Dende tempos antigos o lobo sempre foi un habitante salientable do noso país,
tanto, que moita xente o coñecía por Xan. Centos de historias,
lendas, contos e refráns testimuñan a súa importancia na nosa
cultura. No Ribeiro algúns topónimos lémbrannos, que non hai
moito tempo, os lobos frecuentaban a bisbarra. De feito, no
diccionario do Coronel Madoz, publicado en 1845, referíndose a
parroquia de Abelenda das penas lemos "se encuentran muchos
lobos", mencionando asi mesmo a presencia dos lobos noutras
moitas localidades da comarca. "A loba" en Castrelo , "o salto
do lobo" en Leiro ou incluso "o toco do lobo" no
mesmo bosque de Ridimoas, suxírenos que aínda poderíamos
atoparnos con el en calquera revolta do camiño. E así fora hai
pouco tempo. Entre os anos cncuenta e aitenta os lobos
frecuentaban O Ribeiro, incluso as terras baixas, atraídos
polos despoxos que xeraban as granxas de pitos. Nembargantes, a
implantación de medidas sanitarias para o cntrol dos despoxos,
privoullos do alimento, xa que, daquela, era a única clase de
facenda na bisbarra. No inverno de 1981, no límite do Concello
de Leiro có bosque de Ridimoas, foi morto, por un cazador de
coellos, o último lobo ribeirán. É o mesmo que a pedra de chame
A loba e o rego O Toco do lobo, están mudos. Hai tempo que non
pasa O Xan.
Neste intre, na
meirande parte de Galicia, o lobo atópase nunha situación
semellante á que se atopaba no Ribeiro a piques da década dos
setenta. O selado de basureiros, o control das reses mortas e a
paulatina desaparición do gando ceibo do monte, estanlle a
privar das tadicionais fontes de alimentación na rexión. Don
Eladio Rodriguez, no seu diccionario enciclopédico, recolle o
refrán O lobo non come da carne que quer, senón da que houber".
Toda esta problemática, agravada pola intención da Xunta de
Galicia de sacar adiante o chamado "Plan de Xestión do lobo en
Galicia" (D.O.G. nº 166, de 29 de agosto do 200) no que as
únicas diretrices de xestión que contempla refírense a súa
explotación sinexética e ó seu control de danos, supoñen un
grave risco para a súa supervivencia. ¿Qué será do noso Xan?. ¿Voltará
ó Ribeiro?
Felipe Bárcena.
-------------------------------------------------------------
Nota da Directiva de Ridimoas: Felipe Bárcena
é un gran coñecedor do lobo na nosa comunidade autonómica e
presentou alegacións contra o Plan de Xestión do Lobo en
Galicia, fundamentadas no rigor científico das súas
investigacións ó longo de moitos anos.
-------------------------------------------------------------
Texto sacado das publicacións da
"Asociación ecolóxica cultural Ridimoas"
deste link http://www.asociacion-ridimoas.org