Fotografías
Grupo de fotografías non cerrado. Nelas
aparecen castiñeiros en distintas fases da súa vida.
As fotografías están sacadas en Calvos e en
Vilasouto no entorno do encoro deste nome, O Incio (Lugo). Agosto 2014,
Castiñeiro queimado seguramente por un
raio nunha tormenta. O sos é dramático...
Castiñeiro enorme e cunha caracocha
espectacular, en forma de oito. Está sacada a fotografía nun souto de Calvos (O Incio-Lugo).
Farei a misma fotografía no autono, penso que pode ser
espectacular...
Xa fixen a fotografía do
outono.
Este castiñeiro tuvo mala
sorte e quedou nas augas do encoro de Vilasouto, o castiñeiro
parece berrar por estas cousas. Claro que tamén pode ser un
peixe saudando. Gustaríame saber ó que ve o meu neto Aldán,
preguntareillo...
Os encoros hai que limpalos de
árbores antes de anegar. Logo pasa o que pasa coas
eutrofizacións e outros...
Castiñeiro a carón do río Lor. A min a
caracocha paréceme a un cabalo coa cabeza para arriba. Por suposto tamén un lobo
dando conta dun cabalo...Salcedo. O Courel.
Castiñeiro cunha peculiaridade curiosa, nel
naceo outra árbore distinta. A semilla polo aire
caeu neste castiñeiro. Seguramente un sabugueiro.
A fotografía é de Chema Fernández.
Castiñeiro queimado e botando os mans a cabeza...
Outro castiñeiro que ó colleu o
encoro.
Parece unha catedral gótica feita nun outeiro...
Incrible árbore
mezcla da loita dun castiñeiro e unha trepadora como a hedra
ou areira. De momento gaña o castiñeiro, xa que fai anos que
está parecido. Esta árbore está xustamente a carón do
campo da festa de Vilasouto, no encoro do mismo nome.
Un castiñeiro que parece lamentarse...O
meu neto Aldán, ten cinco anos, é seguro que xa ve un
dinosaurio. Eu penso que é capaz de dar o seu nome...
Outro castiñeiro que parece lamentarse e
ensina as súas garras e unha calavera curiosa...Esto seguro que para Aldán é un
mostruo...
Este castiñeiro ó que tamén lle
afectuo o encoro, parece defenderse cós cornos...
Esto é unha cabeza de
dinosaurio...
Raro, moi raro xa que do seu pé saen
tres...Tres fillos. Os tres floridos.
Está claro. Parece que nos fai a
puñeta...
Pero non...
Visto este castiñeiro dende outro ángulo,
parece levantar os brazos e rendirse ou pedir axuda por tanta falcatruada que
estamos a facer cos bosques e en xeral coa natureza...
Fotografía 2017.
Encoro de Vilasouto.
Detalle da
fotografía anterior. Estos castiñeiros que non foron
tratados no seu día, nesta zona hai moitos, co paso do
tempo semellan calquera cousa. Este é curioso semella un
animal ferido...
E non digamos
este...Fotografía de xullo de 2017.
Volver
|