Ursus arctos. Oso. Oso pardo.

O oso pardo bótase de menos en Galicia

O oso en Galicia en Xullo do 2008

(O que sigue é un pequeno resumen dun artigo de Xavier Lombardero, que aparece na Voz de Galicia do día 10 de xullo do ano 2008.

O parecer según señalou Guillermo Palomero, Presidente da Fundación Oso Pardo (FOP), oenegué encargada dos recontos de osos en colaboración con Galicia, Asturias León e Cantabria o ano 2007 péchase como o mellor dos últimos 20 anos.

Este é o mapa que explica o anterior:

En total dice Palomero hai 18 osas con 34 oseznos na zona de Asturias, Alto Sil e os Ancares de León.

Na zona oriental, montañas de Palencia, Riaño (León) e Cantabria hai tres máis con cinco oseznos.

Evolución moi boa, a mellor dos últimos anos.

Fotografía de FOP. Osa con tres oseznos.

¿Que pasa en Galicia?.

Pois que esperemos que algún osezno destos nos faga unha visita. Seica os datos son bons, pero de momento o macho que nos fixo unha visita non debeu sair moi contento (esto é un comentario meu, que resume o que está a pasar...)

Según Jesús Santamarina, Xefe do Servicio de Biodiversidade da Consellería de Medio Ambiente "destaca a presentacia temporal entre tres a catro exemplares no este de Lugo e a importancia de contar cunha femia reproductora para conseguir asentar a nosa población de osos".

"Viuse un exemplar novo e tamén está próxima unha femia, aínda que este ano apenas houbo indicios de presenza, con algunha pegada, pero esperamos que a poboación de osos vaia para arriba".

Seica o ano pasado (2007) a Consellería constatou a aparición de osos na Serra de oribio, nos Ancares en Lugo,  onde houbo dano a varias colmeas. Neste ano (2008) houbo poucos indicios...

O que decía: como non poñan unha femia na nosa Galicia nada de nada...(Comentario meu.)

O oso en Galicia ou preto de Galicia (O Bierzo)  en agosto do 2008.

Seica un oso no Bierzo (Páramo del Sil) , según testigos,  leva enganchado un lazo a altura da cintura. Dende logo na fotografía vese realmente mancado.

O que pasou é o típico, un furtivo que pon un cepo e un oso ferido. Seica levan dez días tras a pista deste oso, que é macho, con miras a tratar de axudarlle, curalo si é posible. O oso corre o peligro de morrer estrangulado ou por inanición...

Este é o link da noticia.

salir.jpg (922 bytes) Saír