O principal inimigo do
lobo actualmente é o home, esto para mín non ten dúbida.
O lobo cada vez vai a menos e
hai moitas causas; estas son algunhas moi claras:
-
Tiros de escopeta
(72% das mortes de lobos en Galicia). Caza controlada e incontrolada. Batidas.
Sigo sin entender como o lobo sigue a ser unha peza de caza.
Entendo o das batidas controladas xa que as veces son
imprescindibles, pero nunca entenderei a caza pola caza
deste animal única en Galicia. Hai moito furtivo que dispara
a calquera cousa, por suposto o lobo si se pon a tiro..
-
Cortes coas estradas e
vias de comunicación o que vai producir aislamento entre as
distintas familias de lobos. As estradas fanse sin ter en
conta os pasos adecuados para lobos e demais especies que se
moven no monte.
-
Os incendios forestais,
-
Cepos e demais (
ata un 17% é unha porcentaxe moi elevada).
-
Carne envelenada en
sitios determinados (5,3% é unha porcentaxe moi alta tendo
en conta a barbaridade que supón poñer carne envelenada, xa
que poden morren cantidade de animais, non lobos
precisamente).
-
Atropelos (4,4% dos
lobos morren en Galicia popr atropelos nas estradas).
-
A falta de pezas
salvaxes que vai incidir en que para comer utilice as outras
co conseguinte efecto entre a poboación da xente que
teña gando e que o ve afectado; o rechazo é claro. Está
claro según os estudios, por exemplo, de Isabel Barja, que o
lobo prefire animais salvaxes a domésticos. (Ver o estudio
nesta páxina web)
-
O mal das vacas tolas e
as medidas que se tomaron coas reses mortas. A dependencia
do lobo co home é un dos seus graves problemas.
-
Pelexas entre eles.
Descoñezo este dato.
-
Os cans asilvestrados
son tamén un problema para os lobos pola imaxen que crean de
confusión.
-
A proliferación de
Parques eólicos co conseguinte desbroce dos montes, pistas,
etc. Estase a facer, seica, un estudio deste tema e
esperemos os resultados. Dende o meu punto de vista os
Parques eólicos fan que os lobos non estén nese lugar e polo
tanto a acumulación onde non os hai sexa superior. Polo
tanto si que influe.
-
A pouca ou nula
concienciación do que supón ter o lobo hoxe en Galicia dende
o punto de vista turístico.
-
A pouca ou nula
colaboración da Xunta de Galicia (2014) que non actúa
rápida no tema de ataques de lobos o gando. Tarda as
veces ata seis meses en pagar. Así non vamos a ningún
lado...
Estas son algunhos dos
inimigos actuais do lobo en Galicia. Seguro que hai máis causas.
Eu penso que é perfectamente
compatible en Galicia vivir con lobos no noso monte, esos si os
xustos, que non creo que sexa moi dificil de calcular.
Para elo evidentemente hai que ter os animais salvaxes
suficientes en disposición, tampouco creo que sexa moi dificil e
por suposto no caso de que o lobo mate gando de todo tipo acudir
inmediatamente a socorrer o gandeiro ou familia pagando o xusto,
pero sin esperas. Xa sei que aquí hai moita picaresca, pero hoxe
hai métodos dabondo para saber si a morte é por lobo ou non.
Sempre o dixen e seguirei
decindo: "o día que o lobo non esté connosco, Galicia, a
súa natureza, non será a
misma."
|