|
zapateiro.
Zapateiros devorando unha libeliña bastante grande.
Nome científico
Fotografía do autor da www. Dous zapateiros a femia alimentándose e o macho apareándose e aproveitandose da situación. (Río Navea maio do 2006). En Galicia chámanse zapateiros por algo, dende logo os galegos pomos nomes a todo, e moi apropiados por certo.
Gerris lacustris
Taxonomía:
Reino: animalia
Clase: Insectos
Orden: Hemipteros
Familia: Gerridae
Xénero: Gerris
Especie : Gerris lacustris
Nome galego
Zapateiro.
En Galicia chámanse zapateiros por algo, dende logo os galegos pomos nomes a todo, e moi apropiados por certo.
Observar nesta fotografía os "zapatóns" que leva o zapateiro, eu penso que son evidentes...
Nome castelán
Zapatero común. Arañas de agua. Chinches de superficie.
Nota: non teñen nada que ver coas arañas, pero reciben este nome xa que son moi parecidas. Observar que teñen 6 patas como tódolos insectos.
Observar nesta fotografía os "zapatóns" que leva o zapateiro, eu penso que son evidentes...
Dimensións
20-30 mm.
Realmente é un insecto pequeno en canto o corpo xa que coas patas é máis grande. Ver a fotografía.
Identificación:
Probablemente sexa dos insectos de auga máis coñecidos, xa que son moi visibles en calquera remanso.
Doado de identificar.
Normalmente a clave é que as antenas son máis cortas que a mitade do corpo. Tamén que o último par de patas supera con moito o abdomen.
Son os remadores típicos dos ríos. Xeralmente en augas paradas, sempre pescando mosquitos mortos ou vivos, etc.
Podén tamén saltar e tamén voar pero distancias moi cortas.
O corpo hidrófugo, estreito e aplanado. A cabeza ten largas antenas e ollos tamén grandes.
Observar as seis patas típicas dos insectos.
Son moi rápidos remando. Ver na fotografía como se forman unhas bolsillas entre a auga e as súas patas. Para elo utilizan uns peliños especiais, que explico noutro apartado da ficha. Todo un prodixio nadando por riba da auga.
Alimentación:
Calquera cousa que se tire a auga veremos como os zapateiros se achegan a eles.
Moscas, mosquitos, libeliñas, un pouco de todo, dentro dos insectos.
Habitats:
No mesmo río. Mellor en augas lentas ou paradas, inda que son moi rápidos e reman que da gusto.
Poden perfectamente coa corrente sempre que non sexa moi grande.
Viven xeralmente en colonias de varias decenas de individuos.
Vese nos meses: De marzo a agosto. Pasan o inverno nas proximidades dos ríos, baixo a vexetación, logo na primavera a femia deposita os ovos sobre plantas acuáticas.
No verán vense as familias de zapateiros.
![]()
Nesta fiotagría vense moitos zapateiros...
Interés:
Por suposto é un insecto do máis curioso e digno de observar.
Do Xénero Gerris soio se coñecen en Galicia, de momento, tres representantes que son o Gerris lacustris, descrito nesta ficha, o Gerris najas que tamén é frecuente e o Gerris gibbifer que é unha especie común na península pero raro en Galicia inda que o parecer foi atopado na Laguna de Cospeito.
Realmente son moi parecidos entre eles:
Gerris lacustris
Gerris najas
Gerris gibbifer
As fotografías, excepto a primera que é do autor da web están sacadas de internet e descoñezo os autores.
Información sacada do libro "Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia" dos autores Marcos A. González e Fernando Cobo. Hercules Edicións. 2006.
Reproducción:
A copulación ten lugar no mes de maio. Observar a fotografía, por certo do autor da web.
Posteriormente a femia pon os ovos, en plantas acuáticas, e na primavera xa temos a charcas chea de zapateiros.
Son moi gregarios, están todos xuntos.
Hai un texto en internet que fala da guerra dos sexos e dos armamentos e pon como exemplo "a gran guerra que teñen os zapateiros machos e femias a hora de copular". Seica é incrible. Ver este link.
Sensacional fotografía da copulación dos zapateiros, observar tamén a auga e a flotabilidade incrible.
Protección:
Non está protexido.
Curiosidades:
![]()
As patas centrais son as remadoras, as patas de atrás siguen a estela e actúan como timón, deste xeito as patas dianteiras actuan libres para coller os alimentos.
As súas uñas son tamén especiais.
Dende logo é un insecto moi curioso e evolucionado.
Ver o seu segredo de flotabilidade. Incrible.
Nesta fotografía do autor da web vese o máis dificil todavía...e non afunde...
Fotografía, do autor da www, onde se mostran dous zapateiros apareandose e o mesmo tempo alimentandose. (Río Navea 09/05/2006).
Observar como está a agua nas patas centrais que son as remadoras e co peso dos dous zapateiros macho e femia. O seu sostenemento na auga foi obxeto de moitos estudios, incluso ata non fai moito pensábase que a explicación estaba basada no que se denomina en teoría de fluidos "As ondas capilares". Hoxe sabemos que ten uns peliños hidrófugos que lle van a permitir eso que vemos.
Recentemente descartouse esta teoría. Ver outra explicación.