Daphne gnidium.

Trobisco. Torvisco.

Poño esta planta que máis ben é un arbusto xa que para mín é bastante coñecida, lamentablemente.

O trobisco é un arbusto, que inda hoxe se utiliza como veleno activísimo. As follas machacadas son velenosas para as troitas e peixes. Con este arbusto fixéronse auténticas salvaxadas nos regatos de montaña na provincia de Ourense e outras.

O trobisco xa ó cita  C. Gasquoine Hartley, cando no  1911 veu a pescar a Galicia e escribiu o libro "Un verán en Galicia" , publicado por Galaxia e que eu comento nesta misma páxina web.

A palabra "trobisqueira" figura tamén no dicionario desta páxina web como curiosidade.

Ver  características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.           

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OUTRA FOTOGRAFÍA.

Características da planta.

Fotografía de Íñigo Pulgar.

O trobisco, matapolos en castelán, é unha planta tóxica en tódolos aspectos. O seu froito é carnoso, primeiro verde pero finalmente ten cor vermella.

Fotografía de José Murcia.

Descripción:

Arbusto de talos erectos. de corteza parda e altura non superior os 2 m.  Ten as pólas moi ergueitas, ver a fotografía.

Follas simples, alternas. densamente agrupadas nos extremos das ramas. Lanceoladas, enteiras, de ápice acuminado, ou sexa terminan en punta. Sempre verdes griseiras.

 Flores nacen no cumio das pólas, nun acio. Son pequenas , coa corola blanca e catro lóbulos terminais patentes. Flores en acio blancas.

Froitos de forma de baga, verde inicialmente e vermello o final. Son velenosos

 

Fotografías de Paolo Sanna.

 

Hábitat: Aparece en todo tipo de terreos. Florece de marzo a octubro e os froitos madurecen dende xuño a novembro.

Vive ben entre o toxal e o piñeiro en lugares de moito sol, polo tanto quentes.

Usos: A presencia, sobre todo nos seus  froitos, dunha resina, a mezerina, e outro composto a daphnetina, de alto poder tóxico para persoas e animais, non impidiu que esta pranta  se utilice polo home para outros fins: en cosmética úsanse as follas para fabricar un ungúento que tiñe o pelo de negro e elimina a caspa; en mediciña, o poder vesicante das follas utilizase para as feridas.

Tamén se utilizaba para sanar as orellas unha vez que se facía o burato para os pendentes.

Tamén como como insecticida, para matar piollos, formigas, e chinches.

Algúns paisáns utilizan o trobisco como potente veleno para matar peixes nas pozas dos ríos galegos. Así é citado en diversos libros, entre eles "Un verán en Galicia" 1911 da Inglesa C. Gasquoine Hartley. 1911 editado por Galaxia.

 

Observacións:

O nome deriva do grego "Daphne", a mitolóxica moza que perseguida por Apolo tranfórmase á beira dun río nun laurel.

 

Preferentemente atópase entre os arbustos do sotobosque de carballeiras con alcornoques ou sobreiras.

 

Descoñezo o autor da fotografía.

Pode superar o metro de altura perfectamente. O froito na madurez é dunha cor vermella e menor que un cm. de ancho.

Descoñezo o autor da fotografía.

As follas como se ven nas fotografías son tres veces, aproximadamente, máis longas que anchas.

 

Fotografía de José Murcia.

En galego tamén se chama Chorovisco, churvisco,  turvisco, trovisco, matapulgas e torvisca.

 

Fotografía do autor da www sacada preto de Lobios, facendo a ruta da Corga da fecha, un lugar marabilloso a carón do río Caldo no Xurés. Ourense.

Outro detalle da flor do trobisco.

Outro detalle dos froitos do trobisco.

 

En galego chámase con moitos nomes: chorobisco,  churbisco, matapulgas, torbisca, trobisco, turbisco.

 

Planta de trobisco sacada, polo autor da web,  nunha andaina a V de Exaprin Ribadavia precisamente pola via Antonina no Xurés. 20/10/2012

Saír.