O grilo canta no lar,
							tamén canta na campía,
							Canta co sol queimador
							nas horas de mediodía!
							 
							O grilo tan pequeniño
							coas asas tan delicadas,
							co seu traxe de cor moura
							e as súas antenas 
							delgadas!
							 
							Teño un grilo ceboleiro
							que tan só come leituga,
							e, pra cantar e cantar,
							se viras como madruga!
							 
							O meu grilo cantador
							é mellor que o que tes 
							ti:
							cando o teu dá dito 
							cri...,
							o meu xa dixo 
							cri-cri...!