A lenda do nacemento dos ríos  Miño  e  Sil.

Río Miño (fotografía Ernesto Schreck) , onde hoxe está feito o encoro dos Peares.

 

Río Miño (foto descoñezo autor)  por debaixo de Arbo.  Como era en tempos...

Partes das fendas feitas por XUPITER.

Sacada do libro O país dos mil ríos. Cultura fluvial en Galicia. de Xosé Lois Ripalda). As fotografías están engadidas polo autor da web.

 

LENDA DO NACEMENTO DOS RÍOS MIÑO E SIL

 

     "...Esta lenda está vencellada a mitoloxía. Según a mesma, o Deus Xúpiter,  desexando facer unha viaxe,  seguiu coa vista os movementos da terra co gallo de escoller un lugar onde pasar unha tempada, pois a vida no Olimpo,  a forza de ser repetitiva,  chega a cansar. Unha vez que o Deus fixo a súa elección, e como a viaxe non iba ser de contado, fíxolle unha marca de arriba a abaixo na terra para non esquecerse; tal marca resultou ser o río Miño. Entón a Xuno, muller de Xúpiter, entráronlle ciúmes por non contar con ela para tal viaxe, ademais de sospeitar que podría tratarse dunha aventura amorosa,  das que tanto gustaba o Deus. Daquela, a muller de Xúpiter fixo unha fenda aínda máis fonda que a do seu home, formando así o canón do río Sil. Xúpiter, moi enoxado polo comportamento da súa muller, obrigouna a vivir no fondo do canón. Pasado un tempo, o Deus amerceouse de Xuno e retiroulle o castigo e, como símbolo do seu amor, permitiu que o río Sil e o Miño se xuntasen..."

 

Mais ou menos as fendas quedaron desta forma. A fenda azul é o RÍO MIÑO e a fenda verde é  o RÍO SIL

Xupiter castigou a súa muller, que debía andar a altura de Parada do Sil, máis ou menos, onde  o canón era máis fondo, de maneira que as fendas estaban separadas, a altura da desembocadura hoxe do río Cabe, máis ou menos.

Menos mal que Xupiter perdonou a Xuno e hoxe o RÍO MIÑO leva tamén a auga do RÍO SIL. ,  cubrindo a zona que non estaba fendida, e facendo que chegase o río Miño, concretamente nos Peares; por suposto sendo un río marabilloso...

 

Arriba o río Sil no canón do Sil  (fotografía S. Lorenzo), hoxe, co encoro de San Estebo  e abaixo o canón do Sil pero sin o Encoro de San Estebo (fot. descoñezo autor), como era no tempo de Xuno. Parte da fenda feita por XUNO.

 

Nesta zona xuntáronse as fendas de Xupiter, o río Miño, e a da súa dona Xuno, o río Sil. A zona agora chámase "Os Peares" un pobo único no mundo, xa que pertence a catro concellos (Peroxa, Nogueira de Ramuín, Carballedo, e Ferreira de Pantón)  e a dúas provincias (Ourense e Lugo). Ademais neste mismo lugar xúntanse tres ríos, o río Miño, o río Sil,  e o río Bubal.

A fotografía é unha xoia sacada do libro orixinal,  traducido o galego con nome "Un verán en Galicia" editado por Editorial Galaxia en 1999. O libro de título orixinal "Spain revisited.  A summer holiday in  Galicia", escrito en 1911 por C. Gasquoine Hartley, impreso en London nesa data.  Este libro é o que ten as fotografías e pode verse en ointernet neste link.

Entre as moitas fotografías que trae o libro citado, a versión orixinal, está esta que é unha auténtica xoia, para esta páxina web sobre "A vida nos ríos galegos". Observar que en 1911 xa estaba feita a vía do tren de Ourense a Monforte, ver a Ponte da esquerda e tamén a estrada que cruzaba o río Sil, ver a dereita. O río Miño seguramente na estiaxe, cun coiñal marabilloso que inda o podemos ver hoxe...

 

 galicia.gif (2685 bytes) Volver a lendas Miño                                    galicia.gif (2685 bytes) Volver lendas