"RUTA DA FERRERÍA  E  DA EDREIRA:

Chandrexa de Queixa. Ourense.

 

"23 Setembro de 2013"

 

  Como chegamos?: comentario

Características da Ruta.

Fotografías.

Na fotografía  unha ponte que había na Edreira. Desfeita... Hoxe non queda nada en pe do poblado que había fai anos, a capela desfeita, as cuadras tamén, o muíño tirado, as vivendas as pedras... Foi todo destruido. Os motivos desta esfeita podedelos ver neste link.

Na Edreira hai hoxe un refuxio de montaña; o parecer Medio Ambiente está pondo pegas para que exista nese lugar. Descoñezo as razóns...

O lugar é marabilloso e merece a pena.

 

salir.jpg (922 bytes)  Saír a vida nos ríos galegos                 salir.jpg (922 bytes) Saír a sendeiros                             

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Como chegamos. Comentario...

Mapa da zona dende Leboreiro ata Queixa (hoxe Sta. Cruz), seguir a flecha blanca.

Dende Ourense cóllese a estrada que vai a Trives (OU-536). O pasar Leboreiro (que está a 36 km. de Ourense)  seguimos, a dereita,  pola estrada que vai a Montederramo e Chandrexa.  (OU-602). Unha vez pasado San Fiz, ó baixar ó encoro de Chandrexa, coller a estrada que fai circunvalación ó encoro e que vai os pobos de Casteleiriña, A Quinta e  Santa Cruz (Queixa).  Antes da Ponte que cruza o río de Queixa,   hai una estrada - camiño en moi mal estado que é o comenzo da ruta; xusto onde está a Ponte de Santa Cruz que cruza o río.

Croquis da ruta sacada do libro "Ourense Natural". No dibuxo hai tres rutas. Nós falaremos da ruta (1).

Dende este lugar ata a Ferrería hai 4 kms e dende a Ferrería a Edreira 6 kms. En total ida e volta son 20 kms.

A ruta non ten perda sempre que sigades o camiño que vai a carón do río de Queixa  subindo a esquerda do río. Na Ferrería tendes que pasar un regato o Torneiros que desemboca alí mismo no río Queixa e subir por un camiño que leva ata a Edreira. O principio un pouco retirado do río pero sempre vendo o río. A partires da Poza Samión, o camiño sigue o río casi ata a Edreira. Antes de chegar hai unha pista a dereita que leva a San Mamede, nos seguiremos de frente.

A Ferrería foi en tempos o que indica o nome, lugar para traballar o ferro, hoxe non queda en pe casi nada. No lugar traballan no bon tempo xente co gando.

Na Edreira viviron non fai moito (1936-1968)  algúns fuxidos como o Mario (Mario Rguez. Losada "O Pinche", tamén chamado Mario de Langullo)   e parte da súa cuadrilla. No lugar seica hai enterrados entre 4 a 6 fuxidos, pero non se sabe onde; tamén a familia de Francisco Galán que lle deu cobixo e que se supón, están tamén enterrados nunha fosa común na Edreira. O gardar silencio de todo, neses anos,  supuso a morte de Francisco Galán e outros membros da familia así como a queima de todo o caserío... Ver este link.

Sacado do Google Earth. A Edreira é un un val pequeno situado a 1024 m. entre montañas e bañado por varios ríos que van todos o río Queixa.

No croquis que está feito a escala hai outras rutas como a do Teixedo, San Mamede e a que vai, que non está marcada,  ata Cabeza de Manzaneda. Nos temos que seguir a ruta (1).

O río recibe varios nomes: por debaixo do encoro de Chandrexa chámase río Navea, entre a Edreira e o encoro chámase río de Queixa e por riba da Edreira chámase río da Edreira.

 

salir.jpg (922 bytes) Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

--------------------------------------------------------------------------------------------------

 

Características da Ruta.

----------------------

Kms. ruta ida e volta: 20     Kms.                

Dificultade: media-baixa. Subida lixeira xa que se pasa de 920 m na Ponte de Sta Cruz a 960 m. na Ferrería, e  a 1030 m.  na Edreira. Pouca cousa para 10 kms... Sae unha pendente de 1.1%.

 

No perfil vese perfectamente o desnivel que existe entre a Ponte de Sta. Cruz e a Edeira. Tamén se ve o perfil do río completo ata a súa desembocadura no río Bibei. Un río corto,  42 kms.,  que nace novo e morre novo...Un gran río moi mal tratado por todos en particular polo encoro de Chandrexa de Queixa que o tuvo seco dende o azud ata Central de San Cristobo moitos anos, a por de protestar moita xente, eu fun un deles, hoxe o caudal ecolóxico que deixa é para vivir as ras. Menos mal que nese tramo hai  hai un par de regatos...

 

Señalización: está desfeita en todo o tramo, os letreiros que había xa non existen.

Posibilidades de perda: poucas o río sempre vai a esquerda no sentido da marcha ata a Edreira.

A situación é 42º 10,21´15¨¨ N     7º 25,46´ 54 ´´  O

Ollo na Ferrería: hai que cruzar unha ponte, para salvar o regato de  Torneiros,  e subir por un camiño en dirección contraria, pero logo hai unha curva que xira a esquerda e no altiño xa seguimos vendo o río Queixa. Tirar sempre de frente ou a esquerda nos cruces, vendo o río no fondo ou  a carón.

acado de Google Earth vese a Ferrería e por onde hai que ir. Seguir a doble flecha, para ir polo sendeiro.

 

Interés da ruta: os bosques, de momento, son únicos. O lugar, a Edreira, ten moito interés  dende moitos puntos de vista: paisaxístico, de natureza desbordante, ríos limpos e con vida, histórico, etc..

Altura da Edreira: 1020 metros. Trátase dun lugar recollido e abrigado, ata certo punto, único na montaña. Os invernos na Edreira deben ser de armas tomar...

--------------------------------

 

O río Queixa é marabilloso. Nas beiras atoparedes acebos, capudres, pradairos, cerquiños, laureis e outras especies de árbores.

Unha mágoa que o ano pasado 2012 arderá o monte e as cinzas estropearan bastante o rio.

Os capudres (serbal de los cazadores  en castelán) abundan ata a Edreira.

É unha mágoa que toda a parte dereita do río estuvera queimada (ardeu o ano pasado) . Río de Queixa o pasar a Ferrería. Observar a parte esquerda do río (dereita da fotografía)  por onde vai a ruta a Edreira cunha vexetación marabillosa e frondosa.

Ponte desfeita na Edreira. Río de Queixa.

Esta fotografía  é da Edreira, o río inda levaba auga para ser finais do mes de setembro. Na Edreira xuntanse varios ríos. Esta fotografía está sacada no río de Cabrociños. Da gusto ver un río limpo e con vida. Nesta zona o río está vedado de pesca. Ten troita pero pouca...

 

S

Sacado do Google Earth. A Edreira é un un val pequeno situado a 1024 m. entre montañas e bañado por varios ríos que van todos o río río de Queixa.

 

Nota curiosa 1:  na Edreira en 1956 había un caserío con bastantes casas, logo foi todo queimado e destruído. Ver o voo americano actualmente publicado con fotografías do ano 1956.

Voo americano 1956

50 anos despois...Voo español 200?.

 

Nota curiosa 2: O feito de que o Mario (que había nacido en Langullo ( Cesures),  fora a vivir a Edreira non é tan raro cando se fai esta excursión. Non é fácil chegar a ese pequeno val, únicamente vindo dende a Ferrería; ou baixar dende San Mamede, nada doado por certo,  ou baixar dende Cabeza de Manzaneda, misión moi dificil. Un bon escondite...Naqueles tempos na Edreira había de todo, sobre todo tendo axuda...

Esto explica tamén o campo de acción deste fuxido na zona, ver este mapa:

 

Mapa por onde se movía Mario de Langullo. No mapa está situada a Edreira

salir.jpg (922 bytes) Volver.