Lenda da ponte romana do río Miño

en Ourense.

 

A ponte maior de Ourense, río Miño. En tempos seguramente de madeira e moito máis baixa. Fotografía de Secundino Lorenzo.

 

Texto copiado do libro "Ourense unha provincia singular, enigmática e sorprendente". Deputación de Ourense 2013. Varios autores. (Este trozo pertence a Juan Andrés Hervella.)

 

..."Lendas fantásticas ou de encantamentos".

Ponte romana ergueita polos deuses.

A mitoloxía grega está repleta dun gran cartel de deuses. Zeus, o rei dos deuses, rodeábase dun numeroso grupo de entidades menores que se repartían a dirección e mais o goberno do mundo antigo e que moraban no cumio do monte Olimpo. Así como nos humanos a guerra foi, desde sempre, a súa fiel compañeira, outro tanto aconteceu co comportamento dos deuses da antigüidade que, desoíndo os atinados consellos de Zeus, se enfrontaron uns con outros, favorecendo ou perxudicando os humanos. Así, tras a destrución de Troia polos gregos, varios troianos se espallaron polo mundo na procura de novas terras.

     Dende sempre se lles atribúe a fundación da vella ponte aos romanos e verdadeiramente esto é certo, dado que, aínda na actualidade, se pode apreciar a súa base orixinal almofadada; no obstante, con toda probabilidade, antes da actual construción, existiron outras máis sinxelas, probablemente de madeira que, evidentemente, co paso do tempo, deixaron de existir.

      Unha lenda moi antiga fálanos da persecuación dun heroe troiano que, fuxindo dos gregos, se refuxiou nas terras galegas. Conta a fermosa lenda que chegado o perseguido a un abraiante val regado, por un caudaloso río, quedou namorado do fermoso lugar e fixo del a súa residencia de por vida. O gran río, coa súa abondosa pesca, alimentaba dabondo a toda a súa familia pero, ollando para a outra beira vía que a abundacia de froita silvestre quedaba fora do seu alcance. Unha noite, baixo o efecto dun sono, aparecéuselle o seu deus protector que lle pometeu construír unha gran ponte para que poidese cruzar o caudaloso río. Meu dito, meu feito e, o erguer de mañanciña, atopou unha ponte de madeira que cruzaba o canle do río de beira a beira. Conta tamén a lenda que no mesmo momento da morte do heroe, unha gran crecida levou a ponte ergueita, nunha noite, polo deus benfeitor...

   

    galicia.gif (2685 bytes) Volver  lendas Miño.

   galicia.gif (2685 bytes) Volver lendas ríos