As aureanas feiticeiras do río Sil.

Na fotografía o río Sil, afluente principal do río Miño..

Nota: unha feiticeira (dicionario Xerais da lingua) é unha persoa que supostamente posúe poderes sobrenaturais, o que exerce unha influencia, xeralmente negativa, sobre as persoas ou cousas mediante palabras, xestos ou signos estraños.

 

      Din que nun punto sin determinar con exactitude do río Sil, viven as aureanas  feiticeiras. Atraen ós mozos e sedúcenos coa súa voz. Quedan atrapados polo seu doce son e afogan e desaparecen no fondo do río para sempre. Hai unha maneira de evitar o encantamento: cruzar o río cunha pedra na boca. Así os mozos non poden falar e, se gardan silencio, o encantamento non se produce e poden chegar felizmente a outra beira.

O parecer estas feiticeiras aparecen exclusivamente no río Sil pero alí chámanse aureanas feiticeiras que cita Lamas Carbajal no seu famoso poema As aureanas do Sil, que se dedicaban a recoller e levigar as pebidas de ouro  ademais da labor típica feiticeira. O feito de traballar coas pebidas fainas distintas.

No río Miño na zona de Arbo e Melgaço hai outras feiticeiras que no fondo a diferencia é que alí non se dedican a recoller e levigar si non que viven nos pozos do Miño e tratan de atraer os mozos as profundidades. Mozos que atravesan o río ou ben se dedican a pescar. En realidade fan unha labor parecido  e resulta dificil discernir si as aureanas feiticeiras, eses seres endémicos do Sil, participan da crenza das feiticeiras do río Miño. ( "Seres galegos das augas" Mitoloxía comparada de Xoán Xosé Teijeiro Rey).

 

          galicia.gif (2685 bytes) Volver