Larva de Tricóptero.
O Casullo
(casulo) . Tricóptero.
Tricóptero.
Adulto do casullo.
O
casulo na súa coroza ou estoxo.
¿ Quen non coñeces o casullo?.
¿
Non o coñeces?. Pois non eres pescador de peixes e non sabes o que te perdes.
O casullo que é unha larva que vive no fondo do río, atópase, si o
río esta limpo e non hai minicentrais que deixen sin auga o río, en tódolos regatos de
Galicia, sempre que a auga esté limpa.
Esta larva fabrica o seu casulo (estoxo) con materiais diversos, como pedriñas
ou pauciños, teñen unha glándula que producen seda e así viven. De adultos
convírtense en voadores. É incríble. Haino por exemplo a miles no Navea en Chandrexa e no Salas en Randín (
Ourense) . O gusaniño que teñen dentro é un cebo especial para os peixes.
Nesta ficha aproveito para ver as características
xerais dos tricópteros
poñendo un exemplo.
Características.
Saír.
O casullo:
características.
Os
tricópteros
Nome
científico |
Nome
científico:
Limnephilus sp.
Taxonomía:
Reino: animalia
Clase: Insectos
Orden: Tricóptero
Familia:
Limnephilidae Xénero: Limnephilus
Especie: Limnephilus ??
Nota: este tricóptero que aparece
nesta
fotografía no río Navea en Ourense, penso que se trata
desta especie pero non teño a seguridade. En calquera
caso as propiedades dos tricópteros que aparecen a
continuación pódense aplicar a esta especie.
Os limnephilos ó que perteñece son
unha familia de tricópteros moi abundante en Galicia
pero teñen nada menos que doce xéneros e 30
especies.Casi nada...
Ir a características
|
Nome
galego |
Nome galego
Casulo. Casullo.
Coroceiro.
Ir a
características |
Nome
castellano |
Nome
castelán:
Tricóptero. Limnefílidos.
Ir a
características
|
Dimensións |
Dimensións:
Nesta fotografía o tricóptero está fora do seu
casulo.
Hai xente que o casulo ou
casula chámanlle estoxo, eu penso que non é correcto, pero bueno non
discuto sobre estos temas, simplemente apunto de toda a vida o nome
de casulo, casullo casulla, casula. Agora estoxo.
Entre 1 e 1,5 cms. como moito.
No río viven sobre un ano.
Ir a
características
|
Os tricópteros en
xeral: |
Os tricópteros en Xeral:
Os tricópteros ou frigáneas son insectos que de
adultos parecen polillas:
Tricóptero adulto: Potamophylax cingulatus.
Teñen dous pares de ás membranosas e recubertas de
pelos que plegan sobre o corpo en forma de tellado.
Os adultos son polo tanto voadores e normalmente
están a carón dos ríos onde vive a súa larva e a súa pupa, que son
acuáticas.
As larvas distínguense de outras moitas, ver a
fotografía:
Teñen o final dous apéndices, falsas patas, con
uñas.
O casulo ten dous apéndices o final có que se
suxetan o estoxo ou coroza no que viven. Estos apéndices chámanse
pigópodos e repito están situados o final do corpo. De feito o casulo
resístese a saír, pola miña banda teño doado parto a coroza e listo...
Viven en todo tipo de augas doces, sobre todo
limpas e frías e ben osixenadas.
Viven dentro dun caparazón, chamado casulo, que
teñen a virtude de elaborar con seda e diversos materiais.
Trátase duns estuches que fan con
elementos que teñen no entorno no que viven.
Este é o estuche, canutillo ou
casulo. Pero hai tricópteros que teñen casulos moi curiosos, todo un
mundo. Incluso tamén os materiais.
A maioría viven así, un, dos ou
como moito tres anos.
Unha vez que finaliza a vida de
larva, pasan a de pupa y desta pasa a adulto.
Os adultos son de voo torpe e forman
enxames moi grandes de reproductores, incluso sin alimentarse,
normalmente a noitiña, e logo fan a copulación coas femias que finalmente
poñen os ovos e volta a empezar.
En Galicia están citadas 147
especies perteñecentes a 18 familias, dentro dos tricópteros, dos cales
os limnefílidos teñen unha ampla representación cunha trintena de
especies.
Non é raro que collera polo tanto
un exemplo desta familia.
Os tricópteros están sendo
sistemáticamente estudiados en Galicia dende 1977.
Seica un tercio das especies
citadas son endémicas de Galicia, son polo tanto moi importantes.
Ir a
características
|
Identificación: |
Identificación:
Na fotografía vense unha docena
de casullos no leito do río.
É doado identificalos polo
menos mentras están dentro do casulo. Este está no leito do río e
xeralmente ten a forma que aparece na miña man na fotografía seguinte.
Hai distintos
tipos de casulos.
Casulo atopado no río Navea, moi
feitiño...Normalmente son tubulares e levan fragmentos de area, pauciños,
e outras...
As que viven en correntes rápidas teñen
esta forma, as que viven en medio lénticos usan tamén vexetais.
Normalmente aliméntanse de restos
vexetais.
Si está fora tamén é doado xa que
no abdomen teñen 9 segmentos, dispoñen como tódolos insectos de 6
patas. Nas ás tenas cubertas de pelo, de ahí lle ven o nome, xa que os
pelos chámanse tricos.
Na fotografía, do autor da www,
no río Navea en Chandrexa-Ourense, vese un casullo no mesmo río.
De feito o bichiño que había
dentro está na miña man na fotografía seguinte.
Nesta fotografía está o
bichiño, por suposto moi aumentado, xa que o casullo non ten máis dun
cm. aproximadamente. Fora do casulo está moi desprotexido...
Duran sobre un ano o proceso na
forma acuática.
Logo fora xa
boan e a característica máis importante é
que as ás están pegadas o corpo.
Este xa é o adulto.
Ir a
características
|
Alimentación: |
Alimentación:
Comen restos de follas
preferentemente, pero comen de todo. A súa alimentación utiliza
preferentemente os restos das árbores que hai na zona e que caen o río,
follas, ramas etc. Esto
xustifica que o principal período de crecemento destes tricópteros sexa
o outono e a primavera.
Ir a
características |
Habitats: |
Habitats:
Leito do río Navea,
observar por riba da roca a cantidade que hai de casullo.
No leito dos ríos,
xeralmente en tramos lentos.
Poden perfectamente estar tamén na corrente.
Defeito poden amarrarse a pedra onde están en base
a unha seda que fabrican e que os manterá ligados a onde queiran.
Cando se convirte en imago e voa o
caer a auga da saltiños o que axuda moito a identificala de cara a
pesca.
Ir a
características
|
Apareamento: |
Apareamento
Ten lugar fora da auga pero
en terra, non como as efémeras que fan bailes por riba da agua voando e
apareanse. Os tricópteros fanno en terra firme ou ben nas ramas e demais
das beiras dos ríos.
Na fotografía sacada do libro, como a
maioría da ficha, "Macroinvertebrados de las aguas dulces de
Galicia" de Marcos A. González e Fernando Cobo; vese unha posta
de tricóptero.
A femia pon os ovos en masas
xelatinosas que se pegan as rochas.
Ir a
características
|
Vese
nos meses: |
Vese
nos meses de...
De maio a setembro.
Ir a
características |
Interés: |
Interés:
Son moi importantes no
río. A súa presencia denota que as augas están limpas, xa que son moi
sensibles a porquería. Tamén denota si as augas siguen a súa corrente
normal, por debaixo das minicentrais o casullo desaparece.
Nos estudios
de impactos ambientais das minicentrais non figura este estudio, pero
xa chegará o momento . En Galicia os estudios de impactos ambientais
son de coña e de xuzgado de garda.
Ir a
características
|
Metamorfosis: |
O paso de larva a pupa a
adulto:
Trátase dun insecto con metamorfosis
complexa (holometábolos), xa que os novos, neste caso os casullos (
parte de abaixo, son acuáticos) non se parecen en nada os adultos neste caso un
tricóptero, neste estadio chámanse ninfas. De novos chámanse
ninfas e de adultos imagos.
O paso
dun a outro é unha auténtica marabilla da natureza.
O ciclo pode facerse nun ano aproximadamente, inda que
hai tricópteros que tardan máis.
Ir a
características
|
Protección: |
Protección:
A verdade é que me facía unhas
cosegas moi grande este bichiño...Fotografía do día 9 de maio do 2006 no
río Navea.
Non están protexidos.
Ir a
características |
Curiosidades: |
Curiosidades
Sin dúbida un cebo para o
peixe extraordinario. Tamén para a troita.
Os casulos larvarios son relativamente
grandes e feitos de todo tipo de material, pero dende logo moi ben
feitos.
Os membros desta familia viven nos
ríos en aguas lentas si é posible, inda que eu teño visto casullo en
augas rápidas, no fondo ven amarrados.
Unha anécdota no pobo de Grixo, en Villavidal,
Ourense.
Non fai moito o día 14-06-2002 fun de pesca có meu
compañeiro Felix o río Arnoia, por Grixo, nese pobo tuvemos un
informador de excepción, deses que ademais de informar, e facelo ben, son
ademais bós coñecedores do río. Pois ben, chámase Narselio
e falounos de moitas cousas, dende unha troita chamada
"Isabel" que había nun dos pozos do Arnoia, sobre 8 kg, ata o
nome dun bichiño có que seica sacou moi boas troitas, que
resultou ser o casullo, por esa zona chámase "COROCEIRO" de
coroza, aquelas gabardinas de palla que puñan fai anos os galegos.
Gracias Narselio pola túa información e pola túa
amabilidade. Sei que non será doado que algún día chegues a leer esto,
inda que pode ser, pero é o mesmo...Gracias.
Un día destes iremos de pesca xuntos.
Ir a
características
|
Tipos de tricópteros en Galicia
Algúns tricópteros galegos.
Hai moitas familias de tricópteros en
Galicia: Glossosomatidae, hydroptilidae, Rhyacophilidae,
ecnomidae, hydropsychidae, Philopotamidae, polycentropodidade,
psychomyiidae, Beraeidae, Brachycentridae, calamoceratidae,
Goeridae, Helicopsychidae, lepidosmatidae, leptoceridae,
limnephilidae Odontoceridae, Phrygaenidae, sericostomatidae,
Uenoidae.
Todas estas familias de tricópteros están
estudiadas no libro "Macroinvertebrados de las aguas dulces de
Galicia" de Marcos A. González e Fernando Cobo. Hercules
Edicións. 2006.
Algúns exemplos de
tricópteros galegos.
Familia |
Especies-detalles |
Fase acuática |
Fase voadora |
Glossosomatidae |
Glossosoma, Agapetus, Synagapetus.
Forma de grano
de café.
Pedras e rocas.
Tres xéneros en Galicia. |
|
|
Rhyacophilidae |
Non fan refuxios ou casulos,
móvense libremente entre a vexetación do fondo.
Un xénero e 11
especies. Esta é
rara, pero vese en regatos de montaña |
Rhyacophila obelix |
|
Rhyacophilidae |
Os rhyacofilos, como larva,
son moi usados en León, polos expertos en pesca de sempre, sobre
todo esta variedade verdosa. Seica é bastante duro como cebo. Un
pouco pequena. |
Rhyacophila sp. |
Rhyacophila tristis. |
Hydropsychidae |
Casulos máis pequenos.
10 especies e tres xéneros
en Galicia |
|
|
Philopotamidae |
Larvas que viven no interior de redes.
Tres
xéneros e 10 especies |
Philopotamus perversus |
Philopotamus montanus |
Brachycentridae |
Asociado a musgos. |
Brachycentrus subnubilus |
|
Helicopsychidae |
Soio unha especie galega
Fai un casulo en forma
helicoidal.
Moi curiosa |
|
|
Limnephilidae |
É a familia máis amplia, xa que en
Galicia aparecen, de momento, doce xéneros e trinte
especies. |
|
|
Limnephilidae |
Nesta familia hai limnefilos que
fan o seu casullo totalmente vexetal e hainos que o fan de materiais
menerais. |
Limnéfilo sp. |
Limnéfilo sp. |
Limnephilidae |
Estos limnófilos
vense moito xa que construen o casulo con paliños que poñen de forma
vertical. Son interpretados como defensa. |
Halesus radiatus |
Halesus radiatus |
Limnephilidae |
En Galicia foron
citadas seis espeies de Stenophylax. Viven en fontes e regatos. |
Stenophylax sp. |
Stenophylax sp. |
Odontoceridae |
Soio unha familia galega.
Estuche moi bonito.
Alta montaña. |
Odontocerum albicorne |
|
Uenoidae |
Soio dúas especies en Galicia
Tramos de cabeceira
de regatos. Como no río Tella.
Seica o tricóptero máis interesante da nosa fauna.
Ver
este link coa súa descripción, por certo do profesor Marcos A.
Glez. Esas pelotillas que leva
pegadas son de fango e saliva. |
Threma tellae. |
|
Ir a características
Saír.
|