Aureana,
aureano
(dicionario
Xerais da lingua) é
unha persoa que se dedica a recoller as aréas de ouro que levan
os ríos.
Foron famosas as aureanas do Sil.
Dicir tamén
que a palabra
aureana
é un método de obtención de ouro mediante o
peneirado das areas auríferas fluviais, tamén sacado do dicionario
Xerais da lingua.
As dúas palabras veñen do
latín aurus óuro´.
Foron famosas as aureanas do Sil.
No libro A Boca do monte.,
unha sensacional novela de Celia Díaz Núñez. Publicado por
Editorial Galaxia en 2016. , narra a construción dun túnel que ten
moito que ver co método xa comentado e co traballo das aureanas.

Xa ó principio pón Celia Díaz unha
poesía de Ramón Cabanillas, para indicar de que vai o
relato, unha novela marabillosa :
Aureana do Sil.
As areas de ouro, aureana
do Sil,
son as bágoas acedas que me
fas chorar ti.
Se queres ouro fino,
aureana do Sil,
abre o meu corazón, tés de
atopalo alí.
Ramón
Cabanillas.
Precisamene o primeiro capítulo da
novela chámase: As aureanas do Sil:
"...Cando Navia percibiu a pedra
dorada que elucía entre as areas da batea deixou escapar un berro de
ledicia. Ergueuse lixeira, exhibindo na palma da man o trofeo
conquistado.
-Unha pebida! Mirade como brilla!
-Que fermosa! exclamou Alda, pasando o
dedo sobre a superficie lisa e fría da pedra-, E grande que é!
-A primeira que consigo -engadiu Navia,
orgullosa, facéndoa xirar entre os dedos..."
Este trociño é unha mostra do que fai
unha aureana. E continua:
"...A rapaza depositouna no cesto no
que xa se amoreaban outros pelouros, uns pequenos como chícharos e
outros grandes como abelás.
-A sorte do principiante - dixo Arausa
cun sonriso.
-Pois a próxima aínda ha de ser
meirande -repuso a filla, ao tempo que collía o rodo e escavaba entre os
lodos que a corrente depositara no meandro. Botou unha presada na batea,
anicouse e afundiuna ata que a auga cubriu a terra escura mesturada cos
limos e as gravas, e comenzou a axitala con movementos oscilantes,
desexosa de acadar o botín que o río xeneroso lles legaba.
A muller sorriu ao contemplar o afán
da moza. Era este un oficio transmitido de nais a fillas e que ela mesma
aprendera con dilixencia da sua nai. Cómpre lavar as areas
para que a auga arrastre as partículas máis lixeiras en tanto que as
máis pesadas quedan depositadas no fondo. Con sorte e con pericia caerá
algunha pebida que despois o ourive transformará en fermosos adobíos cos
que engalanarse..."
Ata aquí o texto copiado do libro de
Celia Díaz.
--o--

Aureano bateando no río Miño.
Dicir que inda no século
XXI hai xente que busca ouro no río Miño.
Neste link, un artigo do Faro de Vigo de fai un ano, podedes
ver que que en xuño do ano pasado había xente buscando ouro cos mismos
metodos. E parece que non lle vai mal...
É unha curiosidade.


O seu nome Mario Fatanga, nunha xornada de bateo no
Miño.
---o---
Para rematar ver que hai moito afecionado inda o
bateo.

Pulsar na
batea.
Ver unha demostración de bateo de
ouro nun afluente do río Sil, concretamente en Cacabelos. Inda se vai
collendo algunha pebida e dende logo hai moita afeción.