Teixadal de Casaio (Ourense).
 

O Teixadal é un bosque de Teixos que hai en Casaio (Ourense). O bosque está situado  entre a cota 1.330 e 1.400 m.  O regato do Penedo soa por todo o bosque, sobre todo no outono, inverno e na primavera... Visitámolo o 12/11/2013.

Por detrás presidindo o bosque está Pena Surbia (2.112 m) entre outros... A dereita de Pena Surbia  é da provincia de Zamora,  e a esquerda da provincia de León. Dúas Ha. de bosque orientado o norte e onde abunda o teixo, hai máis de 420 exemplares, o capudre, o acivro, o pradairo , o carballo, a avelaira e moitas máis árbores.

É un bosque único e marabilloso. Chama moito a atención: que moitos teixos supérannos en edade, hai teixos de máis de 400 anos,  e tamén outro detalle básico que é a súa constante renovación, de calquera rama,  calquera raíz nace a vida constantemente. No que sigue podedes ver as fotografías da ruta. Unha ruta de contrastes e con moita historia que contar... ¡É impresionante!...

Lembrar, neste traballo, ó que aporta o libro "El Tejo y el Teixadal de Casaio" de Eduardo Olano Gurriarán, unha "biblia" do teixo, un traballo impresionante...¡Enhoraboa!. Que disfrutedes as fotografías e os textos  tanto como nós...



1

2

3

4

5

6

Galería creada por Secundino Lorenzo .