Na fotografía están Pablo Quintana, Dávid Pérez, o autor do libro,
e Celso H. Barba.
Sobre o libro decir unhas cantas cousas, en
primeiro lugar que chama moito a atención pola calidade do libro
en si, excelente papel, excelente fotografías, pero é que,
profundizando un pouco convírtese nunha auténtica xoia para os
que amamos todo o relacionado co lobo. Tanta xoia que, a pesares
do precio, que non o vou a decir pero que me fixo pensar moito a
compra, o libro figura na miña
estantería, e non para mirar para el, dende o mes de febreiro
que o merquei en Ourense na librería Torga.
O traballo de campo é marabilloso e penso que
me quedo corto.
No libro faixe unha introdución ó lobo, as súas características, e as causas da súa regresión, pasando por
un capítulo dedicado o lobo e as súas relacións coas
comunidades rurais para llegar as batidas e o estudios dos foxos.
Aparecen estudiados non so foxos de Galicia si non tamén de León
e do Norte de Portugal, así como Cantabria, Asturias, Burgos e o
País Vasco. Os foxos son estudiados dende todos os puntos de
vista, os datos físicos así como o que suposo para os pobos
a súa construcción. Unha marabilla....
Todo o libro resalta a admiración que o autor
sinte polo lobos, admiración que comparto.
No que sigue porei simplemente algúns datos
deste marabilloso libro, na seguridade de que con eles a miña
ficha sobre o lobo vai gañar moitos puntos.
Ver un pequeno
resumen dalgúns temas do libro, copiados para ampliar a miña
ficha do lobo.
(Son consciente da
copia de fotografías e dibuxos que estou a facer, que
claramente teñen dono. Si hai algún inconvinte este é o
meu email e non teñen máis que avisarme e retiro o que
queiran. De tódolos xeitos creo que non me pasei moito
na copia de documentación...)
Saír.
OS FOXOS DO LOBO
(Buracos no chan, realizados polo home como trampa para
a caza de lobos)
No debuxo de paco Boluda vese unha escenificación
do punto final dunha corrida de lobos...
No dibuxo vese un foxo de converxencia.
As batidas do lobo
aparecen documentadas na historia (no medievo, mosteiros,
igrexas, casas mobiliares e realengos teñen documentación
dabondo), como batidas, corridas ou monterías. No libro faixe
distinción entre as de recreo ou deporte e as comunais,
que eran obligatorias e moitas delas perfectamente documentadas.
O libro fai un repaso de moitas delas, incluso da figura do
monteiro maior. O feito de que algún pobo se negase a participar
era motivo de sanción.
Para entender estas batidas é simplemente
porse na pel daquela xente que tiña unha dependenza o cen
por cento do campo e o gando; o feito de que o "Xan" lles levara
unha ovella era un golpe duro...Por outra banda a igrexa, sempre
lle deu o lobo a imaxen do demo o que explica que este odio
chegue inda ata hoxe.
Nas batidas todos os pobos, traballando
conxuntamente facían que o lobo fuxira cara o foxo situado a
varios kms. o final o lobo precipitábase no recinto que se
ve no dibuxo onde era axusticiado ben coas bisarmas
ou
chuzos
e a pedradas. As veces entraban no lugar, por medio dunha porta,
os máis valentes dos pobos e loitaban con el. Tamén botaban os
cans mastíns o lobo.
Hoxe as batidas son unha cousa parecida pero
nos pasos dos sitios hai xente apostada con escopetas que
rematan co lobo de varios tiros.
A maior parte das veces os lobos neste paseo morrían de
infarto. Non me estrana...
As veces remataba o conto co lobo ou
loba apresado e recorrendo os pobos da bisbarra, coma
neste caso en Lubián, paseando, neste caso a loba.
Seica ese mismo día esta loba que estaba
viva, foi baixada do burro e malpariu seis lobeznos, sin dúbida
a consecuencia da paliza que levou.
Pasado o incidente seguiu a exhibición.
Esto está documentado e escrito.
Lubian
1949.
Moitas veces o lobo/a era xuzgada, os
castigos eran: coserlle a boca con fío e agulla de zapateiro.
Lanzalo a furia dos cans, despois de romperlle unha pata ou
outras barbaridades...
Tamén fai o libro unha referencia os pagos
como trofeos a todos os que mataban lobos. Esta práctica fíxose
ata non hai moito. Na época de Franco había Xunta para
instinción de animais dañinos, entre os que se atopaba o
lobo. O lobo estuvo a punto da extinción.
Menuda incultura...
Dibuxo dun foxo simple.
Hai varios en Ourense como o "Curro do lobo"
en Manzaneda.
Hai moitos tipos de foxos, algúns
según os autores do libro moi difíciles de localizar.
Foxos simples. Difíciles de localizar
hoxe. Están tapados e ademais con moita vexetación algúns.
Foxos de converxencia. Hai moitos
sobre todo no Xurés-Gerés.
Foxos de doble converxencia ou dobre
pozo.
Foxos en cruz.
Foxos de cabrita.
Foxo de Converxencia. Dibuxo de
Paco Baluda.
Mapa do "Foxo do lobo de Santa Cruz", no mapa está
dibuxado o foxo cun trazo en V con puntos...
"Foxo do lobo de Santa Cruz".
Arriba unha fotografía dunha das paredes e
abaixo como se ve en Google Earth dende o aire.
Foxo de Doble Converxencia. Dibuxo de
Paco Baluda.
Foxo de Cruz . Dibuxo de
Paco Baluda.
Foxo de Cabrita. Dibuxo de Paco Baluda.
Interior do Foxo de cabrita, ver as lousas,
chamadas capeas, que van facer imposible saír.
Os
foxos de cabrita que tiñan a forma
circular e que se chaman así xa que dentro puñan o reclamo , por
exemplo unha cabrita.
Estos foxos tiñan un fácil acceso para o
lobo e unha imposible saída. De feito rematan coas capeas,
losas planas que entran no interior, co cal é imposible saltar
do interior para fora. O lobo a maior parte das veces nin
tocaba a cabritiña xa que o darse conta de que non podía saír
arrimábase a parede e non facía máis que esperar a súa morte.
Abonda este tipo de construcións, pero máis
en Asturias e castela-León.
Por suposto tamén en Ourense e Portugal.
Na Serra do Xurés ainas en Lovios e Muíños.
Volver