PLECÓPTEROS.
TIPOS de PLECÓPTEROS ( son as
moscas
das pedras ou perlas): Tanioptéridos, Leúctridos, Nemúridos, Cápnidos, Pérlidos, Perlódidos, Isopérlidos y Cloropérlidos. Vexamos os máis importantes de cara ó
pescador e ó público en xeral.
Unha clasificación mellor, en canto a ninfa, é a seguinte:
Ver a importancia dos plecópteros a
hora de analizar a calidade da auga,
forma IBMWP.
Fotografía do autor da web:
A fotografía está sacada en xullo do 2008. Deste
esqueleto (do interior) xa saiu a mosca. Vese
moito nas pedras do río.
Saír
Nemoura
flexuosa. Plecóptera
Tamén
aparte de Leúctrido chámanse moscas agulla ou moscas de ás enrolladas.
Raramente sobrepasan os 12 mm. de lonxitude.
A
Nemoura Flexuosa tamén
chamada plecóptero e por suposto Leúctrido, é
a mosca de outra ninfa. Ver fotografía máis
abaixo. Tamén famosa para os pescadores de troitas.
Comprende 1.400 especies. As larvas de todas
desenrolanse en aguas doces, é decir, nos ríos.
En realidade cando nace como larva vive tamén
debaixo das pedras e logo convírtese nesta marabilla.
Sobra decir que as troitas "póñense a
botas" literalmente con estos insectos.
Vense poucas debaixo dos encoros e minicentrais, xa
que as moscas das pedras tenden a desaparecer. Require augas correntes e
moi osixenadas.
Unha desfeita que non se ten en conta nos impactos
ambientais das minicentrais, xa que non interesa.
|
En Galicia é moi común a
Nemoura cinerea, o adulto ten este aspecto:
Nemoura cinerea.
Fonte:
"Macroinvertebrados de las aguas
dulces de Galicia" de
Marcos A. González e
Fernando Cobo.
Subir.
Ninfa da Nemoura .
Sobre 2 cms.
Esta é a ninfa da Demoura flexuosa. Ten ollos
compostos , as patas por suposto son articuladas , ten dous cercos
no torax, por suposto como todo insecto 6 patas, pero as patas
teñen unha curiosidade que as distingue por exemplo das larvas dos
efemerópteros xa que teñen duas uñas. ( O torax tamén é
distinto xa que estos teñen dous cercos e vense menos as branquias,
observar que nesta figura vense ven).
Aliméntase de ninfas e outros insectos
acuáticos. Casi todas viven un ano, pero algunhas botan dous ou tres.
Algunhas antes de convertirse en adultas botan ata 33 mudas coma a
Dinocras cephalotes (a larva). Casí todas teñen unha época para saír
a superficie que soe ser na primavera. ¿ Quen non viu a estas larvas
xa secas nas pedras no meses de maio e abril ? . Esa larvas non é máis
que a envoltura do insecto adulto, xa que son caparazóns secos.
PERLA
MÁXIMA : Perla bipunctata.
Imago.
ninfa.
Este insecto na súa forma de
imago é coñecido como nome de "Moscas das Pedras". Trátase
dunha mosca grande que pode botar ata 5 cms ( o normal está entre 25-35
mm.). As ninfas son carnívoras e dende logo o estado final
parécese o inicial, cousa que non pasa con outros insectos que teñen
metamorfosis.
Esta insecto en estado de ninfa é a chamada
GUSARAPA ou BECHOCO en Galicia, que en Galicia é a Perla madritensis que
é parecida.
Chámanse moscas das pedras xa que a ninfa sae do
fondo reptando ata pedra e alí rompe a súa pel e sae a voar xa en
forma de imago. O imago vive una ou duas semáns, pero apenas come.
|
Perla madritensis
Ver
outras características.
Subir.
OUTRAS
COUSAS DAS PERLAS.
Adulto.
xoven ( ninfa)
O apareo teno na vexetación e logo é tamén característica a forma que
ten de soltar os ovos xa que se lanza sobre a auga e arrástrase
soltando os ovos que leva no abdomen na parte de abaixo, por riba da
auga.
Esto faino nas correntes dos ríos.
É distinta a eclosión, que é cando sae para a
pedra e logo porse a voar, que cando se lanza para por os ovos por riba
da auga.
Calquera das dúas faenas son aproveitadas polas
troitas que se poñen as botas literalmente.
|
Dentro dos pérlidos en
Galicia viven tres especies:
Dinocras cephalotes, Perla
madritensis y Marthamea selysii.
Aquí vense as moscas de
maio ou perlas de maio tratando, xa no estado adulto, de subir
por un xunco.
Na fotografía vense tres.
|
A máis común é a Perla
matritensis que é desta forma:
Ninfa na Perla madritensis.
Dinocras Cephalotes adulta
Nota importante : algunhas fotografías estan sacadas da www
la
pesca de la mosca en España. outras da
British
Wildlife Guide.
A Perla matritensis está sacada do libro
"Macroinvertebrados
de las aguas dulces de Galicia" de
Marcos A. González e
Fernando Cobo.
MOSCAS DE
LAS PIEDRAS.
No dibuxo están todas as moscas das pedras: son insectos
blandos que xeralmente están na auga. As ás posteriores son maiores
que as ás anteriores.Hai sobre 3.000 especies e dende logo falta moito
por facer a nivel científico.
Cando se pousan deixan as ás planas sobre o corpo enrrolladas.
Os da figura da esquerda son todos femias, os machos as veces teñen
as ás máis cortas.
Distínguense polas nerviacións, pero non é o caso.
Penso que a nivel do público e a efectos da pesca os dous máis
significativos son os leúctrinus e os pérlidos.
Dos tenioptéridos é coñecida a mosca roxa de febreiro, unha mosca
escasa en ríos de corrientes de alta montaña xa que prefire correntes
fangosas.
Os cápnidos son moscas de inverno.
Os Isopérlidos e Cloropérlidos son xeralmente verdosos ou amarelos
e no mundo da pesca chámanse "Moscas amarelas".
Os cápnidos contén moscas tamén negras. Son máis ben moscas do
inverno.
|
|