Cada remadela, sete leguas,

 unha lenda de bruxas.

 

 

Bendicindo as redes no baixo Miño, unha demostración mais dos mitos e lendas que había no río Miño e nos pescadores. A fotografía é de J. Ramón e aparece no libro que poño o final.

Dice Eliseo Alonso o seguinte sobre esta lenda de bruxas, copio literalmente:

 

..."Cada remadela, sete leguas", una leyenda de brujas

 

   Relacionada con los barcos conocemos una leyenda de brujas, que de un modo muy semejante también se cuenta en el río Cávado, en el norte de Portugal. Voy a darla en gallego, tal como me la han contado:

   "O barco -comenzó el narrador- nunca estaba como o seu patrón. o Sordo, o deixaba no amarradoiro do Cotro de Forcadela. Desaparecía polas noites como por encantamento. Na víspera de San Xuan, o barqueiro resolveu esconderse na secreta e esperar  a chegada da noite. Foi nese intre cando alguén fozou no candado, e parecía que era un home e unhas cantas mulleres. Logo comprendeu que o barco estaba no dominio das meigas.

Xa iban río abaixo e ao pasar a barra ouviu que decían: "cada remadela, sete leguas, como acompañando o bogar do barco que corría coma unha centella. Dalí a pouco, outra voz observou: "Cheirame aqui a home vivo". "Deixa ir a quen vai", respondeulle outra, que era a sobriña do barqueiro.

     Xa non había duda -siguió el narrador- que eran as bruxas ao mando do seu señor, o cornudo cabrón. Navegaron moito tempo, repetindo sempre aquilo de "cada remadela, sete leguas", hasta có barco atracou nunhas illas cheas de palmeras e bananas. Ali baillaron, en coiro, no areal, e o barqueiro, o Sordo, viu que moitas daquelas catraitas eran as suas veciñas.

     Namentras o baillarico seguía arredor do cornudo, él resolveu cortar unha palma e esconderse de novo no barco. Cando viñan de volta, as bruxas descubrírono, pero él fixose o dormido, e a sua sobriña opúxose a que o lanzasen o mar. Chegaron ao Cotro de Forcadela, e soupo que aquela palma era das Illas Canarias, a onde as bruxas o habian levado. Logo, no día da festa, presentáronse todas, levando ramiñas de palma na solapa. O Sordo tamén se presentou, levando a sua palma na solapa, para demostrar que non iba dormido e que sabía todo. As bruxas empeñáronse en regalarlle un chaleque, pero él, desconfiado, púxollo o can, que saiu a correr, ouveando, e afogou na barra.

 Paréceme que tudo isto non pasa dunha historia...", remató diciendo el narrador.

 

Nota: o texto anterior está sacado do libro "Pescadores del río Miño (Tramo gallego-portugués)"  de Eliseo Alonso Excma. Diputación de Pontevedra 1989. Un libro no que se recopilan moitas cousas sobre o río Miño, a súa vida, pesca, as xentes, lendas etc.

        

   galicia.gif (2685 bytes) Volver  lendas Miño.

   galicia.gif (2685 bytes) Volver lendas ríos