Hai moitas razóns para que este insecto figure nesta
relación: en primeiro lugar o seu canto anima de verdade a beira dos
ríos; logo son uns insectos moi curiosos como veredes máis abaixo
e finalmente, a min gústame a pesca da troita dende fai
moitos anos; pois ben, os grilos que abundan en Galicia a beira dos ríos, nos prados
e nas ladeiras da montaña, etc. son un cebo incríble,
sobre todo para troitas grandes.
Estou,
polo tanto, moi agradecido os grilos e por eso figura nesta relación.
Non ten problemas é sin
dúbida o insecto máis coñecido despois das moscas.
A cabeza é grande, é de cor negro e
as ás teñen manchas amarelas.
Os nenos que non
xogaron metendo unha palliña no buraco dunha grileira, nos prados, para que salga o grilo, non sei
a que están esperando os seus pais... Estas cousas hai que
aprenderllelas os
nosos fillos. Quedan para sempre.
Ollo as femias teñen un rabo
máis (o oviscato) que lles sirve para meter os ovos na terra a certa
profundidade. E digo ollo xa que os machos teñen só dous rabos. Os
machos morden menos que as femias. Por suposto non pasa nada...son
inofensivos.
Machos. Observar os dous rabos.
Femias, observar os tres rabos o do medio moito
maior.
Nos prados a beira dos
ríos, tamén no monte. Os seus buracos, chamados grileiras, son doados de atopar, teñen sobre
20 cm. de largo. Diante da súa cova sempre hai unha zoniña de pouca
vexetación que el mismo prepara.
Compre
dende logo ir paseniño e con moita paciencia si non escóndese
rápidamente. Seguindo o seu grilar, por suposto na direción contraria o
vento e moi paseniño, pódese chegar a súa grileira.
Cós grilos todos xogamos de
pequenos, a partir da primavera e ata todo o verán, veña a localizar o
grilo que cantaba e veña a meter a palliña para que o grilo salga da súa
coba. Moitos logo iban para casa onde tiñamos unhas xaulas pequeniñas
especiais. Para comer dabámoslle leitugas.
O aparecer unha femia, atraida polo
canto, o grilo macho ponse có abdomen hacia a femia emitindo un
canto especial. O pouco rato prodúcese o apareamento. Logo comparten a
vivenda varios días nos que hai máis apareamentos e a femia
deposita os ovos. No verán naceran os novos grilos.
É curioso pero a femia acude a chamada do grilo
simplemente polo canto, esto está demostrado. De feito fíxose o seguinte
experimento:
Poñer o grilo
dentro dun cucurucho cunha única entrada por baixo e de modo que o
cantar se escoite o redor. Unha femia veu e entrou pola única entraba
que había. Para descartar que a femia viñera soio polo cheiro, fíxose o
seguinte poñer a unha certa distancia un altavoz de maneira que o cantar
o grilo se escoitara a moitos metros de distancia. Pois ben, acudían o
altavoz os grilos femia como si se tratará dun grilo real...
O canto dos machos é
incríble e fanno coas ás levantadas. Chámase estridulación e
realizase frotando as ás una contra outra. Os cantos dos grilos son
prolongados e relativamente musicais. Manteñen as ás levantadas por
riba do corpo e una arista dentada situada na parte inferior da á
anterior dereita frótase a través do borde posterior da á esquerda.
Video sensacional sacado en Asturias e que firma
José Arias. Dice que o canto é de tristeza xa que é do Sporting. Bueno
decirlle dúas cousas a José Arias, a primeira que o grilo sempre canta
contento, xa que está a espera da moza e con esperanzas de que llegue e
se poidan aparear. Segundo, cando puxen este video na miña páxina o
16/05/2016 o Sporting está a celebrar que queda en primeira, ou sexa
unha ledicia inmensa...igual ca do grilo. Gracias José por este video.
Incríble.
Dicen que o canto do grilo é sempre en nota
"mi"...
Pode ser...
Tamén é curioso e resulta peligroso
para a súa vida o baile
que teñen os grilos nalgunhas estradas da provincia de Ourense, polo mes
de maio pasan a centos dunha beira para outra sempre que haxa prado
nas dúas beiras.
Por exemplo na de Montederramo a
Chandrexa a finais de maio pasan a centos. Por eso tes que ir con ollo
agudo, e quedan moitos mortos na estrada.
"O amor, as veces mata"...
É curioso pero a femia acude a chamada do
grilo simplemente polo canto, esto está demostrado. De feito fíxose o seguinte
experimento:
Poñer o grilo dentro dun
cucurucho cunha única entrada por baixo e de modo que o cantar se escoite o
redor. Unha femia veu e entrou pola única entraba que había. Para descartar que
a femia viñera soio polo cheiro, fíxose o seguinte poñer a unha certa distancia
un altavoz de maneira que o cantar o grilo se escoitara a moitos metros de
distancia. Pois ben, acudían o altavoz os grilos femia como si se tratará dun
grilo real...
A relación dos grilos
coa temperatura que fai nun lugar axústase a unha formula incrible, de feito o
grilo o subir a temperatura incrementa a frecuencia do seu canto, o
parecer é debido o aumento do seu metabolismo.
Temperatura do aire= nº de chirridos por
minuto/5 + 6
O chirrido dun grilo permite
coñece-la temperatura reinante, dunha forma aproximada pero non por elo curiosa:
contando o número de chirridos emitidos polo animal nun minuto, dividindo esta
cantidade entre cinco e sumándolle seis obtémo-la cifra desexada.
Os grilos no mes de maio aproveitan o
que sexa. Este fixo a súa cova prácticamente a carón do río Mao
en Leboreiro, Ourense, a dous metros da corrente. Fotografía do
autor da www. 16/05/2006.
A cousa é moi fácil basta oir cantar os grilos, mellor un prado
e acercarse paseniñamente ata atopar o buraco que non é moi grande,
ver a fotografía, sobre 1,5 cm. de boca.
Logo metendo unha palliña e furgando no oco enseguida sae o
grilo e xa se pode coller.
O normal é ter preparada unha xaula de tal maneira que o grilo
respire perfectamente. Esta de plástico que eu utilizei non é dende
logo a máis axeitada, inda que lle fixen moitos buracos e o grilo
aguantou ben. O día seguinte liberámolo no mesmo oco no que o
collemos.
O grilo pode alimentarse de froitas. leituga, un pouco de auga.
Si está cómodo pode ata incluso cantar. Por suposto o grilo é moito
máis pequeno aquí é unha fotografía macro para que vexades o grilo
en grande...
Esta é unha xaula china para grilos. Os chineses son moi amigos
dos grilos e incluso téñenos como mascotas. A xaula canto máis
grande mellor para que o grilo se sinta cómodo.