| 
	
	Canis 
	lupus. O Lobo.
      (Lobo) 
	REFRÁNS  SOBRE 
	O LOBO 
	 
		
			Fotografía de Gerard Lecomte e Bernard Dumort. Sacada do 
	libro Lobos. mitos e lendas.   Son  algúns, a fonte é 
				internet e outros están sacados  do libro "Lobos mitos y 
				leyendas. El lobo en la actualidad"  de los autores Gérard 
				Lecomte y Bernard Dumort: 
		"Na terra de lobos 
				ouvear como todos", este refrán indica que hai que 
				adaptarse como un poida o que se ve tódolos días.   
		"Si o lobo che da 
				medo, non vaias o bosque" , este seica é un refrán 
				ruso que fala de que debemos ter prudencia sempre.   
		"O lobo ten a forza 
				de un home e a astucia de doce", este refrán indica o 
				que xa sabemos sobre o lobo, é moi forte e dende logo coñece o 
				terreo onde se move moito mellor que moitos  homes xuntos.   
		"Xuntanza de lobos, 
				ovella morta", os pastores saben moi ben deste refrán, si 
				hai ovellas polo medio e unha manada de lobos preto do lugar hai 
				que tomar moitas precaucións, o rebaño pode ser qatacado...   
		"Toda carne come o 
				lobo, menos a súa que a lambe", este refrán indica o 
				que xa sabemos sobre o lobo, come de todo si o deixan...   
		"Lobos dunha misma 
				camada non se traban", está claro traducido as persoas os 
				amigos ou a familia en xeral non van loitar entre eles. Ou 
				sexa si hai intereses por medio os amigos non pleitean ou 
				defendénse uns os outros.   
		"Cando o lobo vai 
				roubar, lonxe da súa casa vai cazar", pois is que é certo 
				o lobo nunca caza onde nacen os seus fillos. Cousa curiosa.   
		"O que o lobo fai, a 
				loba non o desfai", outro tema de xerarquías, o que pasa 
				que tamén se podería decir e viceversa entre os lobos alfa.   
		"En febreiro sete 
				lobos o carreiro", eu penso, non estou seguro, que a 
				partir do mes de febreiro os lobos intensifican a súa caza en 
				grupo.   
		"Mal lle vai á ovella 
				que co lobo se aconsella", este é o típico refrán 
				catalogado como de abogados, non se vai un aconsellar co abogado 
				do inimigo. Poden ampliarse a xente que non sexa abogado.   
		"O lobo irmán con 
				lanza na man", refírese os antiguos foxos de lobos os 
				que se acudía coa lanza na man para darlle morte o lobo.   
		"A mal pastor, lobo 
				cebado", efectivamente pastor de ovellas  que non 
				cuida  o seu  rebaño perderá, por lóxica moitas 
				ovellas. (refrán francés)   
		"O lobo irmán con 
				lanza na man", refírese os antiguos foxos de lobos os 
				que se acudía coa lanza na man para darlle morte o lobo.   
		"O lobo non teme o 
				can do pastor, sinon o colar de clavos", efectivamente os 
				lobos non temen o mastín de por sí pero si o mastín con colar. 
				Hai en definitiva que ser precavidos.   
		"A cabra chamou o 
				lobo, e soio conservou a barba e os cornos",  refrán 
				ruso sabio. Si chamas o teu inimigo para que che bote unha man, 
				da por perdida a causa... 
		
		 Saír. 
		 |