O Trobisco  

Poño esta planta que máis ben é un arbusto xa que para mín é bastante coñecida, lamentablemente.

O trobisco ou truvisco é un arbusto, que inda hoxe se utiliza como veleno activísimo. As follas machacadas son velenosas para as troitas e peixes. Con este arbusto fixéronse auténticas salvaxadas nos regatos de montaña na provincia de Ourense.

É o que se chama envarbascar o río.

Pola zona do río Mandeo tamén se utilizaba a ruda.

 

 

 

 

O trobisco, matapolos en castelán, é unha planta tóxica en tódolos aspectos. O seu froito é carnoso, primeiro verde pero finalmente ten cor bermella.

Ver a fotografía , máis abaixo...

 

 

 

 

Tamén se utilizaba para sanar as orellas unha vez que se facía o burato para os pendentes.

Tamén como  insecticida, para matar piollos, formigas, e chinches.

Algúns paisáns utilizan o trobisco como potente veleno para matar peixes nas pozas dos ríos galegos. Así é citado en diversos libros, entre eles "Un verán en Galicia" 1911 da Inglesa C. Gasquoine Hartley. 1911 editado por Galaxia.

 

 

 

En realidade trátase dun : Arbusto de talos erectos. de corteza parda e altura non superior os 2 m.

Follas simples, alternas, lanceoladas e sempre verdes e enteiras

 Fruto de tipo drupa, verde inicialmente e bermello o final.

Os froitos son velenosos.

 

 

 

En galego chámase con moitos nomes: chorobisco,  churbisco, matapulgas, torbisca, trobisco, truvisco, turbisco.

salir.jpg (922 bytes) Saír.