O segredos do zapateiro: a flotabilidade.

Na fotografía de Frank W. Lane, sensacional, vese cal é o segredo do zapateiro, pero non é doado de explicar: no interior da masa acuática actuan moitas forzas, mediante as cales as moléculas da auga están xuntas. Sin embargo na superficie non todas as forzas actuan dun mismo xeito, esto fai que se formen esas especies de membranas, elástica e que é capaz de soportar pesos de maior densidade que a auga. Esta situación é a que aproveita o zapateiro para poder camiñas pola auga de forma incrible. O seu corpo dende logo axuda moito. De feito trata de apoiar moita superficie das patas, ver a fotografía, ademais posee uns peliños que repelen a auga, toda unha máquina...

Realmente o zapateiro rouba a capa da superficie as súas propiedade líquidas, crea realmente unhas depresións na superficie, totalmente visibles na fotografía.

O zapateiro non se molla nunca. Os remos reais son as patas do medio, as traseiras son o timón. As de adiante mantenas recollidas o nadar. A súa flotabilidade é total...

Por si fora pouco nas patas tamén ten uns organos sensoriais que o teñen o tanto de tódolo que pasa na superficie do río, no seu entorno.

O zapateiro aliméntase de tódolos insectos que caen o río, enseguida acude para inmovilizalos e logo devoralos, inclusive dando pequenos saltos sobre a auga. As súas mandibulas son longas como se pode ver na fotografía.

O apareamento tamén é moi interesante xa que o zapateiro macho agárrase fortemente a calquer obxeto e coas patas traseiras chapotea chamando a femia. Cando esta acude, deixa o seu lugar a femia en señal de aceptación.

Ver esta fotografía, da que son autor, e que penso non desdice para nada as anteriores.

Observar o efecto que fai na auga a flotabilidade da que estamos a falar. Hai que pensar que nesta fotografía o peso é moi superior. En primeiro lugar son dous zapateiros apareandose e en segundo lugar a femia está a comer unha volvoreta. Por eso o efecto das patas do zapateiro-femia son máis acusados.

Fotografía sacada en Chandrexa de Queixa no río Navea o día 9 de maio do 2006.

Río Navea. Foto do autor da www. (09/05/2006)

Saír.