Aves  ameazadas en Galicia.

Moitas aves son as que están ameazadas hoxe en Galicia, algunhas como a Pita do Monte (Urogallo) xa non existen na Comunidade Galega, outras como o Arao (mariño) están a punto de desaparecer. No que sigue é unha lista con algunhas ( Fonte: Susana Cortón . Voz de Galicia 01-10-2000 polo día das aves), moitas como o arao non se verán a beira dos ríos, pero non por eso se debe deixar de reivindicar o seo dereito a vida :

 

Nome Cient. Nome Vulgar Ameaza. Fotografía.
Vanellus vanellus

(En Galicia vense algunha no Limia, pero poucas). Quedan ou permanecen 50 parellas na Limia, o resto nada.

Avefría.

Avefría.

EN PELIGRO DE EXTINCIÓN TOTAL.

Problemas có Turismo.

Problemas coa desecación de humedais.

..      
Anas crecca

(Vese algunha nas Gandaras de Budiño e no Louro, soio hai entre 14 a 16 parellas en Galicia)

Cerceta.

Cerceta Común.

EN PELIGRO DE EXTINCIÓN TOTAL.

Problemas có Turismo.

Problemas coa desecación de humedais.

 

       
Tetrax tetrax

(En Ourense vense algunhas polo Limia e na zona de Verín).

Quedan 50 parellas en Galicia.

Sisón.

Sisón.

EN PELIGRO DE EXTINCIÓN TOTAL.

Problemas coa caza e o furtivismo.

Problemas polo abandono dos Cultivos.

Problemas coa explotación forestal.

       
Burhinus oedicnemus

(Vese pola zona do Salas e do Tamega).

Pernileiro.

Alcaraván

EN PELIGRO DE EXTINCIÓN TOTAL.

Problemas coa caza e o furtivismo.

Problemas coa explotación forestal.

       
Columba livia

(Vense poucas, pero por toda Galicia). Sobre 26 parellas son as que quedan en Galicia.

Pomba brava.

Paloma Brava

EN PELIGRO DE EXTINCIÓN TOTAL.

Problemas coa caza e o furtivismo.

Problemas de cruces entre especies de palomas.

Abandono de cultivos.

       
Tetrao urogallus

(Dice que quedan algúns no Caurel, en Galicia penso que xa non existe.).

Urugallo

Pita do monte.

Ver características.

EN PELIGRO DE EXTINCIÓN TOTAL.

XA NON EXISTE EN GALICIA.

Desenrolo turístico.

Caza e furtivismo.

Construcción de pistas.

       
Uria aalge

(prácticamente no quedan). Quedan en Galicia sobre 11 parellas. A punto de morte total.

Arao común

Arao alibranco.

EN PELIGRO DE EXTINCIÓN TOTAL.

Caza e furtivismo.

Sobrepesca e uso de artes non selectivas.

       
Aquila chrysaetos

(Quedan algunhas dende o Caurel ata o invernadeiro. Sobre tres parellas en toda Galicia. Un desastre.)

Aguila real

Aguia real.

EN PELIGRO DE EXTINCIÓN TOTAL.

Expolios de niños.

Incendios.

       
Caradrius alexandrinus

(Soio se atopan algunhas no litoral Galego dende Ribadeo ata a Guardia.)

Pillara papuda.

Chorlitejo Patinegro

EN PELIGRO DE EXTINCIÓN TOTAL.

Destrucción habitat.

Desenrolo Turístico

Expolio de niños.

Perros soltos.

       
Pyrrhocorax graculus

( Realmente xa non hai constancia de que exista en Galicia).

Está prácticamente desaparecida dos ríos interiores.

Choia biquivermella.

Chova piquirroja.

EN PELIGRO DE EXTINCIÓN TOTAL.

Abandono de cultivos.
       
Perdix perdix

(Quedan algunhas na zona de Vilariño de Conso e o Invernadeiro)

Perdiz Pardilla

Perdiz charrela.

EN PELIGRO DE EXTINCIÓN TOTAL.

Non hai datos.

A caza e o furtivismo.

Abandono de cultivos.

       
Gallinago gallinago

(Podría atoparse por toda Galicia, pero hai poucas)

Agachadiza común

Becazina cabra.

EN PELIGRO DE EXTINCIÓN TOTAL.

Desenrolo turístico.

Caza e furtivismo.

Desecación de humedais.

 

CALES SON AS CAUSAS DE ESTE DESASTRE:

Hai moitas, na miña opinión:

  • A nula formación en natureza da población galega. O avance económico non foi parexo co coñecemento da natureza. Hoxe os domingueros, as motos, os todoterrenos, os cazadores e un longo etc.  fan auténticos estragos na natureza. O sentido común ético non existe a nivel colectivo e cada día menos...Unha fatalidade que xa ten nome actualmente (ver o libro de Rolf Dobelli "El arte de pensar").

 

  • A desaparición de humedais. O meter pista por tódolos sitios. Os parque eólicos...

 

  • A contaminación dos ríos.

 

  • A desaparición de cultivos.

 

  • Os pesticidas. Estos están a rematar moita flora e moita fauna en Galicia. Estos dias, maio de 2013, cando volvo a ler este apartado,  estanse a prohibir tres deles xa que rematan coas abellas...

 

  • A contaminación das augas de todo tipo (subterraneas e outras). O envelenamento do monte,  de moda estos días e sempre. En Valga, e parte da Costa Galega,  apareceron trozos de carne con estricnina e incluso con alfileres e agullas. A que extremos estamos a chegar?...

 

  • A caza indiscriminada ( xunto cunha preparación nula do cazador en xeral)  e os furtivos ( que chegan a todas partes cos seus todoterreno...lamentable).

 

  • A nula vixilancia. O galego fai o que lle da a gana. A vixilancia é nula.

 

  • etc.

 

A verdade é que non son optimista coa natureza galega e por eso escribo esta www en defensa dos ríos e todo o que rodea os mismos. Están atacados de morte e repito non son optimista...mentras o galego non se forme de base...

 

No ano 2005 parece que hai un raio de esperanza...esperemos haber que pasa...

No ano 2013 ese raio de esperanza vexo que non existe. Quero equivocarme...

Confio nos nenos de hoxe, nos que se preocupan por formarse e coñecer de primeira man o noso medio pero, chegarán a tempo? de parar esta morte diaria?.

Saír