Tetrao urogallus.
Pita
do monte. (Urogallo)
A pita do monte figura na miña
web da "Vida nos ríos galegos", non porque realmente se atopara a beira dos
ríos, inda que seguro que utilizaba os regos e regatos para saciar a súa sede,
si non porque é un exemplo claro do que pode pasar coa nosa natureza si abusamos
dela.
A pita do monte, que debera ser xunto có aguaneiro e a saramaganta, os emblemas da natureza de Galicia,
xa non
á temos nos nosos montes. Unha mala
xestión, dunhas Consellerías de Medio Ambiente da Xunta (en 1980
había soio 50 exemplares e non pararon a súa caza e inda por riba plantaban
especies nefastas para a vida do urogallo), foron as
culpables desta gran perda.
Para
Galicia supón un desprestixio e, por suposto, un empobrecemento material e
simbólico; e non son palabras miñas, son do V Congreso de Ornitoloxía en Galicia do 2002.
Ver características.
Saír.
A
PITA DO MONTE
UROGALLO.
Saír.
Nome científico:
Tetrao urogallus ( Linn.)
Nota importante:
no ano 2005 un grupo de
científicos das Universidad de Exter (Reino Unido), la Perla (de
Argentina), Friburgo (Alemania) y Oviedo demostran mediante DNN e outras
probas que o urogallo que habita ou habitou Galicia, León, Asturias e
Cantabría é único, ou sexa trátase dunha variedade especial e única.
Trátase polo tanto do
Tetrao urogallus cantabricus.
Reino: animalia
Filo: chordata
Clase: Aves
Orden: Galliformes
Familia:
tetraonidae Xéro: Tetrao
Especie: Tetrao urogallus.
Volver a
características
|
Nome galego
Pita do monte. Pita montesa. Urogallo. Galo do bosque.
Galo do monte. Pita da
fraga Nota: o de
pita montesa aparece no libro "Viaje por los
montes y chimeneas de Galicia" de Castroviejo y Cunqueiro.
Volver a
características |
Nome
castelán:
Urogallo, grigallo.
Volver a
características
|
Dimensións:
Orden:Galliformes.
Familia: Tetraónidos.
Especie: urogallus.
Entre 62 y 90 cms.
Podía pesar ata 6 kg. O normal son tres kg. e
medio.
O macho sobre 85 cms. , e a femia sobre 65 cms.
---O---
Trátase polo tanto dunha ave
moi grande polo menos o macho. Por eso xa desapareceu en Galicia. Pouca
defensa contra os cazadores e furtivos. O Urogallo sempre foi unha presa
doada de matar sobre todo na época do canto, como tódolos animais na
época da reproducción.
A min paréceme esta forma de matar
un auténtico roubo, e dende logo eso mismo o dicen cazadores como José
María Castroviejo (ver o punto sobre o rei alado, noutro lugar da
ficha)
Por suposto que a pita de monte voa,
pero cando está para aparearse non o fai salvo que sexa moi necesario.
Dende logo non hai dereito a rematar con esta
especie e outras en Galicia. Era o símbolo galego e hoxe (maio do 2005)
efectivamente é o símbolo de que as cousas van mal no Medio Ambiente
Galego, moi mal...
Fai trinta anos denunciaban moitos ecoloxistas que
"esta especie se estaba perdendo en Galicia a ritmo acelerado..."
A resposta da Administración foi "xa están estos ecoloxistas
esaxerando..."
O resultado está a vista: no hai pita do Monte en
Galicia.
Para
Galicia supón un desprestixio e por suposto un empobrecemento material e
simbólico, e non son palabras miñas; son do V Congreso de
Ornitoloxía en Galicia do 2002.
Dezaceis anos de goberno da Xunta
de Galicia non serviron para manter unha ave emblemática e símbolo de
Galicia. Realmente os Conselleiros de medio Ambiente Galego: o Sr. Del Alamo,
e logo o Sr. Barreiro, serán recordados, sobre todo este último como nulos...
Ver este video de Life+
urogallo cantábrico. Sensacional, esperanzador e triste ó mismo
tempo. Nel aparecen os "urogallos tolos"...Unha mágoa. En Galicia
non soupemos facelo...Hoxe non temos nada... A caza e o abandono
total da especie son o resultado...o mismo que lle está a pasar os
nosos ríos...
--o--
Nota: o noso urogallo é especial é único,
ten as plumas máis claras e é máis pequeno que o resto. E digo noso,
referíndome o urogallo que habita en Asturias, León e Cantabria, xa que
o galego que eu sepa non existe.
Volver a
características
|
Identificación:
O macho ten a plumaxe negra cincenta con
refrexos verdosos e azuados no peito. Ás acastañadas co vértice flexor
branco.
A cella é vermella.
Cando é a exhibición nupcial abre
totalmente o rabo en abano. Era incríble de bonito.
Imaxen de Lomvi.
Son características as plumas que hai
debaixo do pico, parece que é barbudo; e por suposto o pico tamén
é característico.
A femia e totalmente distinta, ten as
partes superiores castañas densamente apencadas, rabo e peito arrubiado,
partes inferiores brancas moi apencadas en crema e pardo.
Esta é a femia, nesta fotografía
marabillosa vese perfectamente...
As pitas do monte pese o seu peso
voan perfectamente e con destreza nun medio que non é fácil como poden
ser os bosques. O seu voo parte dun levantamento bastante ruidoso con
forte aleteo, para marchar monte abaixo a pouca altura. É o momento que
aproveitan os cazadores para disparar, cando previamente o can ou
axudantes levantan a peza. O tiro é fácil de facer, xa que o voo é pouco
alto e non moi rápido. Por suposto matáronse moitos urogallos no canto,
ou sexa nos cantadeiros o amencer e tamén no momento de aparearse. A
verdade é que a caza da pita de monte debera estar prohibida dende os
anos 1960, pero non foi así e hoxe non temos nada.
Cos seus dedos poden aferrarse perfectamente as árbores
e están adaptadas para vivir tanto nas árbores como no chan.
Todos os dibuxos desta
filla están sacados dos Cuadernos de Campo de Félix Rodríguez de
la Fuente. Concretamente do nº 54.
Observar que en voo ten unha pequena
zona blanca nas súas ás. Tamén observar o obispillo azul antes da cola.
Esto, xunto co vermello das cellas, é o que máis chama a atención. Por
suposto que o voo é moi pesado.
Actualmente fálase de dúas subespecies o Tetrao
urogallus cantabricus na Cordillera Cantábrica e o Tetrao urogallus
aquitanicus presente nos Pirineos. Non vou entrar na controversia que
existe actualmente sobre o anterior. As dúas son moi parecidas.
Ver este video de Life+
urogallo cantábrico. Sensacional, esperanzador e triste ó mismo
tempo. Nel aparecen os "urogallos tolos"...Unha mágoa. En Galicia
non soupemos facelo...Hoxe non temos nada... A caza e o abandono
total da especie son o resultado...o mismo que lle está a pasar os
nosos ríos...
Volver a
características
|
Alimentación:
Todo tipo de gromos e bagas de
silveiras, arandano, acivro, fieitos e tamén pequenos animais, como
insectos e ata crías de ratos.
O fundamental para a pita do monte é o arando e o acivro.
O peteiro ou pico teno adaptado para comer todo tipo de froito,
ademais de herbas e follas.
No inverno a vida da pita de monte,
é arborícola, comendo follas, como por exemplo o arume dos pinos;
tamén o acivro é non só un alimento, xa que come os froitos, si non
tamén un refuxio térmico.
Logo na primaveira xa utiliza máis
o chan comendo herbas, insectos, follas de árbores, etc. É a súa época
de apareamento. Nesta época tamén utiliza as árbores.
No verán está sempre no chan, a súa
vida é exclusicamente terrestre, e polo tanto o seu alimento e mixto
dende todo tipo de insectos ata follas e froitos.
No outono leva unha vida mixta
entre o chan e as árbores.
Ver este video de Life+
urogallo cantábrico. Sensacional, esperanzador e triste ó mismo
tempo. Nel aparecen os "urogallos tolos"...Unha mágoa. En Galicia
non soupemos facelo...Hoxe non temos nada... A caza e o abandono
total da especie son o resultado...o mismo que lle está a pasar os
nosos ríos...
Volver a
características
|
Habitats:
Piornedos e fragas de montañas nas que
o acivro lle é imprescindible no inverno. É a ave típica da fraga
caducifolia, formada por bidueiro, capudre, acivro e carballo, amouras,
landras, follas e bagas de acivro e de arando, así como frutos de
bidueiro.
O que distingue o noso urogallo é que habita
preferentemente bosques caducifolios.
Básicamente son o acivro e o arando a base da súa
alimentación.
Pero en Ourense, que existía no invernadeiro e
Trevinca, hoxe non existe.
En Lugo no Caurel hoxe (ano 2002) non existe.
A Xunta, sobre todo a anterior, a do PP, decía que
sí existía, hoxe decimos que hai indicios. Realmente moita xente
cualificada dice que non que xa non temos urogallo; así A Sociedade
Galega de Historia Natural, que falaba xa fai anos de que quedaban dúas
femias.
SEU, unha organización experta en aves, que tamén
decía que non hai ningún.
En fin, deixemos de momento en que hai indicios,
esto era o que decía o Sr. Del Alamo, xa que o Sr. Barreiro me parece
que de Medio Ambiente nada...A Xunta non lle interesa moito o medio
ambiente, de feito hoxe febreiro de 2021 nesta consellería hai
tres, ou sexa ningunha...
Ver este video de Life+
urogallo cantábrico. Sensacional, esperanzador e triste ó mismo
tempo. Nel aparecen os "urogallos tolos"...Unha mágoa. En Galicia
non soupemos facelo...Hoxe non temos nada... A caza e o abandono
total da especie son o resultado...o mismo que lle está a pasar os
nosos ríos...
Volver a
características
|
Reproducción:
O macho é territorial e polígamo.
O cortexo nupcial realizase en marzo -abril.
Aniña nunha depresión do chan ó pé dun
arbusto.
Pon de maio a xuño 6-10 ovos cremosos,
pintados de castaño que choca a femia durante 28-30 días.
Todos os dibuxos desta filla
están sacados dos Cuadernos de Campo de Félix Rodríguez de la
Fuente. Concretamente do nº 54.
Os polos ou inmaduros, o
primeiro ano son semellantes a nai.
Os polos son nidífugos, nada
máis nacer xa corren si fai falta. A partir da segunda semán xa poden
subir as árbores e voan os 20 días.
O niño fanno ó pe de árbores,
simplemente excavando un pouco e pondo unhas herbas no lugar. Incuba por
suposto a nai. O macho desenténdese de todo o que no sexa pelexarse,
cantar e aparearse.
A femia é particularmente apta para asegura-la crianza,
pois ela realiza toda a tarea. A súa librea parda y discreta otorgalle
unha perfecta homocromía coa vexetación circundante; o seu
comportamento tamén é apagado.
Polo contrario, o macho, seguro de sí mismo e máis preocupado de
chamar a atención que de poñerse a salvo, organiza un gran alboroto no
bosque e non dubida en dirixirse contra os intrusos.
Precisamente durante os momentos cumbres do canto nupcial tense comprobado que
os machos non escoitan nin oen nada de nada . Razóns de tipo
psicológico e non físicas, como antes se creía, son as que producen esta
sordeira, sumamente inoportuna, pois é o momento
que moitos cazadores (malos cazadores) aproveitan para abatir o precioso
galo de monte.
Hai que decir que unha das
características típicas do galo de monte é a súa desconfianza con todo
que é auténticamente salvaxe. Pero no cantadeiro, e namorando as femias,
esa desconfianza innata apágase totalmente e ponse a cero. Nin ve nin
escoita, é incrible...
Todos os dibuxos
desta filla están sacados dos Cuadernos de Campo de Félix
Rodríguez de la Fuente. Concretamente do nº 54.
O galo de monte na época do celo ten que
lidiar cós competidores, por suposto, por desgracia, cada vez menos.
No dibuxo unha destas pelexas que normalmente eran máis
protocolarias que outra cousa, xa que por regra xeral non salían
mancados. En sete dibuxos nos Cuadernos de Campo de Félix Rodríguez
de la Fuente vese perfectamente este protocolo: primeiro de pe coa
cola levantada, logo agazapados e coa cabeza baixa, logo a cabeza
alta, e un longo etc. que normalmente queda nada máis que en
protocolo.
A época de celo, como xa está dito,
iníciase en marzo, para nos últimos días de abril chegar o punto
culminante. Os machos acuden o atardecer os cantadeiros, trátase dunha
zona entrada no bosque, con gran arbolado, pequenos claros e zonas
herbáceas. O macho pode situarse no chan ou ben nun árbore. Faise
xerárquicamente, os machos máis vellos na zona central e os xóvenes na
periferia.
O urogallo profire gritos e cantos de
reclamo para atraer as femias, o atardecer.
Realmente o canto da pita de monte
é como un descorche de botella. Pode escoitarse perfectamente nesta
misma ficha. Noutro apartado.
O amanecer empeza de novo ata
que logra algunha femia. Un macho pode aparearse con varias femias. Unha
vez o macho ve a femia este emite cantos de 10 segundos, pavoneandose coa
cola extendida.
As ás caídas en actitude arrogante, e
cando por fín atrae a femia acurrúcanse xuntos logrando así a
copulación.
Todos os dibuxos desta
ficha están sacados dos Cuadernos de Campo de Félix Rodríguez de
la Fuente. Concretamente do nº 54.
O protocolo na copulación é todo un
espectáculo que tamén describe Félix nos seus cuadernos. O galo de
monte comenza a dar voltas o redor da femia , estimulando a súa
receptividade. A femia realiza xiros de cabeza. O galo sube e baixa
a cabeza con enerxía e por fin:
Todos os dibuxos desta
filla están sacados dos Cuadernos de Campo de Félix Rodríguez de
la Fuente. Concretamente do nº 54.
Momento no que se produce a cópula. Tras esta, a femia marcha
voando do lugar.
Neste momento é o que aproveitan os
"asasinos da natureza", cando o urogallo se pavonea do seu
logro, para matalos...
"Camiñante cuspe aquí".
Decía Celso Emilio Ferreiro.
Ver este video de Life+
urogallo cantábrico. Sensacional, esperanzador e triste ó mismo
tempo. Nel aparecen os "urogallos tolos"...Unha mágoa. En Galicia
non soupemos facelo...Hoxe non temos nada... A caza e o abandono
total da especie son o resultado...o mismo que lle está a pasar os
nosos ríos...
Ver as
fotografías
deste link, sensacionais.
Volver a
características
|
Interés:
Incríble. Penso que en Galicia debera facerse algo
para recuperar o Urogallo nos nosos montes. ¡Que menos!.
Nota: Seica o novo goberno da Xunta (setembro do
2005) pensa en criar en cautividade urogallos para logo soltalos.
Dende logo é unha medida, fai unos anos no había
ningunha, todo iba ben.
Non creo que sexa a mellor, pero é unha medida. A
cuestión estriba en que si o urogallo desapareceu de Galicia,
seguramente polo deterioro do seu medio natural, a caza, etc. mal
lle vai a ir o urogallo que se cria en cautividade. A primeira de cambio
quedamos sin el.
¿Cal pode ser a medida?.
Eu non teño a solución. Probablemente teñamos que
vedar, a todos os efectos, unha gran zona de Galicia para manter esta
ave e outras cousas.
Non teño nin idea.
Ver este video de Life+
urogallo cantábrico. Sensacional, esperanzador e triste ó mismo
tempo. Nel aparecen os "urogallos tolos"...Unha mágoa. En Galicia
non soupemos facelo...Hoxe non temos nada... A caza e o abandono
total da especie son o resultado...o mismo que lle está a pasar os
nosos ríos...
Volver a
características
|
Protección en
Galicia:
Protexida, pero xa non existe.
A especie figura no convenio de Berna e na Directiva
Europea das aves. En Galicia por suposto aparecía como especie protexida
nas sucesivas ordes de vedas dende 1985.
Peor unha cousa é o anterior e outra cuidar e vixiar.
Nestos anos Galicia foi unha auténtica deixadez, un non facer nada
efectivo e un moito para a galería en Medio Ambiente e así nos luce o
pelo.
Ver este video de Life+
urogallo cantábrico. Sensacional, esperanzador e triste ó mismo
tempo. Nel aparecen os "urogallos tolos"...Unha mágoa. En Galicia
non soupemos facelo...Hoxe non temos nada... A caza e o abandono
total da especie son o resultado...o mismo que lle está a pasar os
nosos ríos...
Volver a
características |
Distribución en Galicia:
2005
NON EXISTE
No ano 1940 estaba citada nos
Ancares, na Serra de San Mamede, no Invernadeiro e tamén en Trevinca.
En 1970 fálase de 30 machos nos
Ancares.
En 1989 o C.P.A.N. falaba de 20-30
machos. Todos nos Ancares.
En 1995 soio aparecían en Lugo na
Serra dos Ancares pero seica soio femias.
No 2005 en Galicia non existe a Pita de
monte ver as causas neste mismo link. A principal causa, dende logo, foi autorizar a súa
caza, tanto legalmente como furtivamente, no comenzo, na reproducción ou
sexa cando a pita de monte canta; e polo tanto cando non se defende en absoluto.
Foi un auténtico desastre. Logo viñeron as outras causas: a tala das
árbores, os incendios, as pistas, a nula vixilancia e un longo etc. Ver o link
anterior.
Inda que evidentemente no sexa o mismo polo corte que hai no mapa, fálase de que a pita de
monte está a punto de desaparecer en España, en Galicia xa non
existe. Menos mal que queda algo noutros lugares de Europa, inda que
no sexa a misma.
Ver
este video de Life+ urogallo cantábrico. Sensacional,
esperanzador e triste ó mismo tempo. Nel aparecen os "urogallos
tolos"...Unha mágoa. En Galicia non soupemos facelo...Hoxe non temos
nada... A caza e o abandono total da especie son o resultado...o
mismo que lle está a pasar os nosos ríos...
Volver a
características
|
Problemas da Pita de
Monte en Galicia:
Sin dúbida en Galicia desapareceu por
varios motivos: o principal a desidía ou descoñecemento dos nosos gobernantes, as alteracións do seu
habitat, as molestias dos humáns, os cazadores, os furtivos e un longo
etc. entre os que está a pouca ou nula formación do vecindario.
A principal causa, dende logo, foi
autorizar a súa caza, tanto legalmente como furtivamente no comenzo, no
canto da
reproducción ou sexa cando a pita de monte canta; cando non se defende en absoluto. Foi un auténtico desastre.
A pita de monte cazouse de tres
formas: no momento do canto, con can e levantando a peza ou sin can,
levantando a peza os montañeses e logo rematando o cazador abaixo cada
cruza a peza, o voo é lento relativamente.
Por outra banda era considerada
caza maior e ademais cós máis encendidos eloxios como: adorno de los
bosques, pasión del cazador, alado rey de la selva...e un longo etc. Era moi apreciada a súa caza e así lle foi...
En Galicia prohibiuse a súa caza ó canto, caza
primaveral en 1972, no que aumentou o número de machos ata 30
aproximadamente.
En 1995 soio quedaban femias en Galicia.
¿Qué pasou?.
A apertura de pistas incontroladas
con acceso de coches todoterreno, que son a desgracia do noso monte, as
alteracións na vexetación (corte indiscriminado de árbores), os
incendios, as talas nos acebais para ornato navideño, e un longo
etc. pero sin dúbida
o peor o furtivismo, a pouca ou nula formación do cazador galego, en
xeral ( hai excepcións pero moi poucas, o galego non mama da natureza,
non se forman os nenos na natureza e menos os maiores e así nos
vai...). En Galicia a Consellería de Medio Ambiente, e antes a de
Montes, non fixo máis que recontos de esta especie. Simplemente
prohibir a súa caza. Pero nada de nada, nin vixilancia, nin nada
parecido.
Así, no canto primaveral desapareceu o
Urogallo a mans dos furtivos e listo.
Agora témolo disecado ou nunha vitrina no Caurel
"Este Urogallo fue cazado por Manuel Fraga...", que por certo
gustaba moito destas prácticas de caza. ¡Vaia por Deus!.
¡¡¡¡ Somos incríbles!!. Entre 1987 e 1996 o
número de machos pasou de 14 a cero. A pesar de que o urogallo vive
entre 14 e 20 anos.
Outras barbaridades feitas onde había urogallos foi a caza maior, a plantación de outras especies de
árbores, en vez de plantar acebos, arandeiras, robles, abedules...pñois
eucaliptos e outras, auténticas salvaxadas que nos levan a situación
actual.
¿Que se pode facer?.
Os galegos nada, esperemos que asturianos e
cántabros sexan mellores coa natureza, que o son sin dúbida. Nos non sabemos ou non
queremos... De
tódolos xeitos penso que a Consellería de Medio Ambiente debera facer
algo nos Ancares e no Invernadeiro, así como no Xurés. Pero algo ben
feito e non chapuzas para sair na foto como se fai hoxe en día (
xaneiro do 2001) . As chapuzas siguen en
maio do 2005. A Voz de Galicia do día 6
de maio do 2005 dice que quedan unha docena en Lugo, nos Ancares. Sin
duda están as eleccións moi preto, xa que os urogallos deixaron de
existir en Galicia no 1996.
Esta fotografía é un documento excepcional. Mostra
dous machos adultos de pita do monte retándose na espesura do bosque. A
fotografía é de José Francisco Mingorance é unha foto histórica sin
lugar a dúbidas. É probable que non se volve a repitir nunca.
La Región do día 2 de agosto do
2010 xa trae o artigo que fala da súa desaparición en Galicia e
das súas causas, este artigo vexo que a causa principal da súa
desaparición foi o cambio climático. En fin, despois do escrito
máis arriba está claro cales foron as causas.
Para chorar...
Ver este
video de Life+ urogallo cantábrico. Sensacional, esperanzador e
triste ó mismo tempo. Nel aparecen os "urogallos tolos"...Unha mágoa.
En Galicia non soupemos facelo...Hoxe non temos nada... A caza e o
abandono total da especie son o resultado...o mismo que lle está a
pasar os nosos ríos...
Volver a
características |
O canto do Urogallo:
Pulsar para
oir o urogallo.
O canto do urogallo está sacado deste link
páxina
web dun aficionado (xa non funciona en 2013) e amante do urogallo, hai un fichero mp3 que
reproduce o sonido desta ave perfectamente.
O canto é unha especie de descorche de botella
seguido de susorros inconfundibles.
De todas formas pódese oir perfectamtne
neste link de
xeno-canto.org.
Os cantadeiros son lugares apropiados do bosque
que cumplen determinadas condicións. Debe estar abrigado e debe ser un
lugar que permita oir o canto a distancias grandes. Normalmente estaban
a 1.300-1.400 metros de altitude.
O territorio do cantadeiro é por suposto de
alta conflictividade e son moi defendidos pola pita de monte.
A pita de monte pode estar no cantadeiro a ras
do chan ou subido a un carballo o unha faia por exemplo.
Ver este video de Life+
urogallo cantábrico. Sensacional, esperanzador e triste ó mismo
tempo. Nel aparecen os "urogallos tolos"...Unha mágoa. En Galicia
non soupemos facelo...Hoxe non temos nada... A caza e o abandono
total da especie son o resultado...o mismo que lle está a pasar os
nosos ríos...
Volver a
características
|
O urogallo en España, abril do 2.001:
A fotografía é dun urogallo cantábrico
e aparece na revista Biológica de maio do 2001.
Dice que en 30 anos si non se toman
medidas pode extinguirse. No Principado de Asturias hai actualmente dos
229 machos de 1983 quedan únicamente 51. En Somiedo soio hai 20
exemplares. Según José Ramón Obeso, director científico del Proyecto
Diagnóstico de Conservación del Urogallo Cantábrico "ninguna
otra especie de la fauna española ha experimentado tal declive,
hablamos de la desaparición de casi la mitad de la población en una
etapa realmente corta"
En León ocurre o mismo. En
Galicia xa non hai.
A situación é dramática en
abril do 2001. Últimas noticias, según a Sociedade Española de Ornitología (SEO) soio
quedan 500 exemplares desta ave endémica en España, xusto a mitade de
fai 18 anos. Esta sociedade pon a fecha de desaparición no ano 2020.
Urogallo cantábrico.
Ver a fotografía do
orogallo macho en grande, xa quedan poucos.
Ver este video de Life+
urogallo cantábrico. Sensacional, esperanzador e triste ó mismo
tempo. Nel aparecen os "urogallos tolos"...Unha mágoa. En Galicia
non soupemos facelo...Hoxe non temos nada... A caza e o abandono
total da especie son o resultado...o mismo que lle está a pasar os
nosos ríos... Tamén
ver a fotografía sensacional da femia.
Volver a
características
|
A perla negra en peligro en España, abril do 2004
Inda que a nivel global, en toda a
súa distribución en Europa, non se considera amenazada (UICN, 1996), xa
que hai moitos en Rusia, por exemplo, en España, si o está. No 2001
estimábase na Cordilleira Cantábrica entre 500-600 exemplares; nos
Pirineos sobre 650. O mellor actualmente é Asturias. Hoxe a cousa anda
moi mal.
O mellor en España sitúase no
Pirineo catalán, fundamentalmente en Pallars.
Hai moita fragmentación entre as
poblacións Cada vez teñen menos bosque, o que leva a que os cantadeiros
estean nos bordes e polo tanto unha maior presión. É importantísimo a
conservación dos bosques e cada vez van a menos. Nos Pirineos a
proliferación das estacións de esquí resultan un grave problema. Os
furtivos siguen existindo a tope. Pistas forestales por tódolos sitios,
circulación de vehículos todoterrenos, Parques eólicos, en fin un
desastre. O cambio climático tamén afecta a esta especie.
Realmente teno dificil.
Ver este
video de Life+ urogallo cantábrico. Sensacional, esperanzador e
triste o mismo tempo. Nel aparecen os urogallos tolos...Unha mágoa.
En Galicia non soupemos facelo...Hoxe non temos nada...
Volver a
características |
O sentir sobre o urogallo
de
Félix Rodríguez de la Fuente. 1969
Cuaderno nº 54 dedicado ó Galo de monte.
Feito no verán de 1969 precisamente nos
Ancares en Lugo
Que pouco caso se lle fixo a un home que
avisou con tempo do que podería pasar.
Realmente lendo o prólogo do cuaderno dase un
conta do que hubéramos ganado de facerlle caso.
Todos os dibuxos desta
filla están sacados dos Cuadernos de Campo de Félix Rodríguez de
la Fuente. Concretamente do nº 54.
Prólogo del cuaderno nº
54
El urugallo no
sólo es tema de estudios ornitológicos. En los últimos
tiempos, se ha transformado en polémica noticia de los
periódicos. Y es justo que millares de voces proteccionistas
se hayan alzado en favor del místico gallo del bosque,
porque dificilmente puede concebirse una criatura que
sintetice el misterio, la solemne belleza, la récia
melancolía del bosque cantábrico como el urogallo.
Respetamos y comprendemos la pasión ancestral de la caza.
Pero todo buen cazador es implacable en el respeto a su
propio código de disciplina venatoria. Ya se han matado
bastantes urogallos. Ya hay suficientes trofeos decorando
salones y bibliotecas de nuestros pro-hombres. Permitamos
que el resto de nuestras tetraónidas disfruten de lo poco
que les queda de sus últimos paraisos ibéricos. No olvidemos
que los urogallos españoles, tanto los pirenáicos -como los
cantábricos- particularmente estos últimos, son poblaciones
aisladas, restos cuaternarios de un grupo ornítico que
prosperó en las taigas glaciales y permanecen prisioneros de
nuestros bosques de montaña, con el mismo valor prehistórico
y paleozológico que puedan tener las pinturas de los bisones
de Altamira. Con la particularidad de que los urogallos
están todavía vivos. |
Volver a
características
|
O urogallo languidece sin
machos.
Un estudio feito por científicos e publicado polo
portal SINC e a Revista Conservation Genetics revela e demostra que
a desaparición da Pita de Monte ten unha causa clara que é a caza
dos machos que tuvo lugar nos últimos anos. Unha caza nefasta que
levou a matar os machos, de forma moi fácil en época de
reproducción, As femias teñen menos posibilidades de reproducirse e
a especie está a desaparecer.
Sobre 500 exemplares en España da nosa especie
Tetrao urogallus cantabricus.
por suposto en Galicia, coa xestión nefasta do medio ambiente,
con xente que nin idea, polos anos ochenta, noventa do século XX,
cero patatero, non hai ningún.
A caza está detrás desta desfeita, coa morte dos
machos e quedar as femias, algunha parece que se viu por Galicia,
soas, Aparte da endogamia que produce as poblacións illadas.
Según este estudio as razóns son, resumindo: a
caza, a acción human sobre a paisaxe (tirando árbores básicos para a
pita de monte e plantando burradas como pinos e eucaliptos) e a
endogamia o ser poblacións moi illadas entre si.
Ver este video de Life+
urogallo cantábrico. Sensacional, esperanzador e triste ó mismo
tempo. Nel aparecen os "urogallos tolos"...Unha mágoa. En Galicia
non soupemos facelo...Hoxe non temos nada... A caza e o abandono
total da especie son o resultado...o mismo que lle está a pasar os
nosos ríos...
Volver a
características
Bibliografía da ficha:
Fontes da ficha ou libros usados:
GUÍA DAS AVES DE GALICIA, DE Xosé María Penas
, Carlos Pedreira e Carlos Silvar.
REVISTA QUERCUS de Octubre 2000,
onde saquei algunhas fotografías e moitas ideas da ficha, aparte de datos
estadísticos.
ATLAS DE VERTEBRADOS DE GALICIA, TOMO II AVES. da
colección do Patrimonio Ecolóxico. Realizado pola Sociedade Galega de
Historia natural. 1995.
CUADERNO DE CAMPO: GALLOS DEL MONTE. de
Félix Rodríguez de la Fuente. Artel 1970.
VIAJE POR LOS MONTES Y CHIMENEAS DE GALICIA José
María Castroviejo y Álvaro Cunqueiro. Edicción La Voz de Galicia 2001.
Ver este video de Life+ urogallo
cantábrico. Sensacional, esperanzador e triste ó mismo tempo. Nel aparecen
os "urogallos tolos"...Unha mágoa. En Galicia non soupemos facelo...Hoxe non
temos nada... A caza e o abandono total da especie son o resultado...o mismo
que lle está a pasar os nosos ríos...
Volver a
características
Fotografía.
|
Fotografía da revista
Quercus. Descoñezo o autor.
Esta ficha é a miña pequena contribución a
enzalzar unha ave emblemática dentro de Galicia e que xa non existe.
Esperemos que os asturianos e cántabros sexan máis sensibles coa
natureza que os galegos.
Video moi interesante:
|
Volver a
características
|
|