03-09-2002

AS FRAGAS DO EUME: o río EUME    ¡EN PELIGRO!

Visita as Fragas do Eume en Agosto do 2002.  Xa en peligro de morte. Hoxe no 2009 repaso estas fotografías,  xa sei que o río Eume está tocado de morte, xa pasaron moitas cousas, xa morreron moitos reos, xa os amieiros están en cuarentena co mal do fungo... o río Eume xa é outra cousa... Ou se lle pon remedio a esta beleza ou quedamos sin ela...Xa estaba mal no 2002 agora no 2009 está moito peor...

En xuño do 2011 e unha vez que Endesa teña que recuperar o treito de río que ten de toda a vida seco, parece que hai serios problemas que poden ser a morte definitiva deste gran río galego. Ver este link de AEMS.

 

 

       As Fragas do Eume son un entorno natural marabilloso e único en Galicia. Un bosque en torno o río Eume cunha vexetación incrible. Realmente un Parque Natural, así está declarado pola Xunta de Galicia..

     Pero menuda desilusión có río. Pouca vida, levaba unha semán cheo de aceite e grasas, non ten salmóns dende fai tempo, as troitas medran pouco coas continuas subidas e baixadas do río e vese pouca vida debaixo das pedras. Por si fora pouco están abrindo sendeiros pola marxen dereita, por riba do centro de Precintaxe, máis anchos do normal. En fin, ¡peligro!.

     Por certo o do petroleo ou aceite foi tamén detectado por pescadores, como me enterei posteriormente.

       O río é sensacional e aparentemente está san. Non opinan o mesmo xente cualificada, que  non está de acordo con moitas cousas, sobre todo como actua o encoro do Eume e coa política que se está seguindo con este sensacional e único río.

Encoro do Eume, de Endesa, no cogollo das Fragas do Eume, un encoro que deixa o río para o arrastre.

       Galicia, na súa política de ríos é tercermundista, non se fai case nada, deixase facer que é peor. Cando nos demos conta os ríos estarán cheos de minicentrais e presas, enerxía limpa (que limpia o río de todo absolutamente), e pouca,  moi pouca vida. Un día sí e otro tamén con accidentes lamentables que son a morte do río (un día limpias as turbinas e veña aceite e grasas, outros pechan as comportas e queda seco, outro limpan a presa e veña arcilla e posos o río que matan todo...e un longo etc.).

     Eso é o que está pasando co río Eume, nun lugar paradisíaco, nun recuncho sensacional de Galicia.

    Parte de abaixo do encoro do Eume. Unha auténtica vergoña nun Parque Natural único en España. Pequenos charcos putrefactos que se manteñen ca auga que cae das ladeiras e pequenos regatos que hai río abaixo. O caudal ecolóxico non sirve nin para vivir as rás. Penoso...Ver a fotografía seguinte. O difusor fantasma na parte de arriba e a realidade na parte de abaixo...

      Caudal ecolóxico da Presa do Eume. Un engaño auténtico. Denantes que me olvide, algunha fotografía como estas dúas,  están sacadas por dous amigos: Victor Laya e Sergio Mosteiro Cortiñan, que baixaron a pe de presa e foron tan amables de sacalas. Dende esta folla www doulle as gracias a estos amigos.

     Escribe un e-mail  o Buzón verde da Xunta  e rexeita estos atentados os nosos ríos, non fan ningún caso, pero polo menos que se enteren de que hai galegos e non galegos que amamos de verdade os nosos ríos.

     A lei está feita para cumplila: nin caudais ecolóxicos, nin escadas para subir os peixes migradores, nin nada de nada. Ademais Parque Natural...

    Sobre a súa información como Parque natural podedes consultar a www da Xunta de Galicia, que trae información dabondo.

Este é o meu correo, esta páxina está aberta a calquera opinión.

Ver outras fotografías do Eume

Lenda do río Eume.

Esta páxina foi escrita no ano 2002, descoñezo como está actualmente no ano 2007. Por suposto manteño o texto como testimonio do que vín aquel ano e tamén por suposto como denuncia...

Posteriormente no 2009 xa estou enterado de dúas desfeitas, os vertidos que fixeron que morreran moitos reos e o mal que comenzan a ter os amieiros da zona. O Fungo inglés que está a rematar con moitos deles...Mal lles vai as Fragas do Eume, un emblema de Galicia...

Secundino lorenzo

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír a Vida nos ríos g.                           Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír a Ourense Natural                    Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír a Ourense Natural