Os veciños do lugar necesitaban unha ponte, para pasar o río, como tantos outros en Galicia. Pero por unhas cousas ou por outras non atopan a forma de facer a ponte.
Un bon día atoparon un mouro que se comprometeu a facer a ponte a cambio de moedas de ouro. O mouro fixo a ponte pero pensou en deixar unha pedra mal asentada de modo que co tempo a ponte comenzara a tremer.
E así pasou, a ponte comenzou a tremer e os veciños acudiron o mouro para que arranxara a ponte. O mouro díxolles que si pero que había que pagar o traballo con moedas de ouro. O mouro volveu a facer a misma faena, arranxar a ponte pero deixar outra pedra de outro lugar da ponte media solta de modo que co paso do tempo volvera a pasar o mismo e así seguiría o negocio.
Esto pasou varias veces ata que os veciños, xa mosqueados, decidiron vixiar os arranxos da ponte, ata que deron con engano e decidiron darlle un escarmento o mouro. Para elo, localizaron a pedra que estaba mal asentada, quentarona no lume e cando o moro foi arranxar a pedra estaba tan quente que lle quemou a man grabada na pedra a man do mouro.
Hai xente que dí que inda hoxe en día se ve a pedra ca man grabada.
Ponte de Furelos. Río Furelos. Descoñezo o autor das fotografías.