feira Internacional Semana Verde de Galicia). Equina, Salón do Cabalo de Galicia. Feira do Apóstolo e Feira da Ascensión en Santiago de Compostela. Feira da Pascua en Padrón. Feira de San Lucas en Mondoñedo. Feira de San Martiño en Teo. Diferentes curros e rapas das bestas en toda Galiza.
Asociación: Asociación Pura Raza Cabalo Galego.

Un pouco de historia:

Cabalos galegos en San Mamede. Foto do autor da www.

O cabalo de pura raza galega, posiblemente sexa unha das razas máis antigas da Península Ibérica. É ademais, a única raza equina autóctona de Galicia.

Durante milleiros de anos foi utilizado como sustento alimenticio do home, posteriormente foi usado durante séculos como cabalo de guerra, e durante os tempos de paz, axudou nas labores agrícolas, pasando a formar parte do acervo natural, cultural, social, medioambiental e histórico da nosa terra.


Posiblemente descenda dos cabalos salvaxes prehistóricos traídos polos celtas, chegando ós nosos días máis ou menos mestiza.

"Os testemuños máis antigos que se conservan da presenza de poboacións de équidos en Galicia atópanse en representacións rupestes na área de Sabucedo, a diadema de Ribadeo, onde aparecen cabalos montados xunto a crías e guerreiros, e os petróglifos de Viladesuso, con representacións de carros tirados por cabalos e Campolameiro, na Sierra do Grove, datados do período da Idade de Bronce do 2500 a. C. ao 2000 a. C.

Hai unha teoría sobre a orixe do cabalo galego de pura raza que  sostén que foron os pobos celtas chegados ao norte da península Ibérica cara ao século VII a. C. e século VIN a. C. quen introduciron un espécime domesticado de pónei, de cabeza pequena e orellas curtas, grupa forte, e pelo basto de cor escura. A eles refírense autores clásicos ou da época medieval da Reconquista, onde a cría cabalar asociouse fortemente á actividade colonizadora dos mosteiros establecidos durante o século X e século XI.."


 

A diverxencia co tronco inicial tamén se debeu ás diferentes condicións ambientais e presión humana á que se puideron ver sometidos ó longo dos séculos. Polo que podemos decir, que se ben hoxe en día hai distintas poboacións equinas procedentes dese tronco común, o Celta (derivados da adaptación ás circunstancias que lles tocou vivir), tamén é correcto afirmar que todos eles conservan peculiaridades que as asimilan, e que nos permite dicir que se engloban dentro da raza coñecida como Cabalo de Pura Raza Galega.

Os cabalos do tipo da Serra da Grova son animais que se conservan nun maior estado de pureza, sen cruzamentos con outras razas foráneas.

O cabalo de pura raza galega, tamén coñecido como cabalo do país, está na actualidade en perigo de extinción. Como medida para protexelos, a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural estableceu o Libro Xenealóxico do Cabalo Galego de Monte (1998), para levar un control mediante o rexistro destes animais
.
 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán:

Caballo

Tamén estos nomes: caballo galaico, caballo gallego de monte, faca gallega, pony gallego. (son incorrectos).

 

Nome: Cabalo de Pura Raza Galega.
Outras denominacións incorrectas: cabalo do país, pony galego, faca galega, faca galizana.
Área de orixen: Galiza.
Aptitudes: equitación de ocio e deportiva.
Feiras onde o podemos ver: probas do Campionato Galego de Concursos Morfolóxicos do Cabalo de Pura Raza Galega. Silleda (Feira Internacional Semana Verde de Galicia). Equina, Salón do Cabalo de Galicia. Feira do Apóstolo e Feira da Ascensión en Santiago de Compostela. Feira da Pascua en Padrón. Feira de San Lucas en Mondoñedo. Feira de San Martiño en Teo. Diferentes curros e rapas das bestas en toda Galiza.
Asociación: Asociación Pura Raza Cabalo Galego.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Cabalo de pura raza galega.

Para una información detallada acudir a este link:

Pura raza cabalo galego.

As fotografías que uso e moita información atópase no link anterior, que é o link oficial do Cabalo de Pura Raza Galega.

Para ver as características deste cabalo pulsar: Cabalo de Pura Raza Galega , onde se ve con detalle a ficha anterior e as súas características.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións:

O Cabalo galego é un Equus caballus do cal este é unha raza característica nosa.

Nesta www decir únicamente que o cabalo galego é un animal cunha alzada de  1,20 m. a 1,40 m  e un peso moi variable entre  165kg. a 300kg.

 As femias son de formas máis lixeiras e esbeltas. As cores van dende castaño ata negro.

Teñen unha vida media sobre 35-40 anos. En cautividade sobre 30 anos.

A madurez alcánzase os 3 anos, que deixan de ser potros ou potrancas (en castelán). Os cinco son considerados adultos.

Son animales excepcionalmente recios, vigorosos, resistentes á fatiga e de gran fortaleza física, frugais na súa alimentación, adaptados ó monte baixo e ó sotobosque de Galicia.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribución en Galicia.

No mapa atópanse as zonas onde abundan os cabalos galegos de monte.

Observar que en Ourense é onde menos hai.

Na actualidade, calcúlase que existe unha poboación dunhas 30.000 eguas de monte (de raza autóctona) en Galicia, das que unhas 5.000 conservan prácticamente intactas as características propias da súa orixe.

Copio literalmente dun informe da Consellería:

"O cabalo galego de monte é un verdadeiro fósil viviente dentro da nosa fauna, xa que as súas raíces históricas nos sitúan na idade de Bronce.
Tradicionalmente a faca galega foi utilizada polos agricultores como montura, sendo unha das poucas razas españolas capaz de sustituír ás mulas no traballo de arriería. Pola súa rudeza e rusticidade empregouse tamén para arrastra-las vagonetas nas minas. As súas maiores posibilidades actuais están nos picadeiros, xa que a súa fácil doma fan a esta raza idónea para a iniciación dos nenos na equitación."

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

"O hábitat natural do cabalo galego de monte o constitúen fundamentalmente os espacios montañosos de Galicia, cun sistema de explotación totalmente extensivo durante todo o ano. Alí sobreviven en condicións nutricionais e climatolóxicas onde non subsistirían razas especializadas. De feito, nos cada vez máis abundantes rebaños cruzados, rexístranse cada vez máis pérdidas de animais novos. Estas características de rusticidade do cabalo galego de monte permítenlle o aproveitamento de pastos e mato en zonas donde ningunha outra raza podería competir. Ademáis, ó actuar como verdadeiros desbrozadores naturais do monte, inflúen positivamente na prevención de incendios, o que engade un factor clave de interese para unha protección especial en Galicia."

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reproducción:

Na primaveira entran en loita os cabalos machos polo dominio da manada. O título de macho dominante vai traer como premio o poder copular coas femias da súa manada.

Unha vez que se produce a copulación a femia ten 11 meses de xestación que normalmente remata na primaveira seguinte.

A xestación dura 11 meses e a femia da a luz a unha soia cría (o nacemento de dous ou tres e moi raro).

Os potros nacen na primaveira, normalmente de noite e tamén en grupo. Esto fanno desta maneira para reducir o riesgo de ser descubertos polos seus inimigos, como por exemplo o lobo.

Os potros o pouco tempo de nacer xa poden moverse a carón da nai.

Alcanza a madurez sexual ós tres anos.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

O cabalo galego pode comer de todo no monte galego dende pastos de todo tipo ata mato.

É importante destacar que o cabalo galego é capaz de sobrevivir en lugares onde as condicións climáticas son moi duras.

Ademáis, ó actuar como verdadeiros desbrozadores naturais do monte, inflúen positivamente na prevención de incendios.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses de:

 

Vese nos meses de

Mellor no verán en calquera destas zonas señaladas no mapa.

Por suposto nas rapas das bestas vense cabalos a esgalla. Ver ese apartado.

Cabalos galegos en San Mamede. Foto do autor da www.

Pola miña banda teño visto e fotografíado cabalos por suposto na serra de San Mamede onde fixen a fotografía anterior; pola zona de Irixo e na Baixa Limia, pola zona de Entrimo, Bande e Lobios.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

As rapas das bestas

Nas fotografías anteriores vense "A rapa das Bestas", os famosos "Curros de Galicia" que son festas populares onde se xuntan os cabalos salvaxes para marcalos. A rapa é o corte das crinas dos cabalos, pero para cortas estas crines primeiro hai que facer as baixadas, que sin dúbida é o momento máis excitante da rapa, logo a entrada no recinto e a rapa ou loita , onde os apeitadores e aloitadores teñen a última palabra. Unha auténtica pasada onde é básico un bon almorzo para coller forza e quitar medos para esta gran festa. 

Un espectáculo incrible e único...

Ver estas festas nos seguintes links:

As "Festas das rapas das bestas" son abondosas en Galicia.

Outros links da "Rapa das Bestas".

En Ourense son famosas:

A festa do cabalo en Cartelle, a finais de maio.

As rapa das bestas en :  Laceiras en Carballeda de Avia é a máis estable. Teñense feito en Parada de Labiote en Irixo e tamén en Avión.

A festa do cabalo de Maside tamén é famosísima, probablemente sexa a máis antigua de Galicia. Todas elas celebranse no verán.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

As festas das rapas en Galicia

Fotografía de Xoan Carlos Cid.

Festa das rapas das bestas en Galicia:

Unha das máis famosas, fora da provincia de Ourense,  é a de Sabucedo, que se celebra a principios do verán.

  Ver fotografías.

  Web da rapa de Sabucedo.

Fotos panorámicas da Rapa de Sabucedo.

Hai moitos lugares en Galicia onde se celebran as famosas "Rapas", tamén algún libros con moito detalle (como por exemplo "Curros y Rapas" de la Voz de Galicia;  e links sobre o tema.

Ver todas as rapas de Galicia:

 

LOCALIZACIÓN DAS PRINCIPAIS RAPAS
A Coruña
A Capelada (Cedeira) 29 xuño
As Cañizadas (Pobra do Caramiñal) 12 o 19 xulio
Lugo
Candaoso (Viveiro) 1er domingo de xulio
Campo do Oso (Mondoñedo) Ultimo domingo de xuño
0 Valadouro (Santo Tomé) 1er domingo de agosto
Pontevedra
Mougás (Oia) 8 xuño
Morgadáns (Gondomar) 15 xuño
San Cibrao (Gondomar) 22 xuño
Sabucedo (A Estrada) 6 xulio
Monte Castelo (Cotobade) 3 agosto
Paradarta (A Cañiza) 31 agosto
0 Galiñiro (Gondomar) Agosto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  Ver as datas destas rapas.

Fotografía do Cabalo Galego sacada polo autor da www no Pazo de Feiras e Exposición de Lugo. Festa de San Froilán. 08/10/2006.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Asociación pura raza cabalo galego:

 

Os interesados que sepan que existe unha asociación en Galicia que reivindica o cabalo galego. Trátase de:

ASOCIACION PURA RAZA CABALO GALEGO, que sin ánimo de lucro loita pola recuperación do Cabalo de Pura Raza galego.

A dirección e os datos figuran na fotografía de arriba.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Curiosidades do cabalo galego:

 

 

Curiosidades.

Fotografía de Antonio Vázquez.

Entre as curiosidades do cabalo galego está a súa organización ante ataques como por exemplo dos lobos.

Os cabalos andan en manadas de varias femias e varios machos dependendo da época do ano. Ante o ataque dos lobos forman o que se chama o corro onde os cabalos  sitúanse en circulo coas cabezas hacia o centro e pondo no medio as crias, desta forma poden defenderse dos lobos dando couces e de todo...

Esta actitude é común a tódolos cabalos galegos e do norte de España.

Tamén é curioso que na primaveira entran en loita os cabalos machos polo dominio da manada. O título de macho dominante vai traer como premio o poder copular coas femias da súa manada.

Moitas veces rematan malferidos.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

Para rematar,  espero que o progreso non poña moitas trabas a vida dos cabalos galegos de monte, como pasa cós salmóns, as troitas, o urogallo, o oso, e un longo etc.

Dende esta páxina reivindico unha natureza galega como debe ser, non a desfeita que é hoxe, en abril do 2001, onde soio se miran os cartos e onde empresas hidroeléctricas e empresas eólicas fan o que lles peta cós nosos ríos e os nosos montes.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Links básicos sobre o cabalo galego:

Pura raza cabalo galego.

"Festas das rapas das bestas" son abondosas en Galicia.

 "Rapa das Bestas".

Web da rapa de Sabucedo.

 Ver as datas destas rapas.

 

Ir a características

 

 

 

 

OUTRA PEQUENA FICHA.

Ficha sacada da Voz deGalicia do 24/03/2013 cando trae un artigo sobre os potro enxebre, de pura raza galega, de Amancio Álvarez Ortega.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Sálvora se convierte en reserva de la amenazada raza caballar gallega.

Pola súa importancia copio integramente o traballo  de A. Gerpe que aparece na Voz o 31/10/2014

Mal lle vai o cabalo galego e algo hai que facer.

Este parece un proxecto serio e axeitado.

 

 

Ir a características