A Requinta

 

A Requinta

Instrumento músical  da comarca do río Ulla

 

Requintas do Ulla

 

Requinteiros do Ulla. Fotos antigas da Estrada. Os músicos con requintas son de esquerda a dereita:  o segundo e o quinto.

 

 

 

A Requinta é ante todo un instrumento musical de evento, trátase dun tipo de frauta de madeira típica do Val do Ulla. Crea un son agudo e vibrante que chama atención. Na miña opinión casa moi ben coa gaita galega, de feito hai varios grupos onde se xunta as requintas coas gaitas, as panderetas e os tambores de todo tipo. Este tipo de conxunto ou formación musical chamanse os requinteiros.

En galicia son típicas dende fai moitos anos nas festas o redor do río Ulla. Contan especialistas,  como o investigador Rafael Carracedo,  que estuvo a punto de desaparecer polos anos oitenta do século pasado, pero recuperouse totalmente despois deses anos. Rafael  C. recuperou máis de 80 partituras e ademais puxo en valor a requinta.  Tendes un link a este gran traballo na bibliografía que poño ao final.

O uso tradicional da requinta límítase á parte media do río Ulla, abarcando municipios como Silleda, Boqueixón, Padrón, Teo, Touro, Vedra, Vila de Cruces e A Estrada.

Como curiosidade dicir que según Pablo Carpintero, o taller de Rioboó, na Estrada,   no século XIX  adaptou traveseiras clásicas para que poideran soar, ben afinadas, coas gaitas galegas.

 

 

Por certo o nome de requinta que se lle da a frauta no val do Ulla, ven pola súa función musical principal no grupo que é facer unha segunda voz moi aguda e por riba das gaitas galegas. O término ao parecer deriva do concepto empregado polos gaiteiros para indicar cando se sube á segunda escala do punteiro.

 

 

Vamos escoitar dúas requintas dun grupo, A Requinta do Ulla ?,  que actuou no programa da  TVG, Luar, para identificar o son da requinta:

 

Pulsar por riba da foto ou neste link. Trátase dunha actuación na TVG, en Luar, interpretando este instrumento.

 

  

As requintas son o instrumento que tocan  os dous músicos da dereita da primeira fotografía. O resto de esquerda a dereita tocan a pandereta, o bombo, o tamboril pequeno e as gaitas galegas.

 

 

Hoxe en día, xuño de 2026 hai varios grupos que manteñen viva as requintas e a súa música, no Val do Ulla,  por exemplo: a Requinta da Caseira, a Requinta de Lampai, a Requinta de Xián e os Requinteiros da Ulla/ Gaita de Xarandón. Tamén hai  cuartetos e quintetos como a Requinta dos Portelas e Os Cacheiras como o grupo  do video anterior que é un deles.

 

 

Outro exemplo, escoitemos a Requinta de Lampai e o tema Beber é un gran pracer:

Pulsa neste link para escoitar esta canción e as Requintas.

"Beber, beber é un gran pracer

a auga é para bañarse

e pras ras que nada ben..."

 

 

Neste outro exemplo óense as requintas e a canción e fala dun rodaballo que vai polo río abaixo dunha forma especial, é tamén da Requinta de Lampai:

 

Polo río abaixo vai un rodaballo, outra cancíon con requintas da Requinta de Lampai.

 

 

Gústame moito esta actuación coas requintas, trátase da Requinta de Xian, e este video é unha homenaxe que leva por  título "Airiños do Ulla":

 

A música excelente e as fotografías con moita historia.

 

Bibliografía:

 

.-A Requinta do Ulla. Obradoiro Rioboó. Rafael Carracedo Crespo.

O libro seica trae máis de 80 partituras transcritas, tamén a historia dende os primeiros momentos e o desenrolo da frauta do Val do río Ulla; tamén fala do taller de García Rioboó na Estrada que dicen é o máis antigo de Galicia e que inda está en marcha hoxe. No disco actuan músicos como Daniel Bellón, Xurxo Fernándes ou Diego Maceiras .

 

--A Requinta na cultura do Val do Ulla. Pablo Carpintero Arias

É un traballo de investigación que foi tutelado polo Dr. D. Pablo Carpintero Arias e dirixido polos Drs. D. Carlos Villanueva e D. Luis Costa Vázquez. en setembro de 2007,

O traballo de 143 páxinas trata a fondo o espazo do Val do Ulla e a súa cultura, logo fai un estudo da requinta, dos grupos e da sua evolución, entre outros temas e conclusións.

´.-Máximo Tear Natural. Xosé Manuel Lobato.

Neste libro, que é unha viaxe por Galicia, en prosa e poesía a un tempo, descubrín nun dos artigos titulado "Ulla silandeiro", un anaco de poesía no que aparecía nun dos versos. Recupero a poesía:

 

Unha estilizada e rebulideira  lavandeira,

voaba brincadeira de bidueira en bidueira,

mentras tanto, unha requinta soaba

para a danza da auga que mansiña e silente escoitaba.

 

 

.-Algúns dos datos anteriores están sacados da IA de Google, ou sexa Gemini.

 

 

 

 

            Volver ao dicionario fluvial