Camiño da Edreira (Chandrexa de Queixa-Ourense)
 
23 de Setembro  2013.

Aproveitamos un día de setembro marabilloso para facer a ruta dende a Área Recreativa do río de Queixa, preto da Ponte de Sta Cruz, pasando pola Ferrería  e chegando a Edreira despois de andar  casi 10 kms.

Pola tarde regresamos. O final 20 kms.

A verdade que mereceu a pena,  a pesares dos incendios que debastaron a  marxe dereita do río de Queixa que ardeu ata a cima da montaña; este rincón de Ourense é entrañable.

Seguro que no outono, cando os pequenos regatos levan auga, e as árbores póñense de cor ouro é máis bonito...pero ¿quen se anima, despois de chover un pouco?.

Na fotografía vese a parte esquerda,  que inda se conserva,  e por onde vai o camiño da Edreira.  Un bosque único e ben conservado hacia o río;  o outro lado pinos a maioría, está queimado en moitos lugares.



1

2

3

4