Un conto máis de burros.

Fábula do burro e o pozo

 
Tomado dos blogs de Rafa Montoya, con pequenos cambios e traducido o galego:

 
 
Un día, o burro dun labrador caíu nun pozo.
O animal chorou moitísimo durante varias horas, mentras o seu dono tratada de sacalo do pozo.

Non había maneira...

Finalmente o labrador pensou que o animal xa estaba vello, xa valía pouco; ademais o pozo estaba seco todo o ano, e tampoco lle servía de nada, polo que pensou podía tapar dalgunha forma o pozo.

 A conclusión que sacou é que non merecía a pena saca-lo burro do pozo...

¡Tapo o pozo,  que xa non sirve e o mesmo tempo desfágome do burro!.

Dito e feito, chamou a outros veciños para que o viñeiran axudar a cubrir de terra o pozo. Todos colleron palas e comenzaron a tirar terra dentro do pozo. O burro deuxe conta do que estaba pasando e chorou con moito desconsolo.

Non era para menos, ¡menudo dono!...

¡Despois de traballar toda a vida como un burro mira como me paga!, decía o burro.

O burro, para sorpresa de toda a xente, víuse perdido no pozo, e cavilou que o mellor era tranquilizarse e pensar como podería resolver a situación.

O labrador e os veciños, despois de moitas paladas,  decidiron mirar o fondo do pozo para ver como iba o chollo...

¡Menuda sorpresa!...

Levaron unha tremenda sorpresa,  o burro con cada palada de terra sacudía a terra do seu corpo, logo pisaba nela para asentala e machacala e seguidamente  facía un chanzo que lle permitía subir un pouco máis polo pozo arriba.



Pronto todos quedaron sorprendidos có burro o ver que chegou a cima, a boca do pozo, pasou por riba do borde e saliu a trote.
Deste conto está claro que se sacan varias conclusións:

A vida vai a tirarnos terra a todos, quen non ten problemas?...
O truco para saír desa situación é sacudila e dar un paso adiante.
Cada un dos nosos problemas debe convertirse nun chanzo para camiñar hacia adiante.

Lembra unhas regras para ser feliz:
 
Son consellos do burro, que está demostrado anteriormente que non é tan "burro":
 

1.-Libera o corazón do odio. O odio e moi malo para tí e peor para os demais. É moito mellor o amor...
2.-Libera a mente de preocupacións, tranquilízate e ponlle solucións...
3.-Vive de forma sinxela, nunca fora das túas posibilidades...
4.-Da máis os demais...Serás máis feliz.
5.-Espera menos a cambio do que fagas, vivirás mellor.
6.-Ten sempre a esperanza de que as cousas poden ter solución.



Disfruta da vida... ¡sacúdete a terra!

 
¡Grazas burro!
 
 
 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.