Contos de burros.

Foto de Alberto López. Ano 2006. Festas de Escairón.

Unha carreira de burros.

Texto de Nerea López Vázquez.

Ten 14 anos e vive en Santiago.

Publicado no diario a Voz de Galicia o día 27/08/2006 no apartado de Relatos de Verán.

LÉMBROME COMO como se foxe hoxe, e iso que estou falando daqueles anos en que o Caudillo estaba chegando a meta, xa choveu dende aquela e moitas cousas cambiaron (...)

Pero imos o miolo. A competición que vos vou contar tivo lugar onde dá a volta o aire, nunha aldea dá cal non me lembro o nome, pero gustaríame dicir, ben...

Pois en dito lugar anunciábase cunha semana de antelación un evento que ía dar moito que falar e, nun cartel de saco de penso e cravado cunha espita na porta da igrexa podíase ler "UNHA CARREIRA DE BURROS, domingo 1 de xullo as 12 da mañá na Carballeira de Vilar...Non faltedes a cita!. Competirán os mellores xinetes da comarca. TROFEO: UN CARNEIRO, -entrada gratuita-.

Foi unha semana moi movida, máis que nada no lavadoiro da parroquia.

Domingo 1 de xullo, levanteime entre lusco e fusco e fun para a pista de competición. E pouco a pouco na Carballeira non collía unha mosca.  E de súpeto fan acto de presenza os competidores que non eran outros que: A burra "María Manuela" que, cos seus 40 anos ó lombo e montada polo sr. Cura era a favorita, e por outra banda...A burra "Hermosinda" que, a pesares de estar chosca dun ollo e montada polo boticario non tiña nada que lle envexar á súa rival (...).

Na grella de saída...Mª Manuela con tracción ás 4 patas, ABS, dirección asistida, era a que máis saída tiña...E Hermosinda con inxección directa, GPS, e aire acondicionado tiña vantaxe na velocidade punta.

E nisto, un tiro ó aire dá a saída. Mª Manuela mira para Hermosinda, esta para Mª Manuela, o crego mira o boticario, o boticario era birollo e miraba para todos. ¡Saen dando roda! botella vai botella ven, pedra para aquí, estacazo para alá e nisto...

Entre os ladridos do can e os berros de miña nai que me chamaba para ir coas vacas, espertei e foise o soño ó carallo...só Deus sabe quen gañaría.

 

Nota importante:

O texto está copiado o pe da letra do diario A Voz de Galicia e publicado na www sobre "A vida nos ríos galegos" no apartado do Burro Fariñeiro. Si a autora considera que non debe ser así, que as cousas se fan doutro xeito non ten máis que enviarme un correo e decirmo.

Penso que o texto é marabilloso e pola miña banda é para min un honor facelo máis coñecido na miña www, precisamente na ficha dedicada o noso Burro Fariñeiro.

Gracias anticipadas a nena Nerea López e ENHORABOA.

Este é o meu correo.

salir.jpg (922 bytes) Saír.