Dice a lenda que un mozo que vivía no lado esquerdo do río enamorouse dunha rapaza moi bonita pero que vivía no lado dereito. Como non tiñan medios para cruzalo e así xuntarse, pactaron có demo a construcción dunha ponte a cambio de darlle o primeiro ser vivo que nacera na casa da parella.
Rápidamente celebrouse a boda dos enamorados e ela quedou embarazada o pouco tempo.. Mentras, o demo intermediaba para que non nacera ningún animal, asegurandose así, que o primeiro ser vivo nacido na casa fora o neno que esperaban.
Co que non contou o demo foi coa palleira da casa, xa que o destino quixo que nacera unha camada de gatiños (de aí ven a palabra gatín). Enton o home colleu o primeiro gatiño nacido e levoullo o demo a Ponte onde llo entregou, burlando así deste xeito o fatal destino que o demo lles tiña preparado.