Aquel día volvía dunha xornada de pesca da troita no
río Barbantiño, preto de Barbantes (Ourense), o auténtico, o de Ourantes, non
Barbantes Estación. Era media tarde dun día calquera do verán de 1974, casi a noitiña, nun camiño na marxen
esquerda do
río Barbantiño. Moi preto da casa do Celsiño e da Pepita, dous bons amigos que viven na
zona.
Facía cinco minutos que sonara un tiro, un tiro de
escopeta, non moi lonxe. Polos meus miolos pasou a imaxen do lobo; aquelos
días a prensa non facía máis que falar dos lobos, atacaran a un meniño
en San Ciprián ( Ourense), a xente vía lobos por tódolos sitios,
falabase de si serían cans salvaxes, os cans que soltara a famosa Pide,
despois da revolución dos Claveis en Portugal, cans que pasaran a
Provincia de Ourense, toda unha serie de historias que estaban nos
periódicos e na cabeza da xente. Eu non era menos...Deixara de pescar o
río Arnoia en Pontegrande ( preto de San Ciprián, onde ocurriron os
feitos cós lobos) por precaución, non era que lle tuvera medo os lobos, pero
si precaución e respeto...
De
súpeto, ó pasar unha volta no
camiño, quedei petrificado, a sete metros de mín apareceu un lobo
enorme, eu había visto lobos de mozo alá por Randín, na Veiga de
Calvos, xunto a capela de San Antonio, o pasar pola noitiña no coche de
liña da empresa "Corderí", pero este era
moito máis grande, e estaba moi preto de mín. O lobo quedou parado, mirando fixamente para mín,
sorprendido, pareceume temeroso, pero logo vino disposto a todo, non
deu marcha atrás, desafiante, prepotente, seguro de si mesmo e das súas
forzas... Pola contra, eu
púxenme a temblar, notaba que o corazón latía moito, moitísimo máis
forte que de costume, as pernas non eran as mesmas de facía un
anaco, e tomei precaucións, sempre levaba un gran coitelo de monte conmigo,
saqueino, deixei a cana de pescar a un lado e púxenme no medio do
camiño, disposto a todo, eu dende
logo sabía que ó iba pasar mal, pero o lobo tamén, estaba disposto a
todo.
Foron dous, tres ou catro minutos,
non sei, os
que estuvemos estudiando a situación, dende logo non sei as ideas que
pasaron pola mente do lobo, sei as ideas que pasaron pola miña cabeza, os
cálculos que fixen para facer frente e sair airoso da situación, era a
miña vida contra a vida do lobo, e dende logo eu tiña claro quen iba
perder...o lobo por suposto.
O lobo recuou un pouco hacía atrás
e nese intre apareceu o seu dono, era un can, un gran can, un pastor alemán ou algo
similar...
Paseino mal.
Sei que o can
tamén...