Na fotografía un souto, que
é un bosque de castiñeiros, outro lugar típico galego, cada
día menos abondoso, desgraciadamente. Dise castiñeira se no lugar hai
poucos castiñeiros.
O castiñeiro é outra árbore
típica dos soutos galegos da mitade sur de Lugo e de toda a provincia
de Ourense. Non están a beira dos ríos , pero tampouco están moi
lonxe.
Hai zonas de Galicia cheas deles, como a de Trives
en (Ourense) por
onde discurre o río Navea, denantes de desembocar no Sil.
Tamén o Courel en Lugo ten
zonas cheas de castiñeiros.
É unha árbore fora de serie, forte e que se
utiliza en tonelería e cestería. Tamén para pisos e mobles.Florece entre maio e xuño, e o seu froito, a
castaña, é moi apreciada no mundo.
A castaña foi básica na alimentación dos galegos.
En Ourense temos a "festa
dos magostos" que son todos os once de novembro. Unha festa
entrañable.
Actualizado ------->11/11/2022
Nota: o castiñeiro é có carballo as dúas árbores máis
importantes de Galicia.
Nome curioso que inda se conserva en algúns lugares:
Unha cousa importante é que:
..." o froito do castiñeiro, a
castaña, foi a base alimentaria da xente e dos animais en Galicia
ata a chegada da pataca, procedente de América no século XVI.
Tanto é así que nalgunhas rexións, cando chegaron as patacas,
denomináronas castañas mariñas,
nome que aínda se conserva en algúns pobos. As castañas que antes se
consumían en cantidade, pasaron a ser un producto de calidade, co
conseguinte valor engadido xerado polas diversas formas da súa
industrialización..." Texto sacado do libro
"O Castiñeiro" de Andrés Burgos. Museo do Pobo Galego 2002.
Castiñeiro no outono. Fotografía Secundino Lorenzo.
Castiñeiro de Pumbariños no Souto de
Rozabales Manzaneda (Ourense); dicen que é o de maior perímetro de
Galicia con máis de 12 metros. Supera os 500 anos e foi declarado
Monumento natural no ano 1995
Os castiñeiros poden chegar ata os 30 metros e 12
metros de ancho. De tódolos xeitos as podas fan que non mida tanto,
xa que logo é máis dificil coller o seu froito.
Castiñeiro da igrexa de Hospital no Incio. Ten
sobre 500 anos e mide 6 metros de perímetro e 16 metros de altura. A
fotografía é do autor da www.
Dicen que o castiñeiro pode alcanzar
3.000 anos de edade.
As follas son bastante caedizas, máis ben lanceoladas.
Estreitas. Serradas. Con nervios moi marcados. Polo envés teñen
pelos moi finiños, cando é nova. O pecíolo é curto e cilíndrico. Son Inconfundibles.
Fotografía do autor da www.
Copa alta, densa, esférica ou achaparrado, pero
máis ben pola poda. O castiñeiro é alto e esbelto.
O tronco nos exemplares moi vellos é oco. Tamén moi
retorcido.
Exemplar vello.
Exemplar menos vello.
Exemplar máis novo. (Catro anos)
A cortiza cincenta-parduzca, máis ou menos
abrancada e lisa o principio.
En Galicia é moi abondoso. Hai moitos soutos, que son
lugares onde predomina o castiñeiro, lugares con moita sombra, e moi
boa, tamén con manto herbáceo que non desaparece . Danse en lugares silícicos, nunca
calcáreos. Os soutos están en lugares abrigados, templados e frescos.
Xeralmente en fondos do val e nas ladeiras con bon chan, en terreos
roubados a reboleiras (carballos). Árbores xeralmente moi vellos con
enormes troncos mil veces podados e enxertados.
Hai quen distingue entre souto e castiñeiral, así dice que un souto,
é un bosque de castiñeiros sin enxertar, outro lugar típico galego, cada
día menos abondoso, desgraciadamente. Si son castiñeiros mansos ou
inxertados chámanlle castiñeiral.
No dicionario Xerais trae a palabra
castiñeira e dice que é un lugar onde hai algúns castiñeiros sin
chegar a ser souto.
Nas provincias de Ourense e Lugo abonda moitísimo, sobre
todo pola zona da Ribeira Sacra, onde se ven soutos incríbles e marabillosos.
En Ourense hai soutos fora de serie tamén
no Barco, A Rúa, Á Gudiña, Viana, Celanova, Cartelle, etc.. En Lugo: por
Quiroga, Os Ancares, O Courel, Fonsagrada, O incio, etc.
Fálase que en Galicia hai actualmente arredor de
30.000 Ha. de soutos.
Este souto está en Rubillón,
casi a carón do río Arnoia. Marabilloso. Fotografía do autor da www.
A verdade é que abonda moito, inda que non tanto
como quixera o autor da www.
Non existe prácticamente na Coruña, no Norte de
Lugo e en Pontevedra, onde si hai moitísimo eucalipto.
Dende logo si en Galicia houbera máis castaños
ardería moito menos, pero xa se sabe...
---------------------------
Souto en Folgoso do Courel. Fotografía de Chema
Fernández
Noite e souto!
souto e chuvia!
chuvia e noite!
Trociño de poesía sacada do libro
A
flora de os Eidos de Javier Guitián, un percorrido botánico
polo Courel da man de Uxio Novoneyra.
Os soutos de castaños constituen
o habitat emblemático do Courel, cada pobo por baixo dos 1000 m. de
altitude ten os seus soutos, sin dúbida un recurso básico.
Os soutos son formacións
dominadas por castaños principalmente. Pode ter sotobosque abondoso,
como o de esta fotografía, ou menos abondoso como a primeira.
É importante o tema de
deboucar
ou desmouchar os soutos: os castiñeiros dos soutos normalmente
son moi vellos, algúns milenarios e con toros moi grosos, moitas veces
ocos. Deboucar é cortar os toros a unha altura, normalmente sobre dous
metros do chan. Así vanse podando o final o castiñeiro queda entre dous
e catro metros. Mellor para todo, para madeira e para coller as
castañas.
Os castaños comparten cos pradairos,
coa uz branca e fentos e primaveras e outras especies de plantas ata un
total de 30 a 45 especies. Nos soutos pódense ver paxaros como o
rabirrubio de testa blanca e o papamoscas gris.
No Courel merece a pena ver algúns
soutos sobre todo por Paderne, preto do río Pequeno, en Mercurín e o
souto de Praducelo en Lóuzara, entre outros.
As flores son espidas, non teñen sépalos nin pétalos.
Flores do castiñeiro. Fotografía do autor da www.
Dibuxo sacado do libro O Castiñeiro.
Caderno 11 Museo do Pobo Galego. Andrés Burgos Delgado.
As masculinas, con moitos estames, dispóñense en
amentos colgantes ó longo dun eixe. Estas flores, as masculinas, son as
que utilizan as abellas para facer logo o mel de castiñeiro.
Na sensacional fotografía de CJB vense as flores
masculinas arriba a dereita pegadas a poliña e as femeninas máis abaixo
en forma de roseta.
Nesta fotografía tamén de CJB vense as flores
masculinas do castiñeiro.
Estas flores chámanse en Galicia en moitos lugares,
por exemplo en Calvos ( Vilasouto, Bóveda, Lugo)
candeas.
As flores femininas están normalmente cada
tres dentro dunha roseta de espiñas, na base do amento masculino. No
dibuxo vese perfectamente a roseta da que falo.
A castaña é o froito do castiñeiro, que madura
entre setembro e octubro. Ven dentro dun envoltorio onde se xuntan duas ou
tres e por fora está chea de pinchos. Chámanse ourizos.
O ourizo da fotografía, do autor
da www, estaba no chan e xa había perdido algunha castaña, pero vese
perfectamente. Por certo picaba bastante...
A monda da castaña chámase
pericarpo.
A xente que entende fala de moitas
variedades de castaña, máis de cen actualmente, que dependen do tamaño,
época de madurar, sabor, etc. Concretamente fálase no libriño sobre o
castiñeiro publicado por Cadernos do Museo galego, de 143 denominacións
varietais. Casi nada.
Estas variedades van ligadas o
cultivo según sexa para madeira ou para comer. Dentro das variedades
para comer tense en conta o sabor, pelado, cor, calibre, producción anual e un longo
etc.
As variedades máis importantes,
soio por curiosidade, son: Amarelante, Rapada, Vermella,
Ventura, Famosa, Longal, Negral, Raigona, Verde, De Presa, Parede,
Luguesa, Loura e Branca.
No dibuxo que sigue tendes 16
tipos:
A Xunta de Galicia publica outra tabla tamén moi
interesante:
Non é este o lugar para explicar
estas variedades, repito quen queira profundizar que consulte o libro
citado, pero por curiosidade porei dúas desas variedades, ou sexa as súas
características.
Poño dúas variedades das mellores
según os expertos:
E a variedade de nome BRANCA:
Pequena, dourada, bonita e clara.
A mellor para comer. Algo tardía...
Técnica cultural: Este
cultivo localízase nas zonas de máis elevada pluviometría. O
solo mantense cultivado mediante laboreo ou ben asociado a
pradería. O sistema de cultivo é con enxerto na base ou a
media altura e desenrolo da copa sen intervención.
Vexo moitas desta variedade por Mercurín
en Lugo, por exemplo.
Destino do froito:
Considérase de castaña doce e mellor cá Caurelá. Cultivar
algo tardío, que produce unha castaña bonita dourada e doce. Recoméndase para comer asada.
Ten mellor reputación cá Verde; utilízase, a súa madeira, para vigas posto
que non abre.
Dicen que é a mellor castaña para comer.
A variedade LUGUESA:
Castaña grande, brillante e oscura.
Nome: Luguesa.
Sinónimos:
non ten.
Técnica cultural: Enxertado
a 1,50 ou 2,00 m. da copa ramificase rapidamente. Cultivada
unicamente en zonas húmidas con solo cuberto de herba e
soporta certo pastoreo.
Vexo moitas deste tipo por Vilar do
Caurel, Seoane do Caurel e Mercurín en Lugo.
Destino do froito:
É o cultivar de castaña máis oscura e unha das que se paga
mellor no mercado. Non é interesante para madeira xa que on
produce vigas rectas. É unha variedade interesante en fresco
ou para a fabricación de marmeladas e fariñas.
Castañas para asar-Castañas asadas- castañas peladas (bullós).
Por último a castaña tamén é un producto de moitísima calidade na provincia de
Ourense. Por certo Ourense celebra a festa do magosto que non é máis
cunha exaltación deste froito. As castañas cómense asadas nunha
fogueira. Celébrase o día 11 de novembro e chámase o San Martiño.
Ese día tamén se proba o viño novo (por certo eu sempre probo o viño
novo e as castañas na casa do Celsiño e a Pepita, uns bons amigos de
Barbantes...).
"Viño do Celsiño e pan do
Carballiño fan do vello un meniño ..."
A castaña, para facer o magosto hai que
amosegala, unha palabra marabillosa, como moitas
galegas; para amosegala basta con facer un corte pequeno cun coitelo;
desta forta a castaña non estoupará cando se bote as brasas para,
repito, facer o magosto.
Castañas amosegadas e listas
para asar. O corte faixe pola zona gorda da castaña,
queda mellor, pero vale por calquera lugar.
Convén escoller ben as castañas para o magosto,
as veces, sobre todo cando o ano foi de choivas hai moita castaña
bolerca ou
baleira, que dentro está vacía. Tamén poden estar
picadas e logo medias podres. Hai que collelas sans.
As
castañas, según Galeno,"danlle ó corpo máis
nutrimento que ningunha
outra froita salvaxe; pero
enxendran ventosidades,
hinchan e fan andar
estreñido, provocan o
apetito venéreo e, comendo
en cantidade, dan dor de
cabeza.". Na
Antiga Grecia coñecíanse
coma landras de Xúpiter, así
Dioscórides dinos que
"as landras de Xúpiter
causan os mesmos efectos que
calquera outra landra; o seu
miolo é útil ós que beberon
o veleno chamado ephemero".
Plinio, ás mellores
chamáballes balanni, e as que
comían os porcos e as clases
humildes do pobo
populi. Convertíronse
nunha especie de sucedáneo
do pan que as mulleres
comían durante os ritos de
Cibeles ou de
Ceres, actos rituais
nos que non se lles permitía
consumir ningún cereal.
Séculos despois, no 1550
,non quedou en Italia
castaña, faba ou landra coa
que non se fixera pan, xa
que ese ano non houbo
colleita doutros cereais. Os
galegos alimentámonos con
pan de castañas, o
pan dos pobres, ata que
se fixo cotián en Galicia o
consumo da pataca e do millo
logo dos séculos XVI e XVII,
pero a castaña seguíu a ser
parte esencial da nosa dieta
ata mediados do s. XX.
Fotografía de Carlos G.
Herbella.
Na
súa composición atopamos:
hidratos de carbono, zucres,
amidón, potasio, fósforo,
vitaminas e outros minerais.
Aportan ó organismo, segundo
a terra onde medren e a
preparación culinaria, de 196 a 345 calorías por
cada 100 gr. Pertence á familia das noces
pero só é rica en almidón,
non en graxas. Veñen pesando
dende 15 gr, as bravas, ata
os 40 gr das marrons, sendo máis
normal atopalas sobre os 25
gr de media.
Frescas
non son moi dixestivas, hai
que comelas ben maduras e
mastigalas moito. Cocidas
son boas para unha dieta
branda hipercalórica, pero
desaconséllanse para
diabéticos e para quen sufra
dunha úlcera.
As máis
apreciadas, por calidade e
tamaño, proceden dos montes
galegos de Lugo e Ourense,
seguíndolle en calidade e
producción as de Asturias e
León.
Concretamente en Lugo as do
Courel e en Ourense a zona
de Trives, Vilariño de Conso
e Viana dan as mellores
castañas.
As tendencias actuais, en canto ás preparacións culinarias en Galicia, redúcense ó seu consumo asadas, cocidas ou en puré, en marron glace, ou frescas, quizais por non ter unha cultura gastronómica da castaña. É de salienta-lo consumo de fariña de castaña en preelaboracións para alimentación infantil no norte de Europa e para pastelería especializada en Francia. Galicia, potencia productora e exportadora do froito do castiñeiro,estase a perder unha fonte de inspiración gastronómica por non xeraliza- lo uso da castaña, e da fariña desta, en repostería, panadería e na cociña tradicional. Un equipo de investigadores da Universidade de Vigo, obtiveron augardente da castaña polo sistema de fermentación en estado sólido engadindo dúas enzimas para obter cetanol, xa que por mor do amidón que contén este froito facíase imposible elaboralo polo método tradicional. Unha empresa ourensá está interesada nesta destilación e proxecta exporta-la súa producción cara ó mercado xaponés, o primeiro consumidor do mundo desta bebida, que alí fan a partir de arroz levedado e castañas.
Son simplemente construcións que se levantan nos
soutos para secar as castañas.
Hai que partir da base da importancia que tiña a
castaña en Galicia, sobre todo antes de chegar a pataca.
Os sequeiros tiñan un piso intermedio feito
de paus de castiñeiro onde se puñan as castañas, era a caniceira;
por baixo no remoleiro facíase una fogueira pequena para secar as
castañas.
A castaña recóllese en novembro no tempo da varexa,
chámase deste xeito por que se utiliza unha vara para quitalas da
árbore.
As castañas no sequeiro, onde se lle pon día e
noite lume tardan uns 20 a 25 días en secar. Logo de secas métense nun
saco e pasanse por o pisón que separa a casca. Logo pásanse polo bandoxo para terminar de separar a casca e limpalas. Logo sepáranse
as boas para a venta e as outras para comer na casa ou os animais.
Así hai castañas durante todo o ano.
Sequeiro no Courel, subindo
a Devesa da Rogueira. No primeiro tramo hai varios soutos e neles,
lóxicamente estes sequeiros.
Na misma zona hai un
letreiro indicativo, posto pola Xunta, que explica o seu uso.
O tronco nos exemplares novos, este
ten catro anos, é liso cor verdoso tirando a gris, tamén é dereito e moi
groso en pouco tempo; ou sexa crece rápidamente os primeiros anos, pero
logo crece a modiño.
En exemplares vellos é oco. O tronco é
curto pero moi groso.
O tronco pode ter na base ata 12
metros de contorno, son incríbles.
Densidade
Leve.
Utilización:
Madeiras de grandes dimensóns: Estructuras e carpinterias exteriores (portas). Revestimentos de pisos e parquet. Mobiliário (elementos estructurais macizos). Torneados. Construcion naval. Madeiras de pequenas e meias dimensións: Cestería. Mangos de ferramentas. Laminados - colados - moldeados
O castaño era moi importante económicamente, a
súa madeira é moi estimada en ebanistería e carpintería. Casi todo o
interior das casas era de madeira de castaño, dende as vigas ata as
fiestras e mobles.
As varas utilízanse tamén en cestería e
tonelería. Como leña é un mal combustible.
O seu froito a castaña foi fai uns anos fonte
principal de alimentación; prácticamente era a base da alimentación (crúas,
secas, asadas, cocidas, de tódolos xeitos),
ata que chegou a patata e o maiz.
O seu valor nutritivo está fora de
toda dúbida. Ver esta tabla.
Utilízase tamén como medicinal, as follas e a
corteza ten propiedades astrinxentes. Válido para a disentería,
diarreas, e en infusión para a gorxa e a tose.
O mel de castiñeiro, que procede da
flor masculina, as forraxes (coas
castañas peores cebánbanse os porcos antiguamente) e os usos das follas
secas, que facían unha boa cama para os animais, son outras formas que se tiñan de uso de este gran árbore.
Tamén se utilizaba para facer
carbón, carbón de castiñeiro, inda que hai que decir que o castiñeiro
non dá brasa.
Resumindo a súa
utilidade: en alimentación, para madeira, para cestería, utilidade
melífera, como combustible, como forraxeira, como abono, entre outras...
O castiñeiro non é unha árbore autóctona de
Galicia, pero como amosan os fósiles, ten unha antigüedade moi grande,
dende logo é anterior a época da chegada dos romanos. O lector debe
saber que o pé dos castros de moitos lugares de Galicia xa había castiñeiros.
De tódolos xeitos hai teorías para
tódolos gustos: dende a anterior ata que situa o castiñeiro como
introducido polos romanos. As máis consideran que os romanos únicamente
trouxeron variedades distintas, nada máis.
O que si é seguro é que o
castiñeiro leva polo tanto milleiros de anos xunto os galegos.
Hai moita documentación do século X
e XI como por exemplo a seguinte, na que se proba o que xa sabemos, que
o castiñeiro era a árbore máis importante de Galicia:
"Existen documentos que relatan las
colonizaciones hechas en los siglos X y XI por los frailes
benedictinos de Celanova en las tierras de A Limia, Verín y Ramirás,
en las que introducen al mismo tiempo con el cultivo del vino la
plantación de nuevos soutos o castañares. Los documentos más
significativos son sin duda los contratos forales, en los que los
señores monásticos conceden una tierra a un forero con la expresa
obligación de «hacer, chantar o poblar un souto». En otras ocasiones
los señores incluso exigen que se «planten o hagan castañas» en tal
o cual sitio, es decir, utilizan el nombre del fruto y no del árbol,
lo que no deja de ser indicativo de dónde radicaba el mayor interés
por el cultivo de esta especie."
Texto sacado de:
MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y
ALIMENTACIÓN (BOE 56 de 7/3/2006)
Resolución de 7 de febrero de 2006, de la
Dirección General de Industria Agroalimentaria y Alimentación,
por la que se da publicidad a la solicitud de registro de la
indicación geográfica protegida «Castaña de Galicia».
Unha cousa importante é que:
..." o froito do castiñeiro, a
castaña, foi a base alimentaria da xente e dos animais en Galicia
ata a chegada da pataca, procedente de América no século XVI.
Tanto é así que nalgunhas rexións, cando chegaron as patacas,
denomináronas castañas mariñas,
nome que aínda se conserva en algúns pobos. As castañas que antes se
consumían en cantidade, pasaron a ser un producto de calidade, co
conseguinte valor engadido xerado polas diversas formas da súa
industrialización, tales como o marrón glacé, puré, paté, castañas
en caldo de azucre, etc...." Texto sacado do
libro "O Castiñeiro" de Andrés Burgos. Museo do Pobo Galego 2002.
Sin dudalo é a árbore de máis vitalidade. Hai
castiñeiros centenarios, con caracocha ouca, superando os dous metros
de diámetro no tronco.
O castiñeiro foi básico na alimentación galega.
Foi tamén básico para os carpinteiros; o castiñeiro valía para todo.
O Souto en Galicia é algo máis cun conxunto de
castiñeiros. Nos soutos hai moi bos cogumelos, por norma xeral, como
boletos, rúsulas, cantarelas, etc.
Dice Elías Dominguez nun libro moi agarimoso
"Camba, un pobo, unha xente unha historia" :" A
castiñeira é sazón e tempo das castañas, cando se recolle a anada.
Soutar é a acción de andar polo souto collendo castañas.
É o derradeiro fruto do ano en
recollerse.
"Cada casa ten seu souto".
Logo ven o curar as castañas. O
canizo, que é o sistema de secalas, a limpa das castañas secas, e
moitas máis cousas que Elías explica perfectamente no seu libro.
Un libro : agarimoso, un bon libro
sobre un pobo sensacional da provincia de Ourense.
Claro que según onde sexan as cousas
poden chamarse doutro xeito, por exemplo no Courel o lugar onde se secan
as castañas chámase sequeiro.
Este por exemplo é un sequeiro ou canizo, xusto
no Caurel.
Tamén hai ouriceiras, que son lugares onde se xuntan
os ourizos para que abran sin problemas.
O traballo no souto, como a poda, enxertos, arados,
recolleita, varexa, pisa, abandoxar, etc.; os distintos utensilios
para facela como cestos, paxelos ou forquitas son temas interesantísimos
que trata o libro mencionado.
En Ourense hai dúas empresas ( coas que non teño
nada que ver, salvo que eu son ourensán e gústame que se fale de
Ourense) que fan uns preparados incríbles coas castanas. Trátase da
empresa Cuevas e da empresa de José Posada.
Este é un dos productos, un dulce delicioso de
castaña de Ourense que chaman "marrón glacé". Unha auténtica
larpeirada...
Castiñeiros de Pumbariños no souto de
Rozabales en Manzaneda (Ourense).
O castiñeiro de Rozabales en
Manzaneda (Ourense) é un dos grandes árbores fermosos na nosa Galicia
e que demostra ben as claras o trinomio fundamental que aporta esta
árbore: alimento, madeira e paisaxe.
Outra vista do mismo castiñeiro.
Este castiñeiro ten 14 metros de perímetro e dicen
que a súa edade pasa dos quinientos anos. Dicen os entendidos que é o de
maior perímetro de Galicia. (Por certo medido a 1,30 m. do chan, á
altura do peito, como debe ser). Podedes ver un video sobre este
castiñeiro e outras árbores senlleiras neste link
"Corpos Arbóreos" de Andrés
Victorero.
Nesta vista sacada do video citado vese este
castiñeiro.
En Galicia hai soutos mansos e soutos
bravos. Os primeiros inxertados e demoucados renden o seu fruto que é a
castaña, da que hai moitas castes. Os bravos, con pes sin inxertar son
tamén abondosos, medran ceibes para render o séu servizo en madeira de
primeira calidade. Esta madeira tamén se chama "caoba galega".
Nota: a fotografía e parte de texto está sacada
dun calendario editado por Cementos Cosmos no ano 2004. Autor da
primeira fotografía
Enrique Touriño. O texto é de Francisco de Ana Magán.
Hai moitos máis castiñeiros a
disfrutar en Galicia, estos son algúns:
Castiñeiro do Val da Fonte en Paderne (O Courel)
o pobo da miña dona Pilar, prometo unha visita, dentro
do castiñeiro caben polo menos 52 chavais según se
mostra nunha recente fotografía do 15 de xuño na Voz de
Galicia; a edade estimada do Castiñeiro é de cincocentos
anos; casi nada... Os rapaces eran do IES Leliadoura de
Ribeira.
A foto é de Carlos Cortés. Sacada
da Voz de Galicia 25/06/2015
O de
Chaguazoso (Mezquita), tamén ten a súa fama, seica o
plantaron os romanos. O do Souto da Ramigoa en Nogueira
de Ramuín, o da Regadiña en Trives e o castiñeiro de
Capela, entre outros...
Castiñeiro de Chaguazoso (A Mezquita). Seica ten
catrocentos anos.
A nivel do mundo é moi famoso o Castiñeiro dos cen
cabalos, que o parecer baixo este castiñeiro poderon
meterse nunha tormenta cen cabaleiras e cen cabalos e
pasar a noite sin problemas. Costa creelo pero é
unha lenda moi extendida.
Está en Sicilia. A simple vista
parecen varios castiñeiros...
O castiñeiro é unha árbore o que non lle faltan festas,
adiviñas, cantigas, receitas e un longo etc.
O que sigue non é máis que unha mínima parte de todo o
que existe na nosa literatura e no noso saber popular sobre unha árbore
que repito é a máis importante de Galicia.
Festas:
Simplemente citar como festa a dos magostos de Ourense o
día 11 de novembro. Festa local.
Tamén a "Festa da castaña" que se ven facendo en Folgoso
e Seoane, un sábado ou domingo de novembro. Esta festa é máis recente.
Adiviñas:
"Alto me vin
baixo me vexo
e alá enriba
quédame o pelexo"
Refráns:
Entre os centos de refráns e ditos populares que
demostran a importancia desta árbore escollo soamente dous.
A castaña no agosto quere arder e no setembro beber.
Fíxate nas castañas asadas que si estoupan sairanche
caras.
Cantigas:
Namoreime da castaña
namoreime do ourizo,
namoreime de ti, nena,
porque tes o pelo rizo.
A castaña no
ourizo
eu ben sei o
que ela fai
cando está
verde, madura,
cando está
madura, cae.
Cancioneiro de Cotobade
1985. A. Fraguas
Receitas con castañas:
Para rematar recordar algúns dos platos que se poden
preparar con boas castañas como: castañas asadas, castañas con
leite, puré de castañas, compota de castañas, marmelada, caldo de
castañas, castañas con chourizos, grelos con castañas e chourizos,
costelas de porco con castañas, polo en salsa de castañas, xabaril con
castañas, perdices a crema de castañas, coello con castañas, doce de
castañas con chocolate, torta de castañas, pastel de castañas, rosca de
castañas, mousse de castañas, crema de castañas, etc.
Nota: todas estas receitas aparecen desglosadas no
libro de Andrés Burgo Delgado sobre "O Castiñeiro".
VOCABULARIO USADO NO COUREL.
Abarqueira
: a
castaña baleira.
Bravas
: hai anos que se dan e outros que non saen.
Picois
: as que se desprecian cando se escollen ou que parten ó
debullalas para quitárlle-las tonas durante o bandoxo.
Presa
: froito dun castiñeiro bo para madeira e que rende
moita cantidade de castañas.
Dise que estas castañas non son as máis sabrosas.
Raigonas
: son as segundas en caer da árbore; as mellores para
comer e as que mellor pelan.
Velliñas
: é moi oscura e debúllase mal.
Vérdeas
: as máis sabrosas e as que máis abundan, xunto coas
presas.
Un pdf que se pode baixar e que desenrola
en 287 páxinas un estudio exhaustivo sobre esta árbore, con
fotografías e datos gráficos. O traballo ocupa sobre 8 Mb e son
autores Ernesto Viétez, Mª Luisa Viétez e Francisco Viétez.
PPS moi traballado e
precioso en fotografías e con moi boa información, merece a pena velo.
Está feito por Adela Leiro e Mon Daporta e esta sacado da
sensacional páxina web de Adela que ten este
link
Castiñeiro na Labrada (Lugo). Fotografía do autor da www.2005
Castiñeiro en Soutipedre (Ourense). Fotografía do autor
da www.2005
É famoso o castiñeiro de Hospital no Incio.
De feito mide 16 metros de altura, ten máis de 6 metros de ancho
e entre 250 e 500 anos.
Imaxen da Igrexa de Hospital co castiñeiro no inverno.
Fotografía do castiñeiro en abril de 2005. Foto do autor
da www.
Impresionante castiñeiro en Corzos (A
Veiga-Ourense) comparai o tronco neste caso coa miña fotografía.
Fixen un cálculo e sete homes non dan rodeado o tronco. Dicen no
lugar que pasa dos douscentos anos.
Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi.
Carlos Silvar. Algunhas fotografía están sacadas da Guía para coñecer os árbores
de Barcelona Multimedia.
Tamén me foi moi útil O Castiñeiro.
Cadernos Museo do Pobo Galego 11; de Andrés Burgos Delgado.
2002.
Tamén consultei o libro Árbores de Galiza de Adela Leiro Lois e varios,
publicado recentemente pola
editorial A Nosa Terra. 2006.
Dicir que está impreso, coa colaboración da
Xunta de Galicia a Ribeira Sacra e Cuevas entre outros,
o libro dedicado a castaña e que ten unha portada que foi premiada a
nivel internacional:
A colleita 2012 remata cunha produción en
aumento e cunha calidade fora de serie, como non se recorda
dende fai dez anos.
Galicia seica ten máis da metade de produción e
de superficie de castiñeiro de España. Ademáis o 80% da
comercialización española deste froito pasa por operadores galegos, según datos que manexa a IXP (Indicación xeográfica
protexida) da Castaña de Galicia.
Esta foi a segunda campaña certificada pola IXP,
a única de Espña para a castaña. O seu consello regulador pechou
a 2011 con máis de 800 has. amparadas, 110 productores, 8
comercializadores e 4 industrias de procesado.
Xa se están a plancar castiñeiros, por bases
científicas en moitos lugares do Barco e Trives por exemplo.
A castaña é rentable para zonas do interior é
pode ser unha interesante alternativa de futuro, tendo sobre
todo en conta a calidade do producto e a gran demanda existente.
Hoxe expórtase a Francia, Suíza, Alemaña,
Italia, Gran Bretaña e Xapón entre outros países.
Estúvose vendendo entre 1,60 e 1,90 o kg. que
non está mal.
A castaña úsase en fresco, asada e cocida e
tamén serve de base para a repostería, para os xeados... e si
nos metemos no grupo dos celíacos hai que decir que que a fariña
de castaña é das poucas que hai que, sin facerlle nada, non ten
gluten.
Datos recollidos de O Sil mes de decembro
de 2012.
Un percorrido botánico polo Courel da
man de Uxío Novoneyra.
A Flora de Os Eidos, Un percorrido
botánico polo Courel da man de Uxío Novoneyra, é un libro de
Javier Guitián que fai un percorrido botánico polo Courel da man
de Uxio Novoneyra, un libro sensacional publicado por
Ensenada de Ézaro Ediciones en 2014.
No libro fálase por exemplo do
castiñeiro poñendo os seguintes
versos de Uxío
Novoneyra.
Fotografías sacadas de internet, descoñezo o autor.
Unha mala, moi mala noticia que leo o
sábado 28/06/2014; o parecer a plaga da avispa china Dryocosmos
kuriphilus chega a Galicia, xa se atoparon bugallas desta
plaga en castiñeiros que hai no campus de Lugo.
Esta plaga xa fixo estragos en Italia
onde seica a producción de castaña baixou un 80%. O que fai a
avispa é poñer os ovos nas xemas do castiñeiro, sobre 200 ovos
cada unha. Logo nace a bugalla que o que fai e extraer forza o
castiñeiro para logo producir castañas e leña, o castiñeiro
perde folla e disminue a fotosíntesis; o resultado final é que
non da castañas.
Seica a única forma de combatir a
avispa é cun insecto que mata esta especie. Un depredador desta
avespa asiática, o Torimus sinensis.
En Galicia os primeiros casos datan de xuño de 2014.
Confirmado en 2017 os castiñeiros do sur
de Lugo, polo menos en Calvos (Vilasouto-O Incio) teñen, moitos
deles esta plaga. Nas follas aparecen estas boliñas que están cheas
de ovos que logo comen a folla. Mal asunto. De momento aquí non se
pode facer nada, salvo a loita biolóxica que parece se fará en
grandes extensións?.
Para combatir a avispilla, a única vía eficaz
na actualidade é a loita biolóxica. Consiste en combatir ó insecto
coa solta dun parásito da plaga, outra avispa chamada Torymus
sinensis, que come os seus ovos e mantén controlada a
avispilla na súa rápida proliferación.
Seica o 80% dos castiñeiros están tocados
en Galicia.
Ver este link.
Fotografía marabillosa dun souto en Folgoso do Courel
(Lugo-Galicia). A
fotografía é de Chema Fernández, un fotográfo profesional de Monforte de Lemos,
que por certo ten fotografías incribles sobre a natureza. A fotografía, por suposto, está publicada con autorización do autor.
As castañas sabedes que se recollen nos soutos. Fot. Secundino Lorenzo.
Os magostos son a festa típica de Ourense,
polo San Martiño, o once de novembro, festa local, ásanse as castañas e
moitas veces tamén os chourizos. A palabra magosto tamén se utiliza en
Galicia para indicar a fogueira para asar as castañas.
En Ourense e outros lugares ese día vaixe cós amigos ao
monte, escóllense lugares adecuados, e fanse as fogueiras e a festa de asar as castañas.
Poño a continuación unha canción típica dese día en
Ourense:
Canción " A Rosiña" para cantar no
magosto...
Tamén poño a música por un grupo entrañable que foron os
"Charanga do Cuco de Velle" interpretando a letra anterior.
Que disfrutes dese día:
Bon día de San Martiño
con saúde, castañas e viño
Soutos en Calvos (Vilasouto-O Incio-Lugo). Fot. Secundino
Lorenzo.
Por certo esquecínme de preguntar quen quitaba as castañas do
lume e quen apagaba o lume despois de asar as castañas, e neste momento o
famoso Carrabouxo publica ao día seguinte do gran magosto do 11/11/2022 a
seguinte historieta do diario La Región, unha historieta que non ten
desperdicio: