Noutros lugares distintos de Galicia, sobre todo en Castela-León que é onde máis lobos hai (seica o 60% do total, ou sexa sobre 2000 exemplares están en Castela e León; en Galicia o 30%) parece que teñen un plan moi similar o galego. Ver un resumen outras leis do lobo.
(Actualizado en decembro do 2006)
As leis dos lobos. Decembro 2006.
Lei do lobo Castela e León.
Na fotografía de Juan González vese un lobo alfa, cunha mirada moi característica que denota una gran intelixencia.
O plan de Xestión do lobo en Castela e León é, a falta de alegacións, moi similar o galego, ou o galego moi similar o de Castela e León.
No Título I (Diagnóstico) seica se fai mención de que o lobo está presente en tódalas provincias, en total hai 149 manadas.
No Título II (Finalidade e obxetivos) trátase de manter a población de lobos estable e contribuir a sua viabilidade na población Ibérica, garantizando a súa adecuada xestión tendo en conta que compatibilice a súa existencia coa da ganadería e coas explotacións agropecuarias da zona.
No capítulo III (Zonificación) establece tres zonas, que están marcadas no mapa:
A zona 1: con capacidade de acollida moderada-alta.
Na zona 2: con capacidade de acollida alta.
Na zona 3 que é o resto: capacidade de acollida moderada baixa.
No Capítulo III dice "Naquelas comarcas onde a situación demográfica da especie permita o seu aproveitamente cinexético, poderá exercerse durante a época hábil establecida nas órdenes de caza.
Tamén falan das porcentaxes referidas sobre as poblacións. Así tendo en conta que a manada de tipo medio está formada por una media de 9 exemplares, queda marcada
Zona I: minimo 5% e máximo 10%
Zona II: 10% e 20%
Zona III (14% e 30%).
Nota: esta información está sacada da revista "Jara y Sedal", del nº 61 de diciembre del 2006. Publica un artículo co nome "El lobo ya tiene plan". Firma Juan Cano.
Moi similares son as leis na Rioxa, no Pais Vasco e Cantabria. Ou sexa está autorizada a súa caza coas limitacións impostas por unha lei de conservación da especie.