MINICENTRAL:   RÍO Búbal en Vilaquinte (Lugo).

(26-02-2002)

Minicentral do río Búbal, Concello de Carballedo (Lugo). Febreiro do 2002. Propietario Unión Electrica Fenosa.

O lector que quera saber ó que lle fai unha minicentral a un río, ou ben o que é unha minicentral pode pulsar estos links (minicentral ou opinión da Universidade de Santiago sobre as minicentrais galegas).

Os MINICENTRALEIROS, galegos e non galegos que cheiran o  pastel do diñeiro das minicentrais,  están destrozando os ríos galegos de forma o parecer legal. Por minicentraleiros entendo os que construen as minicentrales, xeralmente, sociedades anónimas constituidas para este fin, expresamente (moitos familiares de políticos hai nelas...vaia forma de defender Galicia...).

Poderán decir que legalmente, o u sexa, coa lei da Xunta actual na man, pero están destrozando os nosos ríos. E xa está ben...están deixando os ríos de Galicia para o arrastre. Xa está ben que a Xunta permita, legalmente, estos desmáns.

 ESTÁN  DESGRACIANDO A NOSA COMUNIDADE NO QUE A RÍOS SE REFIRE.

Nesta ocasión visito a  minicentral que está en construcción no río Búbal, realmente as fotografías demostran todo, unha vez máis.

Por certo xa estou enterado do propietario da minicentral Búbal I, trátase de  Unión Electrica Fenosa, ¡vaia por Deus!, unha multinacional a cargo dun desastre. Diario Oficial de Galicia de 30 de marzo del 2000. Páxina 4410.

Unión Electrica Fenosa tennos acostumados os cuidados ecolóxicos de todo o que toca, sinon ¡que llo pregunten ó pai Miño ?, que o pobre está para o arrastre.

Na orde non se permite construir más que unha minicentral das dúas solicitadas. Trae tamén as características:

Caudal Máximo derivado :2.180 l/s.

O salto pasa da cota 419 á 180. Leva una turbina tipo Pelton de 4.037 Kw e producirá ó año (previsión) 11.500 Mwh/ano.

Atentados ecolóxicos permitidos legalmente ? por una Xunta de Galicia que non sei a que xoga coa nosa natureza.

Visita virtualmente esta minicentral.

 

salir.jpg (922 bytes) Volver a fotografías    

    salir.jpg (922 bytes) Volver a minicentrales  

           salir.jpg (922 bytes) Volver a  minicentrais.