Os teixos atópanse en Galicia en poucos lugares, pero moi importantes:

No teixadal de Casaio.

Nos Ancares e no Courel

Na Serra de Meira

En algúns xardíns e cimiterios.

 

Neste mapa, sacado do libro "El tejo y el Teixadal de Casaio (Ourense" de Eduardo Olano Gurriarán aparecen de verde os municipios nos que existe algún topónimo derivada do nome latino. O amarelo é derivado de raíz celta.

O que si está claro é que o teixo aparece máis na provincia de Lugo, non hai máis que mirar o mapa anterior e seguramente teña unha explicación clara, na provincia de Lugo abundan os suelos calcáreos e por esa razón hai máis teixos. Por suposto que o teixo tamén se da en suelos ácidos.

 

Algunhas fotografías dos teixos en Galicia:

Teixadal de Casaio (Ourense) un bosque único en España onde o teixo é maioría entre pradairos. acivros, Carballos, etc. Descoñezo o autor da fotografía.

Nota importante:

O teixo en Galicia foi o gran descoñecido nas obras de eminentes coñecedores da nosa flora, así por exemplo no libro "La flora forestal española" exclúese a Galicia como área xeográfica dos teixos...

Tamén non aparece o Teixadal na obra incrible e meticulosa do  Padre Baltasar Merino, que por exemplo no seu libro "La flora Descriptiva de Galicia"  cita o Teixo pero en forma escasa, dice que hai algúns na Teixeira, en  Louzara, Caurel. Todos en Lugo...

Nos séculos  XIX e principios do XX ninguén en España a nivel científico e de coñecemento do medio coñecía  o Teixadal. Ese é o feito.

Está claro que non era doado chegar o Teixadal, de feito o Padre Merino anduvo varios días por Casaio e traía guías moi bons, pero nada...

Quizais por eso está hoxe en pe e pode verse, pero non deixa de ser curioso.

 

Teixos no Caurel.

(Aparecen teixos no Courel tanto na Devesa da Rogueira como na devesa da Escrita entre outros lugares.)

As fotografías que siguen son do autor da web:

Devesa Escrita. Paderne. Secundino Lorenzo.

O día 23/11/2008 visitei a Devesa da Escrita en Paderne, O Courel. Un paraiso dos moitos que hai en Galicia. Nese bosque atopei algúns teixos, na fotografía a zona máis verde. Estas son as fotografías:

Tronco dun teixo no Courel. Fotografía Secundino Lorenzo F. como as que siguen...

Unha cousa bastante frecuente dun tronco saen tres ou máis...

Teixo sensacional.

Folla do teixo.

 

Hai teixos en moitos cemiterios de Galicia, así como Xardíns.

Teixo da igrexa de Carballido en Fonsagrada.Fotografía sacada do libro Arbores de Galicia de Adela Leiro, Lois, Mon Daporta Pafín e varios.

O primeiro teixo ten 4,5 m. de perímetro, o cal quere decir según Meridith que anda entre 400 e 600 anos, casi nada. Os outros texos son máis novos.

 

Máis teixos en Galicia neste pps de Adela Leiro.

Volver a teixo.