Canis
lupus. O Lobo.
(Lobo)
![](loboho.jpg)
Lobo ouveando.
Pulsar este link.
O lobo ouvea por distintos motivos:
ausencia ou separación da manada, reagrupación, búsqueda de
compañeros, quedarse rezagados, cando están moi inquietos, en defensa
da madrigueira, o despertar, marcaxe de territorio, defensa dunha presa,
etc.
As veces tamén producen ladridos
de aviso, ollo a esto. Normalmente fanno cando se senten sorprendidos.
Eso de que os lobos ouvean a
lúa é un conto. A xente inventa moito. As últimas investigacións
poñen de manifesto o dito no primeiro punto, como moito chegan á
conclusión de que si un lobo deixa a manada é probable que ouvean
máis uns días. Revista Current Biology, artigo do Centro de Ciencias
do Lobo en Austria.
![](gmami04.jpg)
Fotografía José María Fernández Díaz- Formenti.
Este ouveo foi considerado en Galicia anuncio da
morte, asociado á bruxería e o demo. Realmente non é nada desto, o lobo
ouvea, a maior parte das veces, porque lle peta...O normal é que o home
se lle poñan os pelos de punta cando o escoita... De tódolos xeitos non
ten nada que temer deste gran mamífero, intelixente, moito máis que
algúns cazadores que lle dan morte...
Está de moda oir ouvear o lobo
e a verdade que debe resultar impresionante o tema, en plena noite e
sin máis cousas...impresionante.
Os interesados poñerse en
contacto con:
O grupo
ecoloxista CICONIA Tlfno: 980 620 473 e - mail :
ciconia@eims.net
organiza salidas pola Serra da Culebra, en Zamora,
para ver o lobo e coñecer o seu habitat, estas
excursións están complementadas con cursiños sobre a
especie. Chama, merece a pena...non se aprecia o que
non se coñece. Faite amigo do lobo...merece a pena.
|
Neste video tamén se escoita o ouvear
dos lobos, neste caso na
Serra da Culebra.
Saír.