PONDRAS -POLDRAS - PASADOIROS.
As pondras ou pasos, son pedras colocadas no río de maneira que permiten pasar o que se dí a pé enxoito. Si o río non vai moi cheo, pode pasar unha persoa, saltando de pedra en pedra. Están situadas nos vados, é decir, naqueles lugares dos ríos onde hai moi pouca profundidade, 20 a 30 cms. As bestas e o gando poden normalmente pasar a beira.
Non me resisto a describir o seu paso gráficamente en palabras de X. Lorenzo Fernández "Prás pasar, compre brincar dunhas a outras e como se leva a ollada fixa nelas, o movimento da i-auga pode "barrel-a-vista" se non vai con certo cuidado".
Vexamos unhas pondras, tamén chamadas poldras, pasais, pasadeiros, pasadoiros, peal, poldrado, espoldras, pasos, pasal, pasares, etc.:
Río Barbantiño en Mandrás - Amoeiro Ourense.
Pasais ou pondras que cruzan o río Barbantiño xusto por riba do pobo de Mandrás, nunha ruta de senderismo que é unha gozada.
Estas pondras teñen a súa historia. De feito non hai máis que ver o desgaste das mismas. Unen os muíños que hai neste lugar do río.
.......
Río Mao en Ourense. Ver os pasais ou pondras cruzar o río xusto na parte superior da fotografía de Mani Moretón.
Por debaixo dos pasais cruza o gando perfectamente, certificado xa que conozco dabondo o lugar.
Río Mao preto do encoro de Leboreiro.
....... Río Mao en Ourense.
Pondras no río Mao en Ourense. Fálase de pasarela da Nogueira, en realidade son as típicas pondras para atravesar o río.
Por certo por riba destas pondras temos unha historia marabillosa o meu colega de pesca da troita e gran amigo, Félix Valeiras e o que escribe.
Tempos aqueles en que abundaban as troitas... Hoxe inda sigue sendo un bon río.
....... Río Ulla en Gres - Vila de Cruces. Pasais ou pondras que cruzan o río Ulla xusto nunha das marabillosas ínsuas que hai neste pobo. Os pasais, nótase que son de recente construcción, demasiado perfectos.
Dende estas liñas a miña gratitude a Adolfo Villar Donato, de Gres, que me enseñou estas ínsuas marabillosas e o seu amor a este río sensacional.
....... Regato de Puga en Ourense.
Poldras ou pasos no regato de Puga, xusto na casa do Pepe da Amancia e por riba da casa de Pepe Varela, dous amigos que viven a carón deste regatiño de Ourense que é unha auténtica maravilla, pero que o Concello mira pouco por el. Actualmente unha canteira está a deixalo planchado para a desfeita.
A fotografía é miña.
....... Río Xares en Ourense.
Ver os pasais ou pondras cruzar o río xusto despois desta pequena ínsua que se ve en primeiro plano.
No fondo tamén fixeron un pontillón para pasar o gando e as persoas si vai moi crecido o río.
..... Pasais do Portochao, no río Furelos. Fotografía sacada do libro Camiños, pasos e pontes de Begoña Bas,
un libro que recomendo si se quere profundizar nestes temas.
Neste libro fala sobre as características destes pasais e en xeral. Neste caso son 19 pasos de pedras de gran tamaño, aplanadas por riba, sendo pedras dun longo entre 0,90 e 1,50 metros, sempre no sentido da corrente do río. A altura non pasa de 70 cms. Son pedras asentadas no fondo debido o seu peso.

Pasal en Mondariz no río Tea. Fotografía de Adela Leiro ou José Antonio Acuña.
O pasal é dos máis grandes que teño visto, por eso puxen a fotografía.