O libro "Lobos, lobas e lobishomes" de
Xosé Ramón Mariño Ferro é un libro que trata sobre contos na
literatura popular galega sobre o lobo, non é un libro sobre o lobo, é
un libro sobre o que dí a sociedade galega sobre o lobo.
Os seus capítulos non deixan lugar a dúbidas : O lobo como
animal feroz, os contos da Lupa ou Loba, relatos sobre persoas que se
transforman en lobos, contos sobre os que o lobo é inocentón e
estúpido. Un libro que merece a pena leer, un libro precioso.
Poño a continuación un conto, dos moitos que
trae o libro.
-------------------------------------------------------------------
O gaiteiro.
Un gaiteiro volvía da foliada. Era
noite pecha e o home ía cargado de medo. O sono vencíao e deitouse a
dormir munha morea de folla. Mentras durmía veu un lobo e tapouno moi
tapadiño, como adoita facer coas presas que garda para mellor ocasión. E
logo subiuse a unhas penas a chamar polos seus compañeiros. Niso o
gaiteiro acordou e, consciente do perigro, agatuñou a un carballo. Pouco
despois chegaron os lobos e empezaron a escaravellar na folla. Ó non
encontraren o banquete que esperaban, empezaron a rifar con aquel que os
chamara.
-¡Ai, Demo, e non no meu lombo!-
escapóuselle ó home na cima do carballo.
Os lobos ollaron para riba e, ó
descubriren o gaiteiro, puxéronse a cava-las raices da árbore coa
intención de derribala. Cando xa estaban a pique de conseguilo, o
gaiteiro logrou pasar, de póla en póla, a outro carballo. Carballo que
tamén intentaron facer caer-los lobos escarvando a toda présa. Cando xa
lles faltaba pouco, o home, véndose perdido, pois non había cerca máis
árbores nas que refuxiarse, pensou en despedirse da gaita. E velaquí que
non ben comenzou a tocala, as feras fuxiron como centellas. Entón o
gaiteiro baixou do carballo e foi tocando ata chegar a casa.
-------------------------------
|