|
O Proxecto Ríos de Educación Ambiental, que está a coordinar ADEGA, estase a aplicar en Galicia despois do éxito que ten noutras comunidades; xa dez anos en Cataluña e actuando en Andorra, Cantabria, Madrid o País Valenciá e Portugal. Básicamente trátase de responder a problemática que teñen actualmente os ríos galegos en canto a contaminación e deterioro, buscando primeiramente saber como están estos ríos e logo buscando solucións os problemas que teñan. Os obxetivos así como a síntesis de principios e o desenvolvemento do programa e a súa evaluación e memoria de actividades poden verse no informe que se linka o final deste resumen. Este ano 2007 os responsables emitiron un informe onde se controla a saúde dos ríos galegos en base a parámetros físico-químicos (caudal, velocidade da auga, anchura e fondo do treito, pH, nitratos...) e parámetros biolóxicos ( fauna, flora e estado do bosque de Ribeira) así como a detección de posibles alteracións (verquidos, contaminación da auga, seca...). O informe estructúrase en base as observacións de grupos de voluntarios debidamente formados previamente. Os resultados dos datos que recibiron permite afirmar que o estado da saúde dos treitos analizados na primaveira e no outono de 2007 era bo nun 63% dos casos. En canto a conservación do bosque de ribeira tanto na primaveira como no outono presentaba no 50% dos casos alteracións importantes. En canto a cheiro, fluidez e cor da auga casi o 100% non presentaba alteracións. Os datos máis negativos están nos ríos Tambre, Sar, Umia, Rois, Cans, Anllóns, Cadós en canto a estado de saúde. As marxes máis degradadas están no Loira, Tines, Tella, Cans, Louro, Anllóns e Narón. Nota relativa a provincia de Ourense:
Pedir máis colaboracións, únicamente o 7% de colaboracións na provincia de Ourense é moi pobre. Os ríos analizados son moi poucos: Támega e o Cadós.
No estudio poden entrar particulares, asociacións, CEIP,CPI, IES, Concellos, Universidade, etc. Ver tabla da participación no informe do 2007. O proxecto seguirá nos anos que veñen é resulta dende a miña opinión persoal básicas, realmente é unha demanda que veño facendo dende o ano 1997. Sin coñecer os problemas difícilmente se poden poñer remedio. ¡Enhoraboa a todos os que fan posible este traballo!.
Ver tamén o link do Proxecto ríos. |