Odonato (Anisóptero).
Besbello. Ninfa de Libéliña.
Larva de Libeliña (Odonato-Anisóptero).
Desta
larva sae a libélula (Cordulegaster boltonii, quitaollos común).
Chámase en Galicia Besbello.
"A súa existencia nun río é o principal indicador
de que o río está san."
Non
confundir as larvas de libeliñas e gaiteiros.
Hai miles de insectos no leito do
río e por debaixo das pedras. Estos insectos marcan, sin lugar a dúbidas
a vida dun río xa que sirven como alimento, entre outros peixes, para as troitas.
A da
figura é moi coñecida, trátase do besbello e
sobra que diga que é un cebo espectacular e moi efectivo para pescar a troita.
Pero o lector que chega ata este punto debe saber que a existencia
destas son o alimento básico das nosas troitas.
Por debaixo de moitas minicentrais de Ourense estos insectos non existen
¿ Por qué?.
A larva de libeliña, o odonato
(Anisóptero) que tamén chamo besbello é moito maior que a de gaiteiro y
dende logo con moita máis forza.
|
|
Eiquí hai besbellos. Fotografía do traballo
Andrés Sierra na revista Trofeo Pesca do mes de maio do
2001.
|
Outro besbello. Fotografía do traballo Andrés
Sierra na revista Trofeo Pesca do mes de maio do 2001.
Tamaño moi aumentado.
|
Tamaño natural
As duas teñen mandíbulas pero mentras
o besbello (Odonato anisóptero) caza por vista, e moi rápido e moi depredador o outro o do
gaiteiro caza por aproximación e en base as antenas, é polo tanto moito
máis lento.
|
Eiquí vese unha libeliña (Cordulegaster
boltonii, o quitaollos común, que é a maior libeliña que hai en
Galicia) e a súa larva que eu chamo besbello. Estas larvas
polo día entérranse debaixo das pedras e area e pola noite cazan
outros insectos e gusanos. Teñen fortes patas que se agarran moi
ben o leito do río.
As fotografías son de Gunter Steinbach.
|
O aspecto do besbello e moi variable
dependendo do estado da ninfa, xa que pode botar no río ata cinco anos,
cambiando moito de aspecto, dende o marrón ata o verde.
O besbello é, polo menos en Galicia, o
cebo ideal para as troitas, montado en anzó dende con un mínimo do núemro
10, xa que menor é ilegal polo menos no ano 2008. Hai que pensar que as troitas aliméntase preferentemente deste
cebo, cando abonda no río.
|
Eiquí vese unha libeliña (Golfus
vulgatissimus) e a súa larva que eu chamo tamén
besbello. Estas larvas polo día entérranse debaixo das pedras e
area e pola noite cazan outros insectos e gusanos. Teñen fortes
patas qaue se agarran moi ben o leito do río.
As fotografías son de Gunter Steinbach.
|
É típico en Galicia o dito de "Por San Antón deixa o besbello e colle o saltón" que explica coa sabiduría do ribereño cando se pode pescar con este cebo.
De tódolos xeitos unha clasificación
dos odonatos é a seguinte: