Investigan a presencia de osos

 na comarca de Valdeorras.

Oso pardo cantábrico.

Seica o paso do oso polo oriente ourensán deixou de ser anecdótico, os colmeares e algunhas alvarizas confirman as pegadas do oso sin lugar a dúbidas.

Pegadas do oso

Estase a facer o censo destas pegadas e publicarase dentro de pouco. Tamén se recolle excremento e pelo.

Trátase de ver o patrón de ocupación de estos territorios de forma precisa distinguindo si son osos adultos, osas adultas reproductoras, osas con crías, osos subadultos divagantes, ou osas subadultas.

Alvariza, que moitas veces, si ten posibilidades métese nelas e ponse as botas...

O que si sabemos é que no 2020 hai datos en moitos lugares por exemplo en Casaio, Trevinca, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras; tamén nos Montes do Invernadeiro.

Resumindo o Courel e estas zonas de Ourense, Sanabria, Carballeda contituen unha vía de expansión moi interesante para a población cantábrica do oso pardo e polo tanto de gran importancia para a conservación global da especie.

Na Asociación Valdeorresa de Apicultores están preocupados polos danos dos osos, seica na derradeira primavera destrozaron casi cen colmeas na Veiga, Vilamartín e Valdeorras. Seica se están tomando medidas dende Medio Ambiente para evitar e proteser as colmeas, instalando entre outros pastores eléctricos e arranxando as albarizas.

Está claro que hai que axudar a estas asociacións e outros apicultores e buscar como sexa a compatibilidade . Que oso nos visite é unha gran noticia e que se axude como se debe a todos é unha evidencia. Hai que facelo sin duda...

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.