CABALO de PURA RAZA GALEGA

Imaxen copia da Voz de Galicia do día 22-04-2001. Pablo Gonzalez.

O día 22-04-2002 publica a Voz de Galicia un artígo de Pablo Gonzalez onde trata sobre o reciente nominado Cabalo de Pura Raza Galega.

Tamén unha entrevista con Xacobo Pérez Paz, Fundador da asociación pura raza, onde ven a decir "que é un paso moi importante, que é recoñecer algo histórico, e o máis importante, que dito recoñecemento leva consigo a conservación da especie". Enhoraboa.

Ver algúns detalles:

(Copiado da páxina oficial sobre o cabalo galego http://www.cabalogalego.com/morfoloxia.htm)

 

O prototipo ó que deben responde-los ejemplares do cabalo de pura raza galega para a súa incripción no libro xenealóxico é o que a continuación se detalla:

O especto xeral

O cabalo de pura raza galega agrupa animais de perfil recto ou subcóncavo, elipométricos e de proporcións sublonxilíneas. Cunha alzada á cruz entre 120 e 140 cm. Presentan capa castaña ou negra.

Presentan un temperamento dócil, tranquilo, Valente e inteligente que o fai apropiado para a equitación, tanto ocio como deportiva.

Características rexionais.

CABEZA
Cabez proporcionada, con fronte longa e plana, xeralmente presenta abundante topete. Orellas pequenas e pilosas. Órbitas oculares saíntes e ben marcadas. Ollos grandes, vivos e expresivos. Os beizos gordos, podendo presentar en ocasións un guecho de pelos no superior (bigote) así como tamén pelos longos na rexi´çon da barbada e da canle exterior.

TRONCO
O pescozo é proporcionado, con boa conformación e abundandtes crinas. Presenta cruz destacada. A liña dorso-lumbar tende á rectitude.A cruz dos cadrís é sinxela e algo inclinada. O nacemento do rabo é medio, sendo longo. O ventre ou abdome é redondeado. Peito con tendencia á profundidade.

EXTREMIDADES
Costas lixeiramente inclinadas. Con extremidades finas, curtas e fortes. Articulacións poderosas e duras. Canelas curtas. Casco escuro, tendendo a negro, de conformación redonda, pequeño e duro, ben proporcionado. Presentan escasas produccións córneas e dérmicas (castaña, esporón e sedas no esporón).

CAPA
Negra ou castaña. Admitirase no Rexistro Fundacional e no Rexistro auxiliar unha pequena estrela nos machos e nas femias unha pequeña ou un principio de calzado ou calzado moi baixo unha soa extremidade. No Rexistro definitivo non se admitirán despigmentacións conxénitas.

FANERAS
Cabos (crina e rabo): Crina e rabo moi poblados, cunha melena soalta de pelos fortes e gordos. Extremos (rexión naso-labial, parte distal de extremidades): as extremidades presentan en ocasións sedas, pero con pouca cantidade pilosa, así como escasas produccións córneas.

A rexión naso-labial pode presentar pelos (bigote ou barbela).

DEFECTOS OBXECTABLES.
De acordo cona descripción do prototipo racial, considéranse como defectos obxectables as seguintes:

- Defectos de verticalidade das extremidades non moi destacables.
- Presencia de despigmentacións conxénitas como unha pequena estrela en femias e machos e comenzo de calzado ou calzado baixo nunca única extremidade en femias.

DEFECTOS DESCUALIFICABLES
De acordo coa descripción do prototipo racial, considéranse como defectos descualificables os seguintes:

- Calquera capa distinta á castaña ou negra.
- Para a inscrición no Rexistro Fundacional ou no Auxiliar a presencia de despigmentacións conxénitas como unha pequena estrela en femias e machos e comenzo de calzado ou calzado baixo nunca única extremidade en femias.
- Para a inscripción no rexistro definitivo calquera tipo de despigmentación conxénita na capa.
- Exceso de sedas.
- Conformación xeral ou regional defectuosa en grao acusado.
- Anomalías nos órganos xenitais, principalmente monorquidia e criptorquidia.
- Crecemento corporal non acorde coa idade.

 

Volver ó cabalo galego.