En Friol, en xaneiro, foi abatido, cuns procedementos que deixan
moito que desexar, un lobo, non
se sabe que lobo da manada, si era alfa o non, que
importancia tiña na manada, etc. E un longo etc. que por suposto
no saben, os cazadores.
En definitva cazadores con zero en
asesoramento, zero en coñecementos científicos, e un zero en
moitas cousas... que matan un lobo, comprometendo o futuro
da especie, xa que poden ser reproductores? .
A batida foi en Friol.
Ver este link coa noticia.
No artigo "O lobo que escribiu o
seu propio final feliz", aparecido na Voz de Galicia do
domingo 5 de febreiro,Inma Souto de Sustinea publica un
artigo que hai que leer con moita calma e meditación...
Este link hai que velo e meditalo.
Está claro que non existe unha
relación directa entre a eliminación dun individuo e a
disminución dos danos ocasionados ó gando, porque no caso de
matar ao lobo dominante, a banda perde a súa estructura e o
resto de individuos non son que de organizarse para cazar,
actuando seguidamente cada un dunha forma caótica e sin
rumbo, ou sexa de forma errática e imprevisible.
De verdade o cazador sabe a quen mata
a priori?...
Eu penso que nin idea, dados os
coñecementos que teñen, en xeral, os nosos cazadores... A
Xunta tamén parece que non está o día nin moito menos.
Resultado final: un desastre para a
comunidade e para a especie dos lobos e para nosoutros...
O lobo ten que comer e vivir, necesita
alimentarse...quere que a súa especie perviva, é o seu
obxetivo. Pois ben, si queremos ter o lobo en Galicia,
haberá que darlles de comer dalgunha forma e facer un
control de forma científica. Hoxe mal que lle pese a xente de pouca
formación, hai xente en Galicia que sabe e pode poñer remedio a estes
problemas. Eliminar o lobo
non é a forma...
Así vamos a extinción do lobo
en Galicia...
Si é certo que está habendo problemas, o luns día
6 aparecían no diario La Región queixas dos gandeiros do Macizo Central,
decindo que "cada vez hai máis lobos e que a Xunta lles volve a espalda"
...Efectivamente ese é o problema e eu, sendo de cidade, vaia tontería,
seino e sei que hai solucións si a Xunta quere e pon os medios, e tamén
paga rápido e un precio pactado cando hai e se demostra que foron
ataques de lobos...
Como remate teño que decir que, na miña opinión, o día que
o lobo non exista nas nosas serras, espero non velo nunca, lembraremos o que dixo Félix Rguez de la Fuente
no seu día:
Félix Rguez. de
la Fuente
...O
home non é un ovni que veu dunha
afastada galaxia;
o
home é un poema tecido coa néboa
do amencer, coa cor das flores,
co canto dos paxaros, co ouveo
do lobo ou o ruxido do león. O
home acabarase cando se acabe o
equilibrio vital do planeta que
o soporta. O home debe amar e
respectar a terra como ama e
respecta á súa propia nai...
(Félix
Rodríguez de la Fuente)
|
|
Saír.