Efemera vulgata.
Efémera
(Efémera).
¡¡ Ollo !!. En Galicia hoxe coñécense 46
especies e 25 xéneros de 8 familias distintas. A maioría da Coruña e
Pontevedra.
Estas efémeras (
poño o exemplo coa Efemera vulgata para explicar as efémeras en
xeral) son o alimento predilecto de moitas troitas
e eso sabémolo ben os pescadores.
Viven no fondo do río e os regatos, debaixo das
pedras ou no limo ( aquí chámanse ninfas e son distintos o da foto).
Nas noites cálidas voan formando grandes nubadas nas que se fecundan; tamén polo día, as
veces, podemos ver estas bandadas e as troitas a comer nelas ( xa son
imago que é o da foto, completamente distinto a ninfa) . Os pescadores decimos
"están cebando as troitas", cando se dedican a comer estas efémeras.
A vida
da efémera cando adulta pode durar poucas horas (ver un esquema). No fondo do
río poden estar ata tres anos.
Características.
Saír.
Efemera vulgata:
características
Nome
Científico. |
Nome
científico
Efemera
vulgata
Taxonomía:
Clase: insectos
Orden: Ephemeroptera
Familia: Ephermeridae
Xénero: Efemera
Especie: Efemera vulgata.
Nota importante:
Nos ríos galegos viven tres das catro familias ibéricas desta
familia, todas elas do Xénero Ephemera que son a E. danica, a E.
lineata e a E. vulgato. Esta última é a tratada nesta ficha. As
outras son similares.
Fonte: "Macroinvertebrados
de las aguas dulces de Galicia" dos autores Marcos A. González
e Fernando Cobo. Hercules Edicións. 2006.
Ir a
características
|
Nome
galego |
Nome galego:
Efémera vulgata. Moscas. Efémeras. Pesca
o mosquito.
Ir a
características |
Nome
castelán |
Nome
castelán:
Efémera vulgata.
Mosca de
pesca. En inglés Mayflies " moscas de maio"
Ir a
características
|
Dimensións |
Dimensións:
Sobre 12 mm ten esta mosca.
Ir a
características
|
Identificación: |
Identificación:
A maioría son de cor pardo
ou amarelo. As ás de algunhas especies parecen ter brillo metálico
cando reciben a luz dende determinados ángulos.
As patas de adiante son
moi longas e utilizanse por parte dos machos para sosteñer a femia no
momento do apareamento, no mismo aire e voando. Os ollos son moi grandes.
Ir a
características
|
Alimentación: |
Alimentación:
Non se alimentan cando son
adultas, as súas pezas bucais están reducidas e son completamente inútiles.
Cando son ninfas alíméntase , si son ephemeridae, como
a que estamos tratando, filtrando o limo e extraendo detritus e perifiton.
A maioría son herbívoras.
Hai que pensar que a maioría non teñen mandíbulas en funcionamento xa
que son sedas filtradoras.
Ir a
características
|
Habitats: |
Habitats:
No mesmo río. Nacen e
póñense a voar. Moitas duran menos dun día, por eso se chaman efémeras. Emerxen pola noite e pola
mañán xa morreron. Outras teñen máis sorte e poiden vivir unha semán como máximo.
Ir a
características
|
Vese
nos meses: |
Vense nos meses de ...
De marzo a agosto. Sempre
preto do río a non ser que o vento as leve un pouco lonxe. Elas son
malas voadoras.
Ir a
características
|
De ninfa a adulto: |
Reprodución
Os efemerópteros son cando nacen da forma do dibuxo e
viven no leito do río estas ninfas están adaptadas a vivir na corrente
xa que teñen o corpo aplanado e ofrece pouca resistencia, esto permite
meterse facilmente entre as pedras.
No dibuxo vese unha
desta larvas e como se pega o leito do río. Hai que pensar que a
velocidade do río vai a menos de feito hai dúas capas onde a
velocidade non chega o 1% do da superficie e por baixo unha de
velocidade cero. Nestos lugares son onde viven estas larvas para
poder subsistir.
A ninfa dos ephemeridae ten este aspecto:
Os ollos son compuestos teñen as patas articuladas e nas
patas soio teñen unha uña ( esto vai a distinguilas dos plecópteros que
teñen dúas) tamén os filamentos anales son tres ( os plecópteros teñen
dous).
As patas son cortas e robustas e as
mandíbulas están hipertrofiadas e sobresaen diante da cabeza, como se
pode ver na fotografía.
As traqueobranquias son estreitas.
Estas ninfas son filtradores e comen
partículas dese sedimento.
Despois de vivir no leito do río, un bon día convértense
en imago e nace a efémera que dura un día ( dende logo é efímera).
Este proceso é unha auténtica marabilla da natureza e dende logo é
complicado xa que incluso ten un estado intermedio de subimago. As veces
pasa de 20 os estadios que realiza para convertirse en mosca voadora. O
normal é un número entre 10 a 25 estadios ninfais.
O lector debe ter claro que a Efemera
vulgata é o estado
final desta viaxe que se chama metamorfosis.
A fecundación e a oviposición ten lugar o cabo dunhas
horas, o normal é que os adultos voen o atardecer en enxames e realizan
unha danza nupcial, que é coñecido pola maioría dos pescadores. Nesa
danza son atraidas as femias que son fecundadas, xa que o macho en pleno
voo realiza a fecundación. Logo as femias van realizando a posta, ven
baixando a auga ou ven simplemente tocando a auga.
É o momento do pescador e por suposto da troita...
Moita desta información está recollida deste libro:
Fonte: "Macroinvertebrados de las aguas dulces de
Galicia" dos autores Marcos A. González e Fernando Cobo. Hercules
Edicións. 2006.
Ir a
características |
Interés: |
Interés:
O interés que poden ter as
efémeras en Galicia é incrible, pero para o seu estudio os ríos
teñen que estar en condicións.
Queda moito por estudiar pero é
probable que no futuro non teñamos ríos ben conservados para facer
estos estudios, catálogos de efémeras, descubrimento de efémeras
novas, etc.
Incluso estou seguro que en Galicia
hai efémeras que non existen noutras partes do mundo.
Pero ollo, os ríos hai que manteñelos
vivos.
As minicentrais rematan cos ríos e
fan inviable este traballo.
Estamos, coa política de
minicentrais, esnafrando o futuro.
Tamén os ríos teñen que ir limpos,
as depuradoras funcionando e sin vertidos de ningún tipo.
Tamén :
Son moi espectaculares os
bailes das efémeras. As troitas nestes intres poñense literalmente as
botas. Os machos póñense a danzar por riba da auga , moitos xuntos,
cando ven unha femia de seguida e collida polo macho e o apareo faise no
aire. Nunha hora a femia pon os ovos. neste momento tamén son pasto das
troitas.
Ir a
características
|
Protección: |
Protección:
Non están protexidas.
Ir a
características
|
Curiosidades: |
Curiosidades
As golondrinas
e os morcegos tamén se poñen as botas coas efímeras. As efímeras ou
efémeras , en estado ninfa viven no río normalmente alimentándose de
herbas e esporadicamente de outros seres vivos da auga. Hai moitos
tipos, todas elas requiren unha auga limpa e sin dúbida son uns
indicadores da pureza da auga. Normalmente viven un ano previo a voar.
Outra curiosidade : as efémeras son
incapaces de pechar as ás. O posarse teñen que estar as ás abertas
sempre. Unha curiosidade.
As ninfas dos efemerópteros son
sempre acuáticas.
Atención : hai moitisimas efémeras
dende a Leptophlebia vespertina da fotografía ata Centroptilum
pennulatum...... cantidade.
En EEUU, Francia, Inglaterra,
etc. hai moitas clasificacións
destas efímeras incluso con data de eclosións...
En España hai moito feito, pero queda
moito por facer, espero que o Ministerio de Medio Ambiente e os
Españois en xeral sepamos conservar os nosos ríos para facer estos e
outros estudios.
Ir a
características
|
Os efemerópteros en
Galicia. Unha pequena introdución.
A continuación poño algún exemplar
de imago das distintas familias que hai en Galicia.
Para ampliar e profundizar usar o
libro que aparece o final da tabla.
Dentro dos
Ephemeridae:
|
A danica,a
lineata e a vulgata. Estos tres tipos viven nos ríos
galegos.
Efemera vulgata.
Tratada na ficha anterior |
Efemera danica
Abdomen blanco ou gris.
A ninfa seica ten mandibulas para escabar no cieno.
Para ver as ninfas usar a bibliografía que
aparece abaixo.
|
|
Efemera danica
(Outra imaxen)
|
|
Dentro dos
Baetidae: |
Hai en Galicia moitos representantes como a Baetidae rhodani,
fuscatos, alpinus. |
Baetis rhodani Con duas colas.
Esta mosca é bastante coñecida en Galicia. Ten
unha cor aceitunada e algúns chámana "Oliva".
Para ver as ninfas usar a bibliografía que
aparece abaixo.
|
|
Baetis fuscatus Con unha colas.
Esta mosca é bastante abondasa nos ríos galegos.
Eu chámoa a "caki" e dende logo é bastante
efectiva na pesca.
Para ver as ninfas usar a bibliografía que
aparece abaixo.
|
|
Dentro dos
Caenidae: |
Soio un representante coñecido en Galicia a Caenis luctuosa. |
Caenis luctuosa.
Teño as miñas dúbidas que sexa esta mosca. Dende
logo é unha caenis de tres rabos pero non sei si será a luctuosa. Penso
que non xa que a ninfa non ten o segundo par de branquias ensanchado.
Para ver as ninfas usar a bibliografía que
aparece abaixo.
|
|
Dentro dos
Ephemerellidae: |
Hai tres xéneros en Galicia e catro especies, a máis común a
Seratella ignita |
Efemerélidos
Teñen ás brilantes.
Coloración apagada.
Tres colas.
Lonxitude de 0,6-1,4 cms.
A ninfa aliméntase de herbas e de outros
insectos. Ten cinco pares de branquias os lados.
Para ver as ninfas usar a bibliografía que
aparece abaixo.
|
|
Dentro dos
Heptageniidae: |
Hai cinco xéneros nos ríos galegos e nove especies. Un exemplo pode ser
a Ecdyonuros dispar. |
Heptagénidos.
Ecdyonurus dispar. Dúas
largas colas abdominais. Alas posteriores pequenas, alas anteriores
apagadas ( ver as lineas do dibuxo). Lonxitude
de 0,4 - 1,5 cms. As ninfas comen de todo. Pegadas as pedras en ríos de
alta montaña. Para ver as ninfas
usar a bibliografía que aparece abaixo. |
|
Heptagenia sulphurea. Dúas
largas colas abdominais. Alas posteriores pequenas, alas anteriores
apagadas . Lonxitude
de 0,4 - 1,5 cms. As ninfas comen de todo. Están pegadas as pedras en
ríos de alta montaña. Para ver as
ninfas usar a bibliografía que aparece abaixo. |
|
Dentro dos
Leptophlebidae: |
Hai en Galicia cinco xéneros e sete especies. Entre elas por exemplo
Calliarcys humilis, Paraleptophlebia submarginata
, Traulus bellus e outras. |
Paraleptophlebia
submarginata
As alas teñen un motedo pardo.
Lonxitude 0,3-1,4 cm.
A ninfa aliméntase de herbas e follas.
Para ver as ninfas usar a bibliografía que
aparece abaixo.
|
|
Dentro dos
Oligoneuriidae: |
En Galicia hai dúas especies a Oligoneuriella marichuae, e
a Oligoneuriella rhenana. |
Oligoneuriella rhenana
A ninfa aparece en río como o Tambre e o Tea as
veces asociadas a solos pedregosos.
Para ver as ninfas usar a
bibliografía que aparece abaixo.
|
|
Dentro dos
Potamanthidae: |
Soio hai un representante coñecido en Galicia o Potamanthus luteus |
Potamanthus
luteus Ten ese rechamante coor.
Lonxitude 1-1,4 cm.
A ninfa é detritívora.
En Galicia soio apareceu no Eo.
Para ver as ninfas usar a bibliografía que aparece
abaixo. |
|
Dentro dos
Siphlonuridae: |
Hai dúas especies en Galicia coñecidas de momento: Siphlonurus
aestivalis, Siphlonurus lacustris
que ten unha ficha neste traballo. |
|
|
Nota importante:
"Macroinvertebrados
de las aguas dulces de Galicia" dos autores Marcos A.
González e Fernando Cobo. Hercules Edicións. 2006.
O resumen anterior está sacado
do libro anterior, o que queira ampliar e coñecer a fondo os
Efemerópteros que se coñecen actualmente en Galicia, este é o libro
indicado. Agradecer os autores o seu uso e as súas investigacións.
Ir a
características
Os Efemerópteros teñen unha
clasificación bastante complicada.
Atendendo a fase de
ninfa estos son:
Vense moi parecidas pero hai moitas diferencias.
Nesta clasificación falta os Oligoneuriidae (das que hai
representantes nos ríos Tambre e Tea) e os Siphlonuridae (das
que hai representanes no río Louro)
Nesta ficha soio está tratada unha
representante da familia das Ephemeridae, que foi a Efemera
vulgata.
Fonte: "Macroinvertebrados
de las aguas dulces de Galicia" dos autores Marcos A.
González e Fernando Cobo. Hercules Edicións. 2006.
A clasificación e os dibuxos
anteriores non perteñecen a este libro.
Ir
a características
Saír.
O CICLO DAS EFÉMERAS.
En realidade nacen como ninfa ( parte
esquerda)
os dous ou tres anos convírtense en subimago ata que saen do río
para fecundarse primeiro como subimago ( mosca afogada para os pescos) e logo como
imago que é a fase
final (
Aquí chamámoslle efémera e co seo nome científico por exemplo
Serratella ignita que é unha das máis coñecidas ( verde oliva con ás
azuis), os pescos neste caso falamos de mosca seca) . Na fase final poden vivir un día ou dous, normalmente morren
comidas polas troitas e outros peixes.
Moitos destes insectos
presentan, resumindo, unha fase de larva longa ou moi longa e unha curta
fase adulta. Moitas soio teñen tempo para reproducirse e deseguido
morrer. Hai moitas especies nas que os adultos non se alimentan.
Ir a características
|